A censura da Cadena SER

mayo 18, 2010 at 7:05 pm 7 comentarios

Paco GonzálezFai uns día Daniel Anido, Director da Cadena SER, e Rodolfo Irago, Director de informativos da mesma cadea, recibiron o premio José Couso á liberdade de prensa. Este premio vén dado pola condena dun xuíz de Madrid a penas de prisión e inhabilitación para o exercicio da profesión xornalística por revelación de segredos tras facer pública unha lista de afiliacións irregulares ao PP de Madrid.

A Cadena SER empezou desde ese día unha campaña de apoios aos dous xornalistas, nas que unha infinidade de persoeiros público e privados se puxeron do lado da liberdade de prensa, e polo tanto de Anido e Irago, xa que ambos a simbolizaban nese intre.

Non fai moitos días, creo lembrar que o pasado martes día 11, o recén premiado Daniel Anido inicio una Cadena que dirixe unha campaña de persecución e censura contra toda persoa que queira manifestar unha opinión sobre Paco González, un compañeiro de profesión (Director do Carrusel Deportivo durante 18 anos) e de emisora.

Segundo as informaciónns aparecidas, ambos mantiveron unha forte discusión por non coincidir nunha serie de criterios na programación da Cadena SER de cara ao vindeiro mundial, discusión que rematou en insultos e coa apertura de expediente disciplinario e suspensión de emprego e soldo contra Paco González. Desde ese momento houbo unha orde de Anido (secundada polo xefe de Deportes José Ramón de la Morena) para que ninguén en antena citase ao compañeiro expedientado. Pola súa parte nas redes sociais, unha vez se deu a coñecer o acontecido con Paco González empezou a medrar a onda de apoio e solidaridade co xornalista, organizándose grupos de apoio en Facebook, Tuenti, comentarios en Twitter e ata webs que piden a súa volta.

Pero o peor de todo esto é a censura imposta nesta cadea de radio, que ata o de agora enarbolaba a bandeira da liberdade de expresión e da imparcialidade. Os compañeiros de Paco González no Carrusel celebrado o mércores non podían falar so seu antiguo xefe, e a emisora decidiu censurar e prohibir calquera comentario dos ointes (mediante chamadas, mensaxes, foros, etc) que se referisen a Paco González. A censura da Cadena SER e de Daniel Anido chegou a cortar no podcast entrevistas (como a de Gerard Piqué) porque facían unha mención ao xornalista.

En conclusión, que a actitude amosada polos directivos da Cadena SER é realmente vergonzosa e totalmente repudiable, e máis a censura aplicada por Daniel Anido, un xornalista do cal se descoñecen os seus méritos profesionais, pero que como xefe non deixa de ser un mero inquisidor.

Eu, que son ointe habitual da Cadena SER desde fai moitos anos, teño que manifestar a miña decepción e dor, especialmente polo camiño que está a tomar esta empresa que deixa de atender aos seus ointes, de facerlles caso, só para ver cumplidos os egos dos seus mediocres directivos, os cales prefiren poñer unha venda nos ollos.

Un ejemplo é que agora mesmo o Grupo de apoio a Paco González en Facebook ten 88570 seguidores (desde o pasado mércores), máis do doble que o de Carrusel, El Larguero ou a propia Cadena SER. E a cousa na rede segue medrando.

Eu quero rematar dicindo, ánimo Paco, e viva a Liberdade de Expresión.

AM

Anuncios

Entry filed under: Persoal.

Xustiza inxusta A Odisea de dar un alta en (Telefónica) Movistar

7 comentarios Add your own

  • 1. Rubin de Cendoya  |  mayo 19, 2010 en 9:02 pm

    Blas, no soy seguidor de Carrusel, pero sí, como tu, oyente asiduo de la SER hasta hace poco, ahora cada vez menos.

    El sectarismo que se respira y la información sesgada que proporciona aburren hasta al más forofo. Si alguien llega a contar los minutos dedicados al presidente de la diputación de Castellón sería de escándalo

    Se salvan las tertulias de hora 25 cuando está Carlos Mendo, porque con el nuevo fichaje de Suso de Toro se han convertido en un pastel dulzón insufrible.

    A noche mismo se atrevió a justificar a Evo y a Chaves con el argumento peregrino de que a los antiguos dictadores americanos no se les criticaba.

    Salud

  • 2. blas  |  mayo 20, 2010 en 1:52 pm

    Rubin, eu creo que a SER estase a convertir nunha emisora vulgar, carente de clase e bos xornalistas.

    Boto en falta a Iñaki Gabilondo e ao seu equipo, agora Francino, un xornalista medicocre que só se lle ve solto cando fala de fútbol, sexo e Catalunya, rodeouse dun equipo mediocre e só saben facer chistes e bromas que xiran en torno ao mesmo.
    Boto de menos ao defunto Carlos Llamas, ao canario Fernando Delgado, etc.

    E agora Paco González, … pero eles verán porque a SER ao final é unha empresa, o que acontece é que o resto das emisoras de redio que hai en España tampouco son ningunha maravilla, nin xornalística nin informativa.

    Saúdos!!

  • 3. anonnimo  |  mayo 20, 2010 en 9:16 pm

    CONCELLO DE OUTES AUTORIZO LA CONSTRUCCION DE NAVE ILEGAL EN SUELO RUSTICO, NO URBANIZABLE Y SIN AUTORIZACION DE LA XUNTA DE GALICIA

    En el 2006, el alcalde de outes CARLOS ENRIQUE LOPEZ CRESPO (PP) autorizo la construccion ILEGAL de oficinas y nave de la empresa constructora OyS Noroeste en suelo rustico, no urbanizable y sin autorizacion de la Xunta de Galicia.

    Esto es increible…y el PSOE- Outes sin hacer nada como si no existiera……y CRESPO sigue de alcalde….como si no pasara nada….

    Para ver la noticia en mas detalle pulsar lo siguiente o simplemente buscar en el internet – EL ALCALDE DE OUTES, IMPUTADO POR FALSEDAD DOCUMENTAL Y DELITO URBANISTICO

    Tambien buscar – OyS NOROESTE CONSTRUYO EN TERRENO RUSTICO Y SIN LICENCIA DE OBRA

  • 4. blas  |  mayo 23, 2010 en 5:09 pm

    Estimado anónimo de Outes, creo que o primeiro é ter a valentía de cando alguén denuncia algo facelo co seu nome e apelidos.

    Sobre o asunto en cuestión, se é certo o que dis sabes onde podes denuncialo.

    Grazas por comentar no meu blog. Saúdos

  • 5. demetrio  |  mayo 25, 2010 en 10:20 pm

    Hola, me ha gustado mucho el comentario acerca de Francino, yo pienso igual.
    También todo lo referido a Paco González. El comunicado que sacaron hace poco, hablando de transparencia, es una tomadura de pelo, que pone en duda la credibilidad de esta gente.
    Saúdos.

  • 6. Lucas  |  julio 26, 2010 en 11:51 am

    Yo opino lo mismo que vosotros pero desde hace ya unos años… Allá por el 11 Marzo de 2004 cuando se dijo lo que se dijo ¿recordáis lo lamentable que fue? Apuntaban maneras, ahora veis que maneras…

  • 7. mierdadegalleguistas  |  septiembre 29, 2010 en 12:43 pm

    y ahora todos a la COPE.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Calendario

mayo 2010
L M X J V S D
« Abr   Jun »
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31  

O meu Twitter

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Fotos

Debuxo do Carrabouxo

Nevada (2)

Nevada (2)

Nevada (2)

Nevada (2)

Más fotos

A %d blogueros les gusta esto: