Sinto vergonza

abril 8, 2010 at 6:46 pm 8 comentarios

Téñovos que confesar que Garzón non me acaba de caer moi ben!! A pesares de que recoñezo que é un xuíz digno de admiración e que fixo unha estupenda labor na Audiencia Nacional, é unha desas persoas que me dá … non sei como definilo, bótame un pouco para atrás. Todo ben por aquel momento no que fichou polo PSOE de Felipe González, e poucos tempo despois dimitiu de Deputado dando un portazo.

Garzón é unha desas persoas que traballa para ser unha estrela, e fai todo o posible para copar portadas dos medios de comunicación. Non lle gusta pasar desapercibido. Pero, como dixen antes debo de recoñecer que realizou un traballo impecable e nunca tivo medo a enfrontarse a ninguén. Doulle igual que fose a dictadura arxentina ou a chilena, ETA ou os GAL, a mafia rusa ou os narcotraficantes, o PSOE ou o PP, … El sempreloitou e traballou para conseguir un mundo mellor, máis tranquilo e en paz, e iso é digno de eloxio.

Por iso é incomprensible que se cuetione agora a súa labor por unha serie de persoas claramente ideoloxizadas e politizadas,e que sexan estes defensores da dictadura franquista, e polo tanto abandeirados da persecución e o asasinato, os que senten no banquillo dos acusados a un home que loitou contra os criminais.

Dase ademais a paradoxa que no momento no que sae á luz parte do sumario da trama Gürtell, da que Garzón foi o que iniciou a investigación, sexa cando se dicte o auto no que se inicia a tramitación da cusa de prevaricación contra o xuíz. E dase a paradoxa de que certos políticos salpicados directa ou indirectamente polo sumario da Gürtell intenten defender aos imputados; pero non sexan capaces de defender a un xuíz que só intentou que se investigasen as desaparicións de persoas durante a dictadura de Franco. É dicir, Rajoy e os seus colegas de partido e ideoloxía defenden a individuos como Bárcenas, Camps, Barberá, Fabra, etc. que aceptaron regalos que van desde bolsos ou traxes ata milleiros de euros, e xustifican esto; pero atacan e permiten que se xulgue ao xuíz Garzón porque atacou á dictadura de Franco, a dictadura que eles aínda non foron capaces de condenar.

Hai días, que cando me desperto pola mañá e escoito a radio e leo os xornales danme ganas de dicir que me borren de español, e que me censen en calquera outro estado no que todos os partidos políticos e as persoas defendan a democracia. Se esto que acontece nestes intres en España ocurrise en calquer outro país de mundo, e o vísemos nun informativo de calquera cadea española á hora de xantar diríamos: “Esa é unha república bananeira”. Pois eu estes días sinto vergonza desta “república bananeira”.

AM

Anuncios

Entry filed under: Persoal. Tags: .

Descubrindo a Delafé y Las Flores Azules Ay Haití!!

8 comentarios Add your own

  • 1. Rubin de Cendoya  |  abril 8, 2010 en 10:28 pm

    Blas, bastante de acuerdo con lo que escribes, salvo cuando empiezas a sacar conclusiones generales de hechos puntuales.

    Si prevaricó lo dirá un tribunal ajustándose a derecho y eso es independiente de quien haya puesto la querella.

    El Gúrtel puede que quede sin justicia entre otras cosas porque ese superjuez alargó una ley hecha para otra cosa y se la aplicó para las escuchas ilegales.

    El mismo superjuez parece ser que le pidió dinero a Botín mientras le tenía además como encausado en su juzgado; se pueden citar otro montón de actuaciones, digamos que por lo menos estrafalarias del superjuez.

    En cuanto a ese movimiento que intenta denigrar el pacto constituyente que se fraguó en este país con la ley de amnistía, permíteme que desconfíe de su adanismo.

    En fin Blas, perdona por la intrusión en esta tu casa, pero hay cosas que no quiero pasar por alto, como la incongruencia de que un juez pueda pasar directamente a la política y sin solución de continuidad volver a la judicatura para ajustar las cuentas que le quedaron pendientes en aquella.

    Un saludo

  • 2. Iago  |  abril 8, 2010 en 11:20 pm

    Tes todoa a razón no que dis, só quero que alguén me diga si é normal que en España a Falange esté facendo recursos ante o TS, e que participe na vida pública como si nada. ¿Imaxinades un partido nazi na Alemaña?…

  • 3. xabier Pita Wonenburger  |  abril 9, 2010 en 7:22 pm

    Eu sinto ASCO

  • 4. Chousa da Alcandra  |  abril 9, 2010 en 8:08 pm

    Teño similares sensacións neste tema. Non me namora a cea; pero pasar fame aínda menos.

  • 5. David  |  abril 10, 2010 en 12:27 am

    Quizá le interese leer la opinión de Joaquín Leguina sobre Garzón. Aquí se están mezclando churras, merinas, la velocidad, el tocino, y todo ello regado con mucha demagogia. La aclaración del socialista Joaquín Leguina creo que pone las cosas en su sitio, y a quien lo le guste, que vaya pensando que a lo mejor no es tan partidario de un Estado de Derecho ni tan demócrata como pensaba.
    http://www.joaquinleguina.es/aclaracion

  • 6. fernandez moreda  |  abril 16, 2010 en 9:59 pm

    Vergonza che tiñan que dar outras cousas e non estas….
    Moito che gusta remexer onde non che toca…
    ponte a facer carteles e deixate de opinar dos xueces , que este non e do PP nen do PSOE e do seu bolsillo , vai cambiando a segun donde ven o aire.E un xuez dos listos , da unha de cal e outra de area, e de vez en cando, un golpe na mesa pa sentar catedra e dar un golpe de efecto , para aparentar neutral, asi faise un oco na historia da xurisprudencia española.El esta o seu.. a encher os bolsillos.
    Non digo que sea un mal xuez pero e algo vanidoso , non seria a tipica persona ca que pasaria un fin de semana…
    nese aspecto parecese a ti blas…
    e ti a que estas? acordaste cando te rias daquel patriota que fixo un video en youtube …….este paisano non debe ter outra cousa que facer ….e agora es ti quen fas videos….
    polo menos eu non lle chamo republica bananeira e repudio o meu pais porque haxa catro maricas corruptos ,sempre vai haber xente desa no mundo , pero o noso pais e algo mais ca eso , eso seria pensar moi polo baixo sen afondar nada..

    o mundo da moitas voltas….a soberbia e moi mala…
    tarde ou temprano aprenderas …bueno disque xa estas aprendendo…ainda menos mal…polo menos cando un fai mal e pide perdon , e o recoñece para min eso xa ten moito valor e
    eso tamen o hai que ter en conta.

    o teu problema e que bateches cun house peor ca ti ejejej
    bueno que che vaia ben e vaite polo bo camiño que asi vas mellor e non es menos persoa nen menos home por aprender dos errores

  • 7. blas  |  abril 16, 2010 en 10:34 pm

    Estimado amigo, antes de nada dicirche que é bastante grave asinar escritos co nome doutras persoas, non só polo acto de cobardía que significa, sinón porque estás vulnerando a identidade dunha persoa.

    Dicirche tamén que con certos comentarios que fas demostras a clase de persoa que eres, que apenas merecerías que contestase o teu comentario. Sobre min non vou a explicar nin a dicir nada, porque a opinión que me intersa é a das persoas que quero e que respecto, e a túa entenderás que me “dá de lado”.

    Darche as grazas por comentar e visitar o meu blog, e a próxima vez que te decidas a opinar sobre algo, ten a decencia e a valentía -sei que é difícil- de dar a cara e poñer o teu nome.

    Saúdos

  • 8. un de cabo  |  abril 19, 2010 en 12:38 pm

    estimado f.m o que lle tiña que dar verjonsa é que neste tempo de crisis no concello de d.Blas podes estar cobrando de duas administracions a vez …

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Calendario

abril 2010
L M X J V S D
« Mar   May »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930  

O meu Twitter

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

A %d blogueros les gusta esto: