Archive for marzo, 2010

As barbaridades de Feijóo

Sen dúbida que Feijóo estase a convertir nunha das máximas atraccións do PP en Galicia, e case xa empezan a exportar o produto fóra das fronteiras do noso país.

Neste ano de goberno, o presidente da Xunta regalounos xa varios momentos estelares, dignos dun humorista cutre co que Gayoso, o do Lúar podería contar sen ningún problema. Non hai tema que o bo de Feijóo non tocara, é capaz de facer monólogos sobre a igrexa, a igualdade, o machismo e incluso insinuarse a xóvenes actrices. É un “crack” da interpretación, a verdade é que se no PP tiveran que facer un concurso, sería difícil atopar gañador no xénero do humor; no do drama gañaría sen problema Mayor Oreja.

Pois entre Aznar, cos seus cortes de mangas en directo ao público, e esas poses chulescas; Rajoy que é capaz de darnos tan bos momentos como o exemplarizar a Matas, como de deixalo tirado, ou contarnos eses chistes tan bos con acento de “pshhhh”; a xenial Esperanza, que tanto torea un hospital, como inaugura un toro; Nacho Uriarte, que conta uns chistes de borrachos xeniais; ou, Albertito Feijóo, que é capaz de plantarse no Vaticano diante do Papa coa querida. Menudo elenco para un programa de chistes.

Pero agora o noso presidente, como cando fai “bolos” polas ceas lánzase a decir barbaridades, e non se mide, e é capaz de insinuarse a unha rapaza de “vintepoucos”, invitándoa a tomar copas, e presumir diante de centos de mozos, ao que lle di que vai a ir de festa ata as seis da mañá, e que ao día seguinte non ten pensado traballar; como é capaz de facer eses chistes malos, despois arrepíntese a actúa como censor eliminando vídeos que están colgados na rede coas súas actuacións.

Menos mal que o Galicia Confidencial, que ademais foi o primeiro en sacar a nova (grazas) gardou unha copia, e podemos seguir avergoñándonos do humor negro e machista de Feijóo, dos seus chistes de vello verde, que semella que con dúas copiñas de viño se esquece de quen é e empeza a decirlle babosadas as rapazas mozas.

Menudo presidente nos tocou en gracia, somos afortunados. Ao final ata vai a facer bo a Fraga.

AM

Enlaces á nova:

Galicia Confidencial (2)
Público
Xornal

marzo 25, 2010 at 7:59 pm 2 comentarios

Oreja, Rajoy e Feijóo. Quen moito fala …

Cada vez estou máis convencido de que internet é un dos grandes males para os políticos. Bueno, quizais non para todos, pero si para aqueles que falan de máis sin saber o que din, ou que falan por falar.

Vou a citar tres exemplos, e como vos imaxinaredes van a ser do PP.

– O primeiro vai a ser o “sosainas” de Mayor Oreja, que ten a desfachatez de acusar alegremente ao presidente do goberno do seu país de estar negociando con terroristas, porque comparte o mesmo obxectivo ca eles. Pero, o “jodido” e que di eso e quédase tan “pancho”, non pasa nada. Que lle pode facer a un individuo que diga algo tan grave como eso: N A D A.

Pero o bo, e que as hemerotecas están aí, e a través de San Google (deus o teña na gloria) podemos atopar cousas como a foto da portada, na que Mayor dixo nunha entrevista no Diario de Sevilla alá polo ano 2000: “Estaría dispuesto a sentarme con ETA”. Imaxino que non sería para convecelos de que foran máis á misa, non?

– Outro dos exemplos é o Mariano el grande, que dixo nunca ocasión en Mallorca, durante un acto: “Vamos a intentar hacer en España lo que Jaume (Matas) y todos vosotros hicisteis en Baleares”. Ou tras clausurar o congreso popular das illas no ano 2004 dixo de Matas: “Un presidente serio” y un gobierno “mucho mejor que el Gobierno de España”.

Non cabe dúbida de que Rajoy luciuse no seu apoio a Matas, e aí están as hemerotecas para confirmalo, a pesares que agora renegue do ex presidente balear e ex ministro con Aznar.

– E por último non quero deixar pasar o exemplo do noso presidente, do noso Alberto, que grazas á tecnoloxía dos móviles, e ao YouTube pudemos velo tal e como é: machista, chulo e prepotente. Ademais de contemplar como se comporta o “típico chulo de discoteca” cando intenta ligar cunha compañeira de partido, e fai gracietas botándolle os “tejos” en público. Ver para creer!!

Non sei que pensará desto a Conferencia Episcopal, o Papa, don Manuel, etc.

Por eso, só podo dicir: Grazas a internet e á hemerotecas, por ensinarnos a cada un como é.

AM

marzo 24, 2010 at 3:19 pm 2 comentarios

Preparádevos

Que pasará? Este vídeo do PSdeG deixanos coa dúbida de saber que sucederá nos próximos días.

Hoxe empezou a rular este vídeo por Twitter e por Facebook anunciando algo, e non sabemos o que é. Como dicía aquela canción: “Que será, … será?”

Esperaremos entón a que nos sorprendan. Por certo, que pensades que será?

AM

marzo 23, 2010 at 2:58 pm 7 comentarios

SPM 07

Portada do SPM07

Portada do Boletín SPM07

Un novo boletín da Secretaría de Política Municipal sae á luz, e xa van sete!! Neste número contamos cunha nova sección que decidimos chamar “Na Oposición”, e nela intentaremos darvos a coñecer aos concelleiros e concelleiras que se atopan na oposición. Aos homes e mulleres que diariamente traballan por defender os intereses dos seus veciños e veciñas.

