Rajoy: Onde dixen “digo” digo ….

Rajoy

Estou vendo 59 segundos e estou alucinando. Resulta que a Pedro Jota, no debate do Congreso sobre o proceso de paz, non lle gustou nin Zapatero nin Rajoy. Que non lle gustase Zapatero non nos estraña a ninguén, pero que Rajoy lle parecera bronco é unha tremenda novidade.

A verdade, se a Pedro Jota lle pareceu bronco Rajoy, ¡cómo debeu de estar!. Total só dixo que apoiar a Zapatero na loita contra o terrorismo era un suicidio, ou que era un erro, ou si usted no cumple [las exigencias de ETA], le pondrán bombas, y si no hay bombas, es porque ha cedido”. ¡Case nada!.

Esta é a oposición que o PP, Mariano Rajoy e os medios afíns decidiron facer para conseguir que o PSOE e Zapatero perdan as próximas eleccións. Está claro que o primeiro partido da oposición non foi capaz, case tres anos despois, de dixerir a derrota electoral e intenta con tódalas súas armas atopar o seu 11M particular. Por agora sírvelle o atentado de Barajas.

Poderemos escribir e opinar o que queiramos, debatir, discutir ou falar; é igual o PP xa marcou a súa liña e ou estás ao seu favor ou senón es un mal español. Eles están en poder da verdade absoluta. Aínda que cometan erros. No ano 2000, sendo Rajoy o Vicepresidente primeiro do goberno, dicía do Pacto Antiterrorista: 

        No tiene sentido”. 

        “No aporta absolutamente nada”. 

        “La propuesta no es más que una maniobra publicitaria del PSOE para llamar la atención”.

        “Hay quien pretende sacarse conejos de la chistera para poder decir a la sociedad ‘yo también estoy aquí y a mi también se me ocurren cosas’”.

Agora para Rajoy o Pacto Antiterrorista é un acordo fundamental para a loita contra ETA e pídelle a Zapatero que volva ao pacto, pero debeu de esquecer que este acordo di que o terrorismo é un problema de Estado e que ao Goberno de España correspóndelle dirixir a loita antiterrorista.

Anuncios

enero 17, 2007 at 11:12 am 4 comentarios

Entre gaitas e guitarras, eu dialogo

Preciso das mensaxes que me teñas que mandar

Para entender por onde vas, se vés as cousas

Coma min porque se cadra tés razón, ou non, se cadra a teño eu,

Ou non, se cadra tela ti

Mais pode ser que teña eu, ou eu ti, ou pode que ningún dos dous

Pode que ningún dos dous

E diálogo! 

Escoita, di algo, eu escoito

E diálogo!

Para os que non coñezades esta texto direivos que é un anaco da letra da canción “Eu dialogo! Logo Existo!”, composta por Fran Vázquez para a celebración das vodas de prata do Parlamento de Galicia.

Pois este anaco de letra é moi axeitado para o que aconteceu estes días no Parlamento de Galicia coa interpretación do himno galego e que serviu para orixinar unha liorta entre o BNG e a presidenta do Parlamento. Ao BNG non lles gustou que durante a interpretación do himno galego soase unha guitarra, e como non, o seu portavoz, Carlos Aymerich, puxo o grito no ceo, e a presidenta do Parlamento chamoulles ignorantes aos deputados nacionalistas. ¿Iso é o diálogo ao que nos invitan desde o Parlamento de Galicia?. ¡¡Mal exemplo nos dan !!.

Eu ás veces non entendo estas polémicas infantís e estériles que se montan por cousas sen importancia. Comprendo que non lles gustase a todos a versión parlamentaria do himno galego, pero como creación cultural merece un respecto por parte dos críticos. Ao fin e ao cabo a guitarra é un instrumento universal, e os seus acordes non son propiedade exclusiva de ningunha comunidade, pais, nación ou estado; ao igual que a gaita, instrumento que por certo non di en ningún lado do Estatuto de Galicia que é o único no que se debe de interpretar o himno galego.

¿Que sentirán a maioría dos galegos e galegas cando ven aos nosos representantes políticos “pelexar” por tan transcendental asunto para Galicia?. Mentres Zapatero se reunía con Rajoy na Moncloa para falar do proceso de paz, o consello de ministros aprobaba a suba das pensións, ou se facía reconto das participacións de lotería, Villarino e Aymerich discuten se guitarra ou gaita. ¡¡Ao final vai ser certo que somos un pais de pandereta!!.

diciembre 23, 2006 at 2:39 am Deja un comentario

Non todos son iguais

 

É moi habitual escoitar a frase “todos son iguais” cando se fala dos políticos. Eu teño que confesar que cada vez que sae o paisano de turno facendo en voz alta ese comentario póñome de mal humor, por unha razón moi sinxela: ¡¡non é certo!!.

Coma en tódolos oficios do mundo, na política hai persoas boas e malas, hai políticos corruptos, pero tamén os hai honrados. Non todos os que se dedican ao mundo da política son cargos públicos que cobran pola súa dedicación exclusiva, tamén os hai –a maioría- que traballan oito horas ao día e despois de cumprir coa súa profesión quítanlle horas ao seu tempo de lecer para realizar unha labor no seu concello ou na súa agrupación. Pero destes ninguén se acorda. Véñenme agora á cabeza varios nomes: Manolo de Outes, que traballa nunha panadería; Gerardo de Boiro, que traballa nunha ferretería; Cruz de Toques, que é mestra; Inés de Santiso, Guiadanes de Gondomar, Genaro de Bergantiños, Dulcinea de Sanxenxo, Lara de Cervo, Pedro de Friol, …, centos e centos de persoas que traballan a diario por defender aquilo no que cren sen recibir nada a cambio, excepto unha satisfacción moral.

Por iso na política, non todos somos iguais, nin sequera parecidos. Mentres algúns sucumben á tentación do capital, e se venden miserablemente por un “puñado” de euros, outros optan pola honradez e por durmir tranquilos aínda que sexa de xeito máis humilde. Lembro agora a Pascual Codina, que rechazou  300 mil euros dunha construtora para que lle facilitara a concesión do servizo de recolleita de lixo en Xábia (Valencia). Pero, cantas persoas das que empregan a frase todos son iguais, pensaron ao escoitar a nova de Pascual Codina dixeron: ¡¡ que gilipollas, si fose eu… !!.

Afortunadamente, non todos somos iguais. A maioría son coma Pascual, Manolo, Gerardo, Cruz, Inés, Guiadanes, ….

diciembre 20, 2006 at 7:31 pm 5 comentarios


Calendario

abril 2019
L M X J V S D
« May    
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930  

O meu Twitter

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.