Quen son…?

Como o nome do blog indica, chámome Blas García. Tiven a sorte de nacer -no ano 1969- nun bonito concello da Ría de Arousa chamado Boiro, máis concretamente na parroquia de Cespón. Co esforzo dos meus pais -en especial- e o meu propio estudiei na Universidade Compostelá a carreira de Filoloxía Hispánica, aínda que debo dicir que o primeiro ano cometín o erro de matricularme en Dereito, e foi un fracaso espectacular; abandonei ao ano seguinte.

A maior parte da miña vida está vinculada á política, a miña gran paixón!!!. Desde mozo afilieime ao PSOE e ás Xuventudes Socialistas, e dende aí empecei a traballar e a loitar por defender unhas ideas nas que creo por riba de todo. Fun secretario xeral dos socialistas de Boiro durante cinco anos, e con anterioridade secretario comarcal das XSG do Barbanza.

Teño dúas nenas: Paula, que ten once anos, e Nerea, que ten seis. E delas non podo dicirvos outra cousa que non sexa que son o mellor que me pasou nesta vida.

Profesionalmente traballo, desde o ano 2001, na Sede Nacional do PSdeG -a rúa do Pino-. Estiven case sempre vinculado directamente á Secretaría de Organización, aínda que agora ocúpome da área das redes sociais e da Cibercomunicación, entre outras moitas actividades. Ademais fun Secretario Comarcal do Barbanza e membro do Comité Nacional Galego, e concelleiro en Boiro.

Outra das miñas paixóns é a rede. Estou enganchado ao Facebook, ao Twitter, … e a todo que precise dun ordenador ou dun móbil. E para máis ultimamente fíxenme un fanático de Apple.

Agora vivo en Bertamiráns, aínda que teño a Boiro presente todos os días nas miñas oracións, e vou a Cespón todas as semanas.

Creo que con esta chega, e o queira saber algo máis que me pregunte.

Un saúdo.

P.D.: Ahh!! E visca o Barça!!!


A %d blogueros les gusta esto: