Archive for marzo 3, 2010

A “sagrada” mentira de Feijóo

Feijóo co Papa

Resulta que estes días o noso presidente saíu todo chulo posando ao carón do Papa Benedito. Disque, según o Nodo Galaico, que Benedicto XVI lle dera audiencia ao presidente da Xunta de Galicia, o cal o ía a invitar a vir á nosa terra.

Pois resulta que todo é unha mentira do Nodo Galaico, do PPdeG, da Xunta e de Feijóo que non tivo reparo ningún en colarse como “sequito” do Arcebispo de Santiago, Julián Barrio, para sacarse unha foto ao carón do Papa e anotarse un tanto: a visita da Súa Santidade a Compostela durante o Xacobeo. Parece ser que desde o xoves pasado xa se sabía nos feudos da igrexa que o Papa visitaría Galicia, e que recibiría a Julián Barrio o luns para pechar a visita; por iso Feijóo apurou o paso e moveu os fíos para colarse na audiencia.

En definitiva, que o Papa nunca tivo previsto recibir a Feijóo como presidente da Xunta, tal e como se pode comprobar na páxina web da Santa Sede. Pero Feijóo non contento con cometer o pecado de mentirlle aos Galegos e galegas e involucrar á igrexa para lograr os seus obxectivos, tivo o descaro de levar de acompañante á súa parella e posar con ela ao carón de Benedicto, o cal horas despois enfureceu aínda máis á igrexa, xa que para o clero, o presidente vive en pecado, posto que non recibiu o sagrado sacramento do matrimonio.

Que Feijóo é un “crack”, que é capaz de facer calquera cousa por unha foto. Sigue así presidente que en pouco tempo vémoche cun programa na galega ao estilo Chavez, ou participando en Mira Quien Baila do lado de Belén Esteban.

ACTUALIZACIÓN (04/03). Algún medio de comunicación faise eco da visita fraudulenta de Feijóo ao Vaticano. Esa visita na que se colou como parte do séquito do Arcebispo Julián Barrio. Podedes ver a nova no Xornal de Galicia e no diario El País.

Pode ser que hoxe o presidente explique máis en profundidade a visita durante a rolda do Consello da Xunta.

AM

Anuncios

marzo 3, 2010 at 2:15 pm 7 comentarios


Calendario

marzo 2010
L M X J V S D
« Feb   Abr »
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031  

O meu Twitter

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.