Posts filed under ‘Autonómicas 2009’

O blog de Touriño

Blog de Touriño

Blog de Touriño

A pasada semana O Presidente abríu o seu vídeoblog en touriño.tv. Pero para darlle un maior repercusión agora decidíu abrir tamén un blog no que colgue os vídeos do youtube e as transcripcións do que conta.

Este diario de campaña do Presidente (voulle a cobrar dereitos de autor polo nome) actualizarase a diario. Espero que vos guste esta nova ferramenta dixital, a que espero que sexa duradeira e a súa vida se prolongue máis alá da campaña electoral.

Blog do Presidente.

Anuncios

febrero 19, 2009 at 3:41 pm 4 comentarios

DdC. Perdidos

Perdidos en Teis

Perdidos en Teis

Chegar ao Barco de Valdeorras é un largo percorrido,pouco máis de dúas horas se tarda desde Santiago. Bueno, nós tardamos algo máis, porque o GPS liouse un pouco e Castiñeiras un pouco máis. Non vos minto nin esaxero se vos digo que pasamos ata tres veces polo mesmo sitio, e que en Lalín viñemos por algúns sitios polos que difícilmente pasaba o coche. Creo que algún dos lugares estaban sin descubrir. Pero ao final, grazas á pericia de Castiñeiras, e sobretodo á divina providencia conseguimos chegar á estrada que nos conduciría ata O Barco. Teño que confesarvos que estou un pouco “acojonado” coa volta, porque se nos perdemos de día, de noite non sei a onde podemos ir a parar. Xa vos direi.

Que nos perdamos no coche non é habitual, só nos acontece todos os días. Sen ir máis lonxe onte pola mañá perdemos en Vigo, camiño de Teis, e chegamos a un sitio que non tiña saída (o da foto). Era unha casa onde remataba a pista pola que pretendíamos chegar ata o mercado de Teis. As risas no coche eran escandalosas, especialmente cando saíu cara nós ladrando un can enorme, e casti intentaba dar a volta ao coche nun sitio bastante pequeno.

E despois prodúcense miragres inexplicables, feitos para o estudio e a análise de Íker Jiménez. Onte camiño de Vilalba seguíanos un coche dun dos compañeiros de campaña, e o condúctor equivocousa ao coller a autovía. Nós fomos todo o tempo pola autovía ata Vilalba, e cando chegamos ao hotel no que se celebraba o mitin, resulta que xa estaban alí. Como é posible??. Teóricamente adiántaase máis pola autovía que pola estrada. Pois non sabemos que aconteceu, pero gañáronnos.

Pouco máis que contarvos que en Valdeorras fai frío, e que estamos a piques de empezar o acto, a xente empeza a chegar, e que estou un pelín triste.

febrero 18, 2009 at 11:52 am 2 comentarios

DdC. Casti, ti vales moito!!

Javier Castiñeiras

Javier Castiñeiras

Mitines, mercados, paseos pola rúa, etc. Desde o venres castiñeiras e eu levamos xa case mil quilómetros percorridos: Santiago, Vigo, A Coruña, Pontevedra, Vilalba; tres provincias recorremos nestes catro días, hoxe as tres no mesmo día. E como comprenderedes tantos quilómetros dan para moito, e máis cando se viaxa con Castiñeiras, un compañeiro único e unha gran persoa.

Casti ten unha preocupación, pensa que non se valora o suficiente o seu traballo, e en ocasións ten razón, xa que cando está ninguén pregunta por el, pero cando falta todos andamos preguntando: “onde está Javier?, a onde foi?, Javieeerrr!!!!”. E seguramente non sexamos capaces de trasladarlle o importante que é para o equipo de Rúa do Pino, e eu son quizais o que máis lle esixa e lle pide, pero é que en ocasións consideroo como un irmán pequeno.

Ademais, é unha persoa coa que nunca te aburres, sempre tenn unha anécdota que contarche, e ademais ten esa gracia galega, esa sorna e retranca tan nosa. Pois i maxinádevos o que é subirse nun coche que consume máis que o transbordador espacial, e que é coma un microbús de tamaño, sin GPS e con Javi e carecemos de sentido da orientación. As horas e os quilómetros dan para moito. Pero agora estamos acabando o mitin, e non podo contarvos ningunha anécdota. Deixoas para mañá.

AAAAAA.MMMMMM.

febrero 16, 2009 at 10:05 pm 8 comentarios

DdC. Non todo é política

Onte na Coruña tivemos un mitin impresionante con Zapatero e con Touriño. Pero non vos quero falar diso, hoxe quero que disfrutedes escoitando a tres rapazas: Ángeles, Carmen e Aixa, que teñen como nome artístico Gospel 3; e que cantan moi moi moi ben.

Durante o mitin de Riazor interpretaron unha versión góspel de “Quen puidera namorala”, unha versión adaptada por elas mesmas. Eu só podo dicirvos que son IMPRESIONANTES.

A.M.

febrero 16, 2009 at 6:30 pm 1 comentario

DdC. O títrico de Touriño

Luns nove de febreiro. Hoxe é o primeiro día da semana na que comezan as eleccións; como di un veciño meu: “xa queda menos”.

Agora mesmo estamos en Culleredo -exactamente en Vilaboa, como dixo o alcalde-. O Presidente acaba de chegar da súa viaxe por Arxentina e Uruguai, e case sen descansar veu a mitinear, e aí está dalle que te pego, …, hai que ver o aguante que ten. Eu non sei si sería capaz de facer as cousas que el fai.

Pero hoxe, quero contarvos unha anécdota, aparte de que temos coche novo, un Voyager moi moderno e bonito, todo negro e cos cristais tintados. Cando chegamos ao mitin, saíron a recibirnos á porta, deberon de pensar que viña o Presidente, e cando nos viron baixar a nós dicían todos: bohh!!, mira quen son!!. Pero Castiñeiras está encantado co seu coche novo e co GPS que trae pegado con velcro porque lle perdiu o soporte. Pero iso non é o que vos quería contar, que por certo, xa vos contarei un día porque a Castiñeiras lle chaman o rei do velcro.

A anécdota que vos quería contar é unha que me pasou o sábado pasado nun mitin en Bertamiráns, a onde se me achegou un home de Padrón, agarroume dun brazo e díxome:

– Non tes un títrico?. Eu quero un títrico.

– Ehh!!. A min doume a risa, pero mordín o labio intentando que non me vira. Que é o que queres?, díxenlle.

– Quero un títrico, me dicía mentras batía unha man contra a outra intentando explicarme o que era. Un títrico, non sabes?.

– Eu non podía aguantar a risa, porque ademais este compañeiro é dos que fala sempre, en todos as charlas que hai ten que dicir algo, e encima vai de intelixente e superlisto.

– Un títrico de Touriño, dicía; e seguía batendo unha man contra a outra.

– Dos de propaganda, díxenlle eu mordendo o labio para non rirme, porque había que verlle a cara que poñía.

– Non deses non, dos que anuncian os mítines, porque eu quero ir a todos, a escoitar a Touriño.

Aí xa me matou, quería un “títrico” dos mítines, un calendario de actos do Presidente para seguilo na súa xira. Que mérito ten este home!!. Tanto me emocionou e tan bo momento me fixo pasar que voulle a facer o títrico.

A.M.M.M.M.M.M.

febrero