Archive for abril 8, 2010

Sinto vergonza

Téñovos que confesar que Garzón non me acaba de caer moi ben!! A pesares de que recoñezo que é un xuíz digno de admiración e que fixo unha estupenda labor na Audiencia Nacional, é unha desas persoas que me dá … non sei como definilo, bótame un pouco para atrás. Todo ben por aquel momento no que fichou polo PSOE de Felipe González, e poucos tempo despois dimitiu de Deputado dando un portazo.

Garzón é unha desas persoas que traballa para ser unha estrela, e fai todo o posible para copar portadas dos medios de comunicación. Non lle gusta pasar desapercibido. Pero, como dixen antes debo de recoñecer que realizou un traballo impecable e nunca tivo medo a enfrontarse a ninguén. Doulle igual que fose a dictadura arxentina ou a chilena, ETA ou os GAL, a mafia rusa ou os narcotraficantes, o PSOE ou o PP, … El sempreloitou e traballou para conseguir un mundo mellor, máis tranquilo e en paz, e iso é digno de eloxio.

Por iso é incomprensible que se cuetione agora a súa labor por unha serie de persoas claramente ideoloxizadas e politizadas,e que sexan estes defensores da dictadura franquista, e polo tanto abandeirados da persecución e o asasinato, os que senten no banquillo dos acusados a un home que loitou contra os criminais.

Dase ademais a paradoxa que no momento no que sae á luz parte do sumario da trama Gürtell, da que Garzón foi o que iniciou a investigación, sexa cando se dicte o auto no que se inicia a tramitación da cusa de prevaricación contra o xuíz. E dase a paradoxa de que certos políticos salpicados directa ou indirectamente polo sumario da Gürtell intenten defender aos imputados; pero non sexan capaces de defender a un xuíz que só intentou que se investigasen as desaparicións de persoas durante a dictadura de Franco. É dicir, Rajoy e os seus colegas de partido e ideoloxía defenden a individuos como Bárcenas, Camps, Barberá, Fabra, etc. que aceptaron regalos que van desde bolsos ou traxes ata milleiros de euros, e xustifican esto; pero atacan e permiten que se xulgue ao xuíz Garzón porque atacou á dictadura de Franco, a dictadura que eles aínda non foron capaces de condenar.

Hai días, que cando me desperto pola mañá e escoito a radio e leo os xornales danme ganas de dicir que me borren de español, e que me censen en calquera outro estado no que todos os partidos políticos e as persoas defendan a democracia. Se esto que acontece nestes intres en España ocurrise en calquer outro país de mundo, e o vísemos nun informativo de calquera cadea española á hora de xantar diríamos: “Esa é unha república bananeira”. Pois eu estes días sinto vergonza desta “república bananeira”.

AM

abril 8, 2010 at 6:46 pm 8 comentarios


Calendario

abril 2010
L M X J V S D
« Mar   May »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930  

O meu Twitter

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.