Adeus e grazas a Manuel Velo

mayo 27, 2011 at 1:26 pm 2 comentarios

Acábome de enterar de que Manuel Velo Velo non vai a tomar posesión como concelleiro. Esa nova para Boiro e o Barbanza é das máis importantes, alomenos por sorpresiva, que un se podían imaxinar.

Velo é un persoaxe singular, dos que moitos fixeron mofa e burla (en ocasións propiciaba) pero hai que decir que foi alcalde de Boiro por méritos propios en dúas lexislaturas completas (1983-1987 e 1991-1995) e gañou con maioría absoluta (11 concelleiros de 17) no ano 1987, aínda que case dous anos despois viuse na obriga de abandoar o cargo por unha inexplicable e interesada moción de censura con catro tránsfugas do PSOE. Tras abandonar o Partido Socialista no ano 2001 ao ser expedientado e posteriormente expulsado, creou IC Boiro, un partido independiente, co que se presentou ás elecciónns do 2003, 2007 e 2011 obtendo sempre representación (no 2007 sacou dous concelleiros) e formando parte do goberno tripartito no ano 2003.

A Velo hai que recoñecerlle a súa dedicación á alcaldía e especialmente o desenvolvemento do Boiro que agora coñecemos, e conseguindo infinidade de actuacións para o concello; pero tamén tivo a súa parte obscura, que foi especialmente ese carácter autoritario e dictatorial.

Eu só quero plasmar aquí a miña sorpresa por unha decisión que comparto e que respecto, sobretodo porque a política local de Boiro non vai a ser a mesma sen un personaxe coma el. Outros que foron discípulos seus e que o intentaron imitar seguen aí a pesar dos resultados, e cunha diferencia importante, nunca chegaron a ser alcalde, nin siquiera a ser primeira forza política.

Eu desde o meu blog pido que o novo goberno de Boiro rompa cos habituais enfrontamentos, e amose unha clara disposición ao diálogo e á non beligerancia, e lle faga unha homenaxe a Manuel Velo Velo, o cal algún día deberá de ter unha rúa en Boiro, no seu pobo.

Grazas Velo, polo bo e polo malo.

Anuncio publicitario

Entry filed under: Boiro, Galicia.

SENTIDIÑO!!! De políticos e helicópteros

2 comentarios Add your own

  • 1. Anónimo  |  junio 13, 2011 a las 9:14 pm

    Blas : podedes estar orgullosos da política destructiva en Boiro e na Comarca do Barbanza. Eu e demais compañeros pasamola de azul a roxa e vos a volveches a poñer azul. En política hai que saber xestionar para defender a democracia e o interes xeral do cidadáns a parte de defender o peto propio ,facendo traicións o final será este resultado.
    Menos mal que reconoces a miña xestión, pero non entender para que e a democrcia ,caedes na afirmación de chamarme dictador por non permitir corruptelas ou bagancias. Dictador e aquel que se salta as leies en beneficio propio ou lle nega o dereito a que o ten. Exercin a autoridade que me dou o pobo e as leises. Fun Alcalde que menos sentencias perdiu.
    Sigue escribindo sobre min e deixa en paz a dereita por si a podes necesitar dende a militancia socialista axudalos . Asi os vai. A vista esta . Sempre en Boiro. Velo

  • 2. gerardo  |  marzo 13, 2012 a las 1:29 pm

    Os que traicionaron a Velo (o mellor alcalde de Boiro) sodes os que estades agora no PSOE co señor Ares (o de señor o por chamarlle algo).

    Non se entende como Ares sigue aí despois de como vai baixando nas eleccións ano tras ano.

    Unha lástima…

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Calendario

mayo 2011
L M X J V S D
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031  

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

A %d blogueros les gusta esto: