Unha visita á Coruña

Paula, Nerea e Eva no Acuario 

Hoxe, aproveitando que era día de San Blas, e que non tiña que traballar, decidimos celebrar un día en familia. Pola mañá marchamos con dirección á Coruña coa intención de xantar alí e pasear pola cidade.

O día, aínda que algo frío, prestábase para facer turismo, e a verdade é que sempre é un pracer ir de visita á “Cidade de Cristal”. Particularmente é a cidade de Galicia na que máis a gusto me sinto, a máis fermosa e na que sempre tes algo que facer. Sempre dixen que me atopo moi a gusto vivindo en Boiro, e que para min sería un enorme desgusto ter que marchar do meu pobo, pero esa pena sería moito menor si o novo lugar de destino fose A Coruña.

O paseo do Orzan, Riazor, a Torre de Hércules, o seu mar, o tranvía, o ambiente, …; A Coruña é diferente, é un balcón sobre o que podes mirar o mar, ese mar bravo que bate con forza contra as rochas, e en cuestión de segundos darte a volta e poder mergullarte no interior dun anaco da historia e pasear zona vella.

A nós hoxe tocounos mar, porque Paula e Nerea empeñáronse en ir a visitar a Casa dos Peixes. Paula estivo fai pouco co colexio e pretendía facer de guía e ensinarnos todo o que aprendera durante a excursión. Vimos as focas, e ata asistimos a como lle daban a merenda, o tiburón, e infinidade de peixes máis.

Non tardaremos moito en volver a visitar a fermosa cidade da Coruña.

febrero 3, 2007 at 11:52 pm 3 comentarios

Nin para calcetíns

Paul Wolfowitz (Foto de www.elpais.com)

Acábome de dar conta de que nunca vou a chegar a rico. Despois de ver as fotos do presidente do Banco Mundial, un tal Paul Wolfowitz, que non tira os calcetíns nin cando lle rompen, sei que vou a pertencer á clase traballadora toda a miña vida.

Pero comentando tan “austeira” nova xurden dentro dos compañeiros e compañeiras de traballo dúas correntes de opinión. Unha se os calcetíns xa os levaba rompidos da casa, e a outra se como eran tan “finos” os calcetíns lle romperon polo camiño. A verdade é que non sei que opción é peor, porque de ser correcta a segunda, a pregunta é: ¿canto tempo facía que este home non cortaba as uñas dos pés?.

enero 30, 2007 at 7:17 pm 2 comentarios

Unha foto dedicada …

(Foto de www.elpais.com) Superpiñeiro, Quintana e Paco Garcá

Esta foto vai dedicada para todos os amigos do BNG que sei que lles gusta, e defenden, a incorporación de Superpiñeiro á Galega.

Na imaxe do xornal El Pais (“ese diario de Madrid”) podedes comprobar a estreita relación que existe entre Xosé Manuel Piñeiro, Quintana e Paco García, o alcalde de Allariz. Agora Superpiñeiro non só vai de romerias co Vicepresidente, non só lle dan programas na TVG, senón que tamén inaugura centros sociais. ¡Que grande!.

Permitídeme unhas dúbidas: ¿Para cando a incorporación do showman de Allariz ás filas do BNG como militante?. Quen sabe, ao mellor acaba de secretario xeral dalgunha consellería. ¡¡Ou de conselleiro!!.

enero 29, 2007 at 1:40 pm 10 comentarios

Unha recomendación …

 

Atopei no blog de Nacho Escolar un vídeo (tarda 18 segundos en arrancar) que é impresionante. É unha rolda de prensa do Concelleiro de Festexos de Ciudad Real, Ramón Barreda con Millán Salcedo (Martes y Trece), na que presentan as festas do entroido do 2000.

O vídeo é un claro exemplo do que non debe de ser unha rolda de prensa, pero a verdade e que uns persoaxes tan singulares como Millán, e sobre todo o concelleiro Ramón Barreda, o cal posúe un curriculum político extraordinario: 

De tódolos xeitos o vídeo non ten desperdicio, e non ata se podería volver a crear o dúo Martes y Trece.

enero 25, 2007 at 12:38 pm 1 comentario

Delincuencia ou xenofobia??

 

Eu non sei si hai dúas Españas?, pero o que si está claro é que hai dous enfoques informativos distintos que axudan bastante a difundir esta idea. Por exemplo, no asunto dos disturbios de Alcorcón do pasado fin de semana hai uns medios de comunicación que os achacan ao racismo e a xenofobia, e outros á delincuencia. Estes últimos –La Razón ou o ABC – aproveitando, coma sempre, para cravarlle unha pulla ao goberno de Zapatero: 

“Empieza a ser preocupante que para suplir la incompetencia del Gobierno, el ciudadano se vea obligado a recurrir a sus propias manos para restablecer el orden en sus comunidades”, di o xornal La Razón.

Pero quen vai máis alá é César Vidal o director do programa La Linterna na Cadena COPE, o cal amosando uns claros tintes de xenofobia di cousas como que aos inmigrantes que se pensan que veñen aquí para: “asustar, atracar, golpear, … se les sube a un avión y se les devuelve a su país. En masa, ellos y su familia”.

As palabras de César Vidal non merecen contestación, ademais xa lle contesta perfectamente Wyoming no programa El Intermedio de La Sexta, como podedes comprobar no vídeo deste post.

O que si é certo é que deberiamos de ter moitísimo coidado todos cos comentarios que facemos, pero en especial os medios de comunicación e os líderes de audiencia que teñen unha tremenda incidencia sobre os cidadáns.

enero 24, 2007 at 2:37 pm 8 comentarios

Superpiñeiro returns II

Superpiñeiro e a cantante Gisela

Non é por presumir de “pitoniso”, pero xa o anuncie neste blog, alá por mediados de decembro (fai xa máis dun mes), que Superpiñeiro regresaba á Galega. Pero isto non é novidade, o que me leva a escribir sobre este tema é a reportaxe que o domingo 21 publicou o xornal El País sobre este acontecemento social e cultural para Galicia.

O “icono da tele de Fraga e animador de Quíntana”, tal e como o define o xornalista Pablo López a Superpiñeiro, ten o rostro de manifestar:  

“¿Cambio? ¡Pero qué cambio, si el único que faltaba era yo!”, e remata sentenciando: “Lo del cambio en la TVG me hace mucha gracia,…, ahí siguen Gayoso, Os Tonechos, actores que pasan de unas series a otras…”.

 Xosé Manuel Piñeiro convértese, deste xeito, nun mercenario do espectáculo, que foi fiel servidor dos intereses do PP e de Manuel Fraga nunha época, e puido reconverterse ao nacionalprogresismo do BNG e de Anxo Quintana, atrevéndose a poñer en dúbida o pregoado cambio da canle autonómica. Aínda que no fondo ten razón o showman de Allariz, porque o cambio da TVG redúcese á modificación da imaxe corporativa da canle, aos decorados máis modernos que lucen os informativos e ao exilio político sufrido por Tino Santiago, xornalista que desterraron á Radio Galega e polo que parece era o único culpable do que acontecía na TeleGaita. 

Pero o máis surrealista de todo isto é que hoxe o País publica un comunicado da Vicepresidencia que asina Antón Losada, e o cal aparece en plan matón arremetendo contra “este diario de Madrid” e defendendo a política de festas e xantares de Quintana coa terceira idade; nótase que cando o BNG criticaba a Fraga e ao PP por realizar este mesmo tipo de festas Antón Lousada non era militante nacionalista. Por certo, e xa para rematar, “este diario de Madrid” pertence ao mesmo grupo que a cadea de radio na que Antón é tertuliano. ¡¡Que desagadecido!!.

enero 23, 2007 at 12:59 am 17 comentarios

Aznar o políglota

Foto de www.losgenoveses.net

Un políglota é aquel individuo versado en varias linguas di o diccionario. Este é, sen dúbida, o caso de José María Aznar, que ademais de falar en castelán, moito e de máis na maioría das ocasións, tamén domina o inglés (1, 2), o spanglish, o alemán, e agora o italiano. Sen esquecerse, por suposto, do catalán, aínda que só na intimidade –é dicir unicamente coa Botella, ¡supoñemos!-.

Paseando polo youtube, atopei sen querer un vídeo do profesor de inglés de José María que vos recomendo.

¿Cal a será a nova lingua coa que nos sorprenderá Aznar?. Quizais o francés?, será o grego?, ou ao mellor o galego?. ¿Quen sabe?, este home fala de todo, e sempre di as mesmas “tonterías”.

enero 20, 2007 at 1:49 am Deja un comentario

Rajoy: Onde dixen “digo” digo ….

Rajoy

Estou vendo 59 segundos e estou alucinando. Resulta que a Pedro Jota, no debate do Congreso sobre o proceso de paz, non lle gustou nin Zapatero nin Rajoy. Que non lle gustase Zapatero non nos estraña a ninguén, pero que Rajoy lle parecera bronco é unha tremenda novidade.

A verdade, se a Pedro Jota lle pareceu bronco Rajoy, ¡cómo debeu de estar!. Total só dixo que apoiar a Zapatero na loita contra o terrorismo era un suicidio, ou que era un erro, ou si usted no cumple [las exigencias de ETA], le pondrán bombas, y si no hay bombas, es porque ha cedido”. ¡Case nada!.

Esta é a oposición que o PP, Mariano Rajoy e os medios afíns decidiron facer para conseguir que o PSOE e Zapatero perdan as próximas eleccións. Está claro que o primeiro partido da oposición non foi capaz, case tres anos despois, de dixerir a derrota electoral e intenta con tódalas súas armas atopar o seu 11M particular. Por agora sírvelle o atentado de Barajas.

Poderemos escribir e opinar o que queiramos, debatir, discutir ou falar; é igual o PP xa marcou a súa liña e ou estás ao seu favor ou senón es un mal español. Eles están en poder da verdade absoluta. Aínda que cometan erros. No ano 2000, sendo Rajoy o Vicepresidente primeiro do goberno, dicía do Pacto Antiterrorista: 

        No tiene sentido”. 

        “No aporta absolutamente nada”. 

        “La propuesta no es más que una maniobra publicitaria del PSOE para llamar la atención”.

        “Hay quien pretende sacarse conejos de la chistera para poder decir a la sociedad ‘yo también estoy aquí y a mi también se me ocurren cosas’”.

Agora para Rajoy o Pacto Antiterrorista é un acordo fundamental para a loita contra ETA e pídelle a Zapatero que volva ao pacto, pero debeu de esquecer que este acordo di que o terrorismo é un problema de Estado e que ao Goberno de España correspóndelle dirixir a loita antiterrorista.

enero 17, 2007 at 11:12 am 4 comentarios

É a miña filla

Imaxe de www.lavozdegalicia.es

Levaba varios días rompéndome a cabeza: “Papá eu tamén quero ter un blog”. Desde que abrín o meu foi a lectora máis fiel e a que máis publicidade me fixo por Boiro.

A véspera de Reis accedín e xuntos fixemos un blog, escribimos o perfil e expliqueille como tiña que facer para subir as cousas que escribía. Aprendeu rápido, o máis complicado é subir as fotos, a iso teño que axudarlle.

E hoxe a sorpresa é cando Sara me manda unha mensaxe de móbil que non entendo: falándome de Paula e da Voz de Galicia; e despois chámame Loli e dime que o blog de Paula sae na edición dixital da Voz. Menuda sorpresa, e tamén alegría. ¿A quen non lle alegra que a súa filla apareza nun medio de comunicación por unha cousa boa?.

Ela aínda non sabe nada, está no colexio. Cando chegue á casa e llo diga Eva, a alegría vai a ser enorme. A mágoa é que eu non vou poder vela ata a noite.

Un bico Paula.

enero 15, 2007 at 11:48 am 8 comentarios

A doble vara de medir do PP

 
Non me atopo con moitas ganas de escribir sobre a actitude (nin a aptitude) de Mariano Rajoy e a Santa Compaña –Acebes, Zaplana, Aguirre, …,-. Pero vouvos a recomendar un vídeo titulado “La doble vara de medir de la derecha española” e que ten a súa orixe no blog 192muertos-192Mentiras.

Aquí poderedes comprobar a diferencia entre a tregua de 1998 e a tregua do 2006, en definitiva a diferencia entre o PP e o PSOE.

enero 15, 2007 at 12:43 am Deja un comentario

Entradas antiguas


Calendario

octubre 2020
L M X J V S D
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  

O meu Twitter

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.