Archive for octubre, 2011

DdC. Quince días


Fai xa 15 días que me incorporei a esta voráxine electoral, que significa andar case diariamente dun sitio para outro preparando actos e visitas do candidato socialista, de Alfredo Pérez Rubalcaba.

Podía queixarme, e dicirvos que esto é moi cansado, que andas sempre coa maleta ás costas, que estás fóra da túa casa, que … mentiríavos. É certo todo o que vos digo, pero tan certo como que estou encantado de facer algo que me gusta, como é estar metido neste continuo ir e vir, nesta constante tensión, neste diario “estrés”, …

Nestes 15 días ademais de viaxar por España, de descubrir o AVE, de coñecer compañeiros e compañeiras encantadores e de reencontrarme con bos amigos, tamén me servíu para poder escoitar a Lula, algo case único e exclusivo. Descubrir a un excelente candidato e a unha boa persoa coma Rubalcaba, que sen dúbida será un excelente presidente. Visitar e coñecer de primeira man empresas punteiras como a factoría Ford de Almussafes, e como se xestiona de maneira intelixente una empresa cunha relación excelente entre directivos e traballadores e traballadoras. En definitiva, que o estou pasando “pipa”.

Lémbrome moitas veces dos meus amigos, da miña familia, e lembrome moitísimo das miñas pequerrechas … de Paula e de Nerea, coas que falo todos os días, pero ás que estou desexando abrazar e bicar. Teño a sorte de que está conmigo en Madrid o meu amor, que me fai máis levadeira a estancia, aínda que nos últimos días a pobre está moi sola.

E outra das cousas que boto moito de menos, aínda que non o creades, é falar en galego. Canto me custa falar o castelán e que mal o falo!! Dios mío!! Non hai maneira de atinar cos verbos nin cos tempos verbais. Pero bueno, o bo e que só é para un mes.

AM

PD.: Tamén boto moito de menos un bo cocido.

octubre 24, 2011 at 7:11 pm 3 comentarios

DdC. Madrid, parada e fonda


Fai tempo que non visito estas páxinas do meu blog; a verdade é que agora temos tantas formas para comunicarnos que en ocasións os “frikis” desto das redes non temos tempo de ocuparnos de todo.

O motivo da visita de hoxe ao blog é o de compartir con vós unhas parrafadas é porque, como algúns xa saberedes, vou a instalarme en Madrid durante uns días para facer a precampaña e a campaña cos compañeiros e compañeiras do PSOE. Unha experiencia nova e tremendamente ilusionante para min, que si vos apetece, gustaríame compartir con todos e todas vós; non por nada concreto, sinxelamente por intentar seguir aquel Diario de Campaña (DdC) que inicie na precampaña das eleccións xerais do 2007.

Nesta ocasión os desplazamentos van a ser moito máis longos, e os actos multiplicados por 3 ou por 4 aos que facemos en Galicia, pero, como xa dixen, será unha experiencia interesante e que espero que me sirva para aprender cousas novas para desenvolver no PSdeG (se me deixan).

Saúdos a todos e a todas e espero que nos atopemos por aquí.

octubre 10, 2011 at 5:37 pm 2 comentarios


Calendario

octubre 2011
L M X J V S D
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31  

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.