Señores e “señoritos”

Proposta de edificación en Vimieiro

Nesta vida podémonos atopar con distintos tipos de persoas, e como di un bo amigo meu “de varias condicións humanas”. En Boiro –como en tódolos sitios- hai persoas que se dedican a traballar para poder vivir da forma máis digna posible, algúns incluso que se preocupan e lle dedican parte do seu tempo a defender e loitar polos dereitos da maioría. E outros que pensan que os demais traballan para que eles poidan vivir o mellor posible, e que pensan unicamente en si mesmos, e na defensa dos seus intereses en exclusiva. Permitídeme que non poña nomes, pero creo que todos sabedes quen son. 

Precisamente esa é a diferencia entre os señores e os “señoritos”. Os “señoritos” cren que son o ombligo do concello e que todo o que se fai xira en torno a eles, en resumo que teñen un ombligo coma unha praza de touros; teñen o dereito de poder facer o que queiran, e se lles dis algo estalos a perseguir. Poden contaminar sen que pase nada, ¡eles son os máis limpos!; poden insultar sen que os demais se enfaden, ¡eles son os máis educados!; poden ameazarche sen que te sintas aludido, ¡eles son os máis decentes!; poden construír máis alto ca ninguén sen ceder nada, ¡eles son máis xustos!. En definitiva, eles (os “señoritos”) poden porque teñen o poder, e os demais (os señores) debémoslle respecto, vasalaxe e obediencia. Porque se non é así: !persecución¡. 

Pero o peor é cando se atreven a xogar coa humildade, a modestia e o temor da xente e úsanos como “escudos humanos” na defensa dos seus intereses persoais e empresarias; porque os “señoritos” son os que teñen o Poder, e a razón –segundo din-.

Anuncios

diciembre 7, 2006 at 12:43 am Deja un comentario

Pasen e escoiten: Núñez Feijoo en estado puro !!

¿Por que os africanos do norte, os europeos do leste ou calquera que non teña sangue española pode ter a nacionalidade?. Esa pregunta facía Alberto Núñez Feijoo nun mitin en Bos Aires fai poucos días.

E a min sorpréndeme enormemente que un home coma el, que representa unha “renovación, un cambio de estilo e políticas novas” –segundo di a nova web do PPdeG– poida amosar esas ideas racistas e xenófobas. Nin Fraga se atrevera a eso. Ben é certo que don Manuel insultou aos homosexuais, faltoulle ao respecto ás mulleres, dixo que os golpistas do 23-F eran persoas de boa vontade, definiu como menudencia os abusos sexuais, …, etc. (visitade a fonoteca da Cadena SER). Pero nunca se amosara racista.  Entón, me pregunto eu: a renovación de Núñez Feijoo, cal é?. A de tocar aspectos que o ex presidente da Xunta non tocou?, a de renovar o repertorio de insultos do seu predecesor?. 

Viva a democracia, a liberdade de expresión e a diplomacia de Alberto.

E que opinará Hortense Ngbapai Bituyai?. Nacida no antiguo Congo Belga e Vocal do Comité Executivo de Galicia por Designación Presidencial.

diciembre 5, 2006 at 1:00 am 2 comentarios

30 de novembro de 2002

Paula con Nera ao dá seguinte do seu nacemento

Era un sábado chuvioso, aínda que ese día non baixei á rúa. Eva –a miña muller- e eu estabamos no Hospital do Barbanza. Ás nove da mañá a nos levaron da habitación na que ela estaba ingresada ata outra que se atopaba na primeira planta –creo-. Estivemos alí metidos todo o día, eu só baixei un momento a comprar o xornal La Voz de Galicia, que por sorte ese día traía de regalo un especial sobre o afundimento do Prestige.

Eva queixábase de dor, cada vez con máis frecuencia. Eu non podía facer nada, unicamente consolala e darlle ánimos. Mentres tanto lía o xornal e o especial do Prestige e comentáballe as novas a Eva –creo que non me facía ningún caso-. As dores ían en aumento, cada vez eran máis constantes.

Pero ao fin decidiuse a saír, cun mes de antelación e forzado. Eran as sete menos cinco da tarde. Non paraba de chorar –algo que aínda segue facendo con asisuidade-. Chámase Nerea, pesou 2,660 quilos e mediu 47 cm. e hoxe cumpre catro anos. Foi un dos días máis felices da miña vida. As sensacións que sentín ese día non as volverei a ter nunca, asistir ao nacemento dun fillo é algo inenarrable (cando Paula naceu tiven que saír da sala de partos).

A partires de aí empezou a soar o teléfono: meus pais, meus sogros, …., pero lembro sobre todo tres chamadas que me alegraron de especial maneira a de Lage (acabou sendo o seu padriño), a de Antón Louro (o meu xefe naquel intre) e a de Pepe Blanco. Non quero rematar sen deixar de vos contar que poucas horas despois de dar a luz Eva pediume (o certo é que me obrigou) a ir á manifestación de Nunca Máis. “Xa que eu non podo, tes que ir ti”, díxome. E como non, alí estiven baixo a choiva.

noviembre 30, 2006 at 2:07 am 8 comentarios


Calendario

octubre 2019
L M X J V S D
« May    
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  

O meu Twitter

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.