E Puy chateando … !!

marzo 10, 2010 at 2:45 pm 3 comentarios

Chamádeme raro, pero eu hai certas cousas que non entendo e moito menos comparto. O Parlamento de Galicia celebra dous plenos ordinarios ao mes en sesións de dou días.

Pois resulta que ao deputado do Partido Popular de Galicia, Pedro Puy, e ao seu grupo político non se lle ocorre mellor idea que participar hoxe (10 de marzo) día de sesión parlamentaria nun chat a través da web do PPdeG.

Durante máis dunha hora abandonou o portavoz de economía do PPdeG no Parlamento de Galicia o seu escano para respostar ás preguntas dos afiliados e simpatizantes populares. Pero o bo, é que no PPdeG considérano algo normal, porque, segundo eles: “A ausencia é dunha hora dentro de dous días de pleno. E repetimos que Pedro, ademais, segue o pleno dende o seu despacho”. Tale como me respostaron a través do seu Twitter.

Está claro que aos membros, tanto do PPdeG coma do goberno da Xunta dalle todo igual, e pásanse as institucións polo forro. Ao presidente da Xunta dalle igual que o Papa o reciba como séquito, e levar á súa parella como colaboradora; permítense frivolizar coa igualdade e disfrazar de chacha a un conselleiro; cambiar a toponimia dos concellos galegos e mentirlle ao Parlamento; apropiarse de xeito indebido de cartos de todos os galegos e galegas e recoñecelo publicamente e non dimitir; ou –como agora- abandonar o seu escano, e polo tanto o seu traballo, para ir a participar en actos de partidistas.

Non deixan de sorprenderme, que pode ser o próximo. Só Feijóo noso señor o sabe!!

AM

Anuncios

Entry filed under: Galicia, Política, PP, Xunta. Tags: , , .

A “afoto” de Feijóo SPM 07

3 comentarios Add your own

  • 1. Lola  |  marzo 10, 2010 en 2:51 pm

    Está claro que ti non viches nunca un Pleno no Parlamento, algo que podes facer facilmente a través de Internet. Así comprobarías que son moitos os deputados que permañecen gran parte do Pleno fóra do hemiciclo. Mentres Puy estaba chateando, nas bancadas socialistas, por exemplo, non había precisamente “overbooking”, Igual estaban todos chateando tamén.

  • 2. blas  |  marzo 11, 2010 en 1:05 am

    Independentemente de quen sexa o Deputado ou Deputada, e do grupo político ao que pertenza, eu creo que hai horas ao día, e días ás semana … para que poidan chatear. Cando se atopan no Parlamento cumprindo coa súa labor -e pola que ademais cobran- deben de estar dedicados a iso en exclusiva.

    E polo menos que teñan un pouco de respecto, e non sexan tan caraduras de facelo dun xeito tan descarado e con tanta “jeta”, dándolle publicidade e diante dos ollos de todo o mundo. E encima tomándose eso a cachondeo, e pensando que o resto somos parvos.

    Saúdos

  • 3. Raquel  |  marzo 11, 2010 en 11:13 am

    Buenas, Blas
    Pues precisamente ayer pude ver en directo a Lage Tuñas en su escaño actualizando su perfil de Facebook -tú mismo puedes ver las actualizaciones- desde el hemiciclo durante… 45 minutos?? No sabría decirlo con precisión porque los continuos paseos de Beatriz Sestallo -dándole alegres collejas a Abel Losada, por cierto- me despistaban…

    En fin… que ni el patio del colegio.

    El único momento de concentración fue cuando no aplaudieron en homenaje a Touriño.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Calendario

marzo 2010
L M X J V S D
« Feb   Abr »
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031  

O meu Twitter

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

A %d blogueros les gusta esto: