Archive for mayo 25, 2011

SENTIDIÑO!!!


Creo que non queda a menor dúbida de que os socialistas non estamos pasando por un bo momento. Despois do batacazo nas eleccións municipais o PSOE entra nunha situación pouco recomendable para calquera partido a un ano vista das eleccións xerais.

E o peor, é que comezan as discrepancias internas sobre como debemos de afrontar este proceso: se primarias, se congreso extraordinario, se dedazo, … e como sempre (ou case) son os chamados baróns os que opinan sobre este tema, mentres os militantes de base, os que realmente quedamos tocados do lamentable resultado electoral, temos que asistir impávidos a este cruce de opinións que en nada benefician ao noso Partido.

Eu en ocasións, cando contemplo estas situacións creo que os nosos dirixentes viven nun mundo paralelo (ou para lelos), porque son incapaces de entender á xente común, ao votante que se expresan cando lle toca cunha papeleta. Aínda foron incapaces de entender que o tsunami ou marea azul non é máis que un rexeitamento a unha situación moi concreta que os nosos dirixentes non foron capaces de xestionar. Está claro que debemos de dar novamente un xiro á esquerda, porque para aplicar políticas de dereita e liberais xa están os que teñen a patente.

Realmente pensan os dirixentes do meu Partido que aos votantes (é decir ás persoas) lles preocupa si congreso ou primarias? A xente normal quere solucións con rapidez, non quere asitir a unha obra de teatro onde os actores principais semilla que están máis preocupados por manter o seu status orgánico e institucional que por axudar a resolver os problemas que de verdade ten o meu Partido.

Desde este espazo, e como militante e dentro da miña libertade e usó pido SENTIDIÑO.

mayo 25, 2011 at 6:31 pm 1 comentario


Calendario

mayo 2011
L M X J V S D
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031  

O meu Twitter

  • RT @ConcelloAmes: 💕Animando á solidariedade! A unidade móbil de doazón de sangue estará o 16 e 17 de setembro no #Milladoiro, no cruce da R… 3 days ago
  • RT @ConcelloAmes: 💠Organizamos o XII Campionato de Galicia Absoluto de 5K en ruta, en colaboración con @atletismogalego. 🎽Será o 26 setembr… 3 days ago
  • RT @ConcelloAmes: Reanudamos os programas #Amessan e #Sanauga con novidades❗️ 💚Amessan incorpora baile en liña e bailoterapia 💚Sanauga inc… 3 days ago
  • RT @carlosecue: Dice el Financial Times que la decisión de Sánchez sobre la energía mete presión a otros países de la UE que tienen también… 3 days ago
  • RT @ConcelloAmes: MERC@MES | Mañá 15 de setembro comeza a 2ª fase da campaña de tarxetas bono, até o 15 de novembro. ✨Poderedes adquirir os… 3 days ago

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.