Nos últimos tempos vemos como os políticos saen perxudicados en todas as enquisas, e como a sociedade teñen certo de reparo cara eles; pero unha cousa son os políticos profesionais, e outra son os políticos por vocación. Non podemos comparar a Teresa García e Andrés Rey, concelleiros na Pobra do Caramiñal, e protagonistas deste novo espazo, con outros políticos que se adican en exclusividade. Estes viven pegados á rúa, e teñen que escoitar diariamente aos seus veciños e veciñas, coñecen a realidade.

Espero que sexa do voso agrado este novo boletín, e se non o é esperamos tamén as vosas aportacións para melloralo.

marzo 16, 2010 at 7:02 pm 1 comentario

E Puy chateando … !!

Chamádeme raro, pero eu hai certas cousas que non entendo e moito menos comparto. O Parlamento de Galicia celebra dous plenos ordinarios ao mes en sesións de dou días.

Pois resulta que ao deputado do Partido Popular de Galicia, Pedro Puy, e ao seu grupo político non se lle ocorre mellor idea que participar hoxe (10 de marzo) día de sesión parlamentaria nun chat a través da web do PPdeG.

Durante máis dunha hora abandonou o portavoz de economía do PPdeG no Parlamento de Galicia o seu escano para respostar ás preguntas dos afiliados e simpatizantes populares. Pero o bo, é que no PPdeG considérano algo normal, porque, segundo eles: “A ausencia é dunha hora dentro de dous días de pleno. E repetimos que Pedro, ademais, segue o pleno dende o seu despacho”. Tale como me respostaron a través do seu Twitter.

Está claro que aos membros, tanto do PPdeG coma do goberno da Xunta dalle todo igual, e pásanse as institucións polo forro. Ao presidente da Xunta dalle igual que o Papa o reciba como séquito, e levar á súa parella como colaboradora; permítense frivolizar coa igualdade e disfrazar de chacha a un conselleiro; cambiar a toponimia dos concellos galegos e mentirlle ao Parlamento; apropiarse de xeito indebido de cartos de todos os galegos e galegas e recoñecelo publicamente e non dimitir; ou –como agora- abandonar o seu escano, e polo tanto o seu traballo, para ir a participar en actos de partidistas.

Non deixan de sorprenderme, que pode ser o próximo. Só Feijóo noso señor o sabe!!

AM

marzo 10, 2010 at 2:45 pm 3 comentarios

A “afoto” de Feijóo

Producciones Frijito lanza unha nova creación audiovisual á rede na que ironiza en forma de pareado sobre a viaxe de Feijóo ao Vaticano. Non vai gañar nin un Óscar nin un Goya, pero aí está para que o vexades, se queredes.

AMMA

marzo 4, 2010 at 5:40 pm Deja un comentario

A “sagrada” mentira de Feijóo

Feijóo co Papa

Resulta que estes días o noso presidente saíu todo chulo posando ao carón do Papa Benedito. Disque, según o Nodo Galaico, que Benedicto XVI lle dera audiencia ao presidente da Xunta de Galicia, o cal o ía a invitar a vir á nosa terra.

Pois resulta que todo é unha mentira do Nodo Galaico, do PPdeG, da Xunta e de Feijóo que non tivo reparo ningún en colarse como “sequito” do Arcebispo de Santiago, Julián Barrio, para sacarse unha foto ao carón do Papa e anotarse un tanto: a visita da Súa Santidade a Compostela durante o Xacobeo. Parece ser que desde o xoves pasado xa se sabía nos feudos da igrexa que o Papa visitaría Galicia, e que recibiría a Julián Barrio o luns para pechar a visita; por iso Feijóo apurou o paso e moveu os fíos para colarse na audiencia.

En definitiva, que o Papa nunca tivo previsto recibir a Feijóo como presidente da Xunta, tal e como se pode comprobar na páxina web da Santa Sede. Pero Feijóo non contento con cometer o pecado de mentirlle aos Galegos e galegas e involucrar á igrexa para lograr os seus obxectivos, tivo o descaro de levar de acompañante á súa parella e posar con ela ao carón de Benedicto, o cal horas despois enfureceu aínda máis á igrexa, xa que para o clero, o presidente vive en pecado, posto que non recibiu o sagrado sacramento do matrimonio.

Que Feijóo é un “crack”, que é capaz de facer calquera cousa por unha foto. Sigue así presidente que en pouco tempo vémoche cun programa na galega ao estilo Chavez, ou participando en Mira Quien Baila do lado de Belén Esteban.

ACTUALIZACIÓN (04/03). Algún medio de comunicación faise eco da visita fraudulenta de Feijóo ao Vaticano. Esa visita na que se colou como parte do séquito do Arcebispo Julián Barrio. Podedes ver a nova no Xornal de Galicia e no diario El País.

Pode ser que hoxe o presidente explique máis en profundidade a visita durante a rolda do Consello da Xunta.

AM

marzo 3, 2010 at 2:15 pm 7 comentarios


Calendario

marzo 2010
L M X J V S D
« Feb   Abr »
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031  

O meu Twitter

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Fotos

Debuxo do Carrabouxo

Nevada (2)

Nevada (2)

Nevada (2)

Nevada (2)

Más fotos