Non sei que pensar

Foto de www.elpais.com

Despois do triste atentado de ETA cometido na T4 de “Barajas”, onde desgraciadamente morreron dúas persoas e con elas a esperanza de paz de millóns de españois; os acontecementos políticos seguintes lévanme a entristecerme aínda máis xa que non sei que pensar con todo o que está a pasar.

Persoalmente creo que hai algúns individuos que esperaban e desexaban que acontecese algo similar ao que pasou, que os asasinos de ETA abandonaran a tregua para matar. Repito que é unha apreciación persoal, un sentimento que se reafirma cada vez que vexo a homes e a mulleres detrás dunha bandeira de España co escudo da aguia, ou levantado a man dereita. Cada vez que os escoito gritar “Zapatero asesino” ou cousas similares. ¿Que culpa pode ter un presidente dun goberno por intentar que os españois vivan en liberdade e en paz?, acaso non ten dereitos e ata a obriga de conseguilo; que eu recorde os anteriores presidentes intentárono, e non recordo que ningunha asociación de víctimas saíran á rúa para protestar ou para pedir a súa dimisión, e moito menos recordo que cando eso pasaba os partidos da oposición protestase e se opuxeran. Pero agora si, e cal é o porqué?.

O Partido Popular mentres buscaba o fin do Movemento Vasco de Liberación –eles chamábano así- na tregua de finais de 1998 concedeulle “medidas de gracia” aos terroristas, e durante esta tregua continuou a kale borroka, a extorsión a empresarios e mesmo se cometeron roubos de explosivos en Francia, pero ningún partido político nin asociación de víctimas, nin medio de comunicación pediu o remate das negociacións. Todos, sen excepción foron leais co goberno de Aznar e do PP, algo que desgraciadamente non aconteceu durante o goberno de Zapatero e o PSOE. ¿Cales son as razóns?, ¿acaso o PP, as asociacións de víctimas e os medios de comunicación afíns non querían a paz?. Sinceramente, e repito é unha opinión persoal, creo que non, creo que non lles interesaba a ningún deles, pero en especial ao PP que o goberno socialista conseguise que ETA entregase as armas, xa que o único que fixeron durante este proceso foi poñer trabas e zancadillas continuamente.

Agora xa o conseguiron, xa teñen unha nova escusa para saír á rúa. É unha mágoa.

Anuncios

enero 2, 2007 at 5:29 pm 3 comentarios

A forza da rede

Blog de Mara Amelia (amis95.blogspot.com)

 

Cada día que pasa non deixa de sorprenderme internet. Son un habitual da rede desde fai 9 anos –a miña primeira conexión foi con Alehop, despois chamada Eresmas– e non cabe dúbida de que evolucionou enormemente. 

Pero esta semana fíxome meditar outra vez a “potencia” e o poder da comunicación neste medio, no que unha noticia publicada en Muxía, en Boiro ou en Fene poder chegar a ser comentada desde Chile, a República Checa ou México. E non me refiro a novas de interese xeral, senón a cousas tan sinxelas como que unha muller de 95 anos comente –coa axuda do seu neto- nun blog ás súas vivencias persoais. 

María Amelia apareceu na rede o sábado 23 de decembro, pero foi o martes 26 cando o seu blog empezou a circular pola rede, primeiro no Chuza, eu mesmo fixen un post sobre el, meneame, red de blog socialistas, martanauta, e numerosas webs máis se fixeron eco desta orixinal idea chegando a recibir nese martes máis de mil visitas, e moitas máis en días posteriores superando agora mesmo as dez mil novecentas. E chegando incluso a aparecer en xornais escritos e programas de radio. 

Sen dúbida un tremendo éxito que foi posible, como dicía ao primeiro, pola “potencia” e a “chegada” que ten a rede. Algo do que a maioría de nós aínda non somos o suficientemente conscientes, pero que nunha acción organizada pode ser un instrumento capaz de orixinar movementos importantes; a verdade que se me pasa algunha idea pola cabeza, pero permitídeme que non a conte. 

Pola miña parte teño pensado seguir a formar parte dela –de internet- para estar informado , e sobre todo preparado para o que poida chegar.

diciembre 29, 2006 at 5:37 pm 4 comentarios

Unha blogueira de 95 anos

Imaxe de Mara AmeliaNon acostumo a recomendar blog´s, pero para todo hai unha primeira vez. María Amelia é unha muller de 95 anos que vive en Muxía, e que conxuntamente co seu neto creou un blog nos que nos está contando anacos da súa vida. Sobra que diga que é interesante.

Blog de María Amelia

diciembre 26, 2006 at 7:15 pm 16 comentarios

Envía un SMS polo Nadal !!

mobil.jpg 

Antes de nada quero darlle as grazas a todas as persoas que me enviaron unha mensaxe ao móbil nestas datas, tampouco quero que se me vexa coma un desagradecido porque o  que vou a escribir agora non é politicamente correcto. Pero non me digades que non resulta cansino esto dos SMS’s, pode chegar a facerche odiar o Nadal, o teléfono e ata aos amigos. É de agradecer a boa intención de todos eles, e ata que se acorden de ti nunhas datas coma esas, pero chega a aburrir que cada dez minutos che estea pitando o móbil e teñas que ler unha chea de mensaxes que moitas veces carecen de sentido.  Eu esto das mensaxes de Nadal divídoas en cinco tipos: 

  • Os curtos, os que se fan por cumprir. “Bo Nadal”.

  • Os normais. “Nestas datas tan sinaladas deséxoche moita felicidade a ti e aos teus. E que o novo ano chegue repleto de alegrías.”

  • Os graciosos, ou que pretenden selo. “Oxalá as pulgas de mil camellos infecten o cu de quen intente foderche o 2007, e que os seus brazos sexan tan curtos que non poidan rascarse. BO NADAL.”

  • Os de concurso, que se pasan todo o día buscando a inspiración que os leve ao mensaxe perfecto e que cando o recibes pois non sabes moi ben o que quere dicir: “Soños renovados, ambición de País, Estatuto de tod@s. Bo Nadal e caudal inesgotable de felicidade.”

  • Os que non sabes de quen son porque non os tes na axenda e veñen sen nome.

 A verdade e que os grandes beneficiados de todo isto son as operadoras de móbiles, e eu creo que os primeiros os mandan elas mesmas para que nos contaxiemos do espírito navideño e comecemos a mandarlle mensaxes a todos os que temos na axenda do teléfono, incluídos aos que se nos esqueceu borrar porque os anotamos unha vez e non nos acordamos que é. Por iso eu este ano decidín non enviar ningún SMS. Pero aínda así lémbrome de todos os amigos e compañeiros, e deséxolles boas festas.

diciembre 26, 2006 at 1:44 am 1 comentario


Calendario

abril 2019
L M X J V S D
« May    
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930  

O meu Twitter

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.