Tivemos sorte

agosto 13, 2010 at 5:38 pm 2 comentarios

Eu traballei na loita contra incendios, eu fun o que chaman brigadista. Foi alá polo ano 1995, e tras anotarme para traballar os meses de verán, chamáronme para realizar as tarefas de extinción de incendios … A historía é bastante máis longa, pero hoxe non é o día de contar os chanchullos e “favores” que mediaron en todo isto.

No mes de xuño chamáronme a Noia (era onde tiñamos a central) presentáronse aos meus compañeiros, explicáronnos un pouco o que tiñamos que facer, e ao día seguinte ao lume. Así foi a cousa, tal cual. Nin un triste cursillo, nin unhas ensinanzas básicas de que facer ante as lapas.

Provistos dunha funda, unhas botas e uns “batelumes” marchamos no Nissan Patrol alugado a patear os concellos asignados á nosa circunscripción. Noia, Outes, Lousame, Rois, Negreira, Ames, Brión, Val do Dubra, A Baña, Dodro e Padrón. Nalgúns concellos non estivera na miña vida.

Afortunadamente, os incendios fortes (ese ano foi un dos que máis ardíu) non empezaron ata mediado o mes de xullo, co cal tivemos algo máis dun mes para patear a zona que nos tocaba cubrir. Percorremos montes, pistas, lugares de estanques de auga; fomos a todos os concellos a pedir mapas do seu territorio, controlamos os sitios máis altos, etc.

Avanzados o mes de xullo chegounos un casco, unhas gafas e unha mascarilla, … Xa estabamos preparados para ir a loitar contra o lume. Xa tiñamos todo o equipamento, xa coñecíamos o terreo, …, xa eramos uns profesionais!! Nin moito menos. Non tiñamos nin idea do que era o lume, de cómo se comportaba un incendio, de como tiñamos que actuar, etc. Éramos un obxectivo fácil para o enemigo, pero, o peor é que o éramos nós e o resto dos nosos compañeiros con máis experiencia.

Ao final, afortunadamente non pasou nada, traballamos moito, e no mes de outubro deixamos o traballo por remate de contrato. Tivemos sorte!!

Con este post pretendo dar a coñecer as condicións coas que os e as brigadistas acuden ao monte na época máis perigosa do ano. E despois din que “…tiñan unha longa experiencia como brigadistas”. Vaia por Deus!!, porque participaron en cinco e sete campañas de extinción de incendios!!. O triste é que sempre ten que morrer alguén para que collamos conciencia do que está acontecendo. Unha mágoa!!

AM

Entry filed under: Galicia, Persoal.

Hipocresía Xenial anuncio de Tipp-Ex

2 comentarios Add your own

  • […] This post was mentioned on Twitter by José-Luis Prieto, Blas García. Blas García said: Tivemos sorte: Eu traballei na loita contra incendios, eu fun o que chaman brigadista. Foi alá polo ano 1995, e tr… http://bit.ly/9M7n0a […]

  • 2. Freiman  |  agosto 15, 2010 a las 10:44 pm

    * Mentras Suárez Canal estivo na Consellería do Medio Rural ós alcaldes do PP boicotearon, principalmente na Provincia da Coruña, a loita contra o lume é o actual presidente saií na foto con unha mangueira de regar na man. Ágora sin chegar a aqueles métodos habrá que ver ós erros é pedir responsabilidades sí é menester.
    Quizáis habría que formar mellor á xente, ós bombeiros, é incorporar a xente das zonas, coma se fosen as «alarmas» que loitaron contra a invasión francesa.
    Ó martes vin a partires das 18:00 horas hasta as 20:00 horas o fume e o fogo na Parroquia de Anllo, en Sober, dende ó embarcadoiro do Catamarán en San Estevo de Ribas do Sil. Pensei que ós medios eran escasos. Dous helicópteros, un amarelo grande, e otro máis pequeno, recollián auga do río a caron do catamarán. Se vi un avión que quizáis lanzase retardante e logo otro helicóptero da Xunta. Maís tarde se viron dos avións «Canadair». O lume seguro foi intencionado.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Calendario

agosto 2010
L M X J V S D
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031  

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

A %d blogueros les gusta esto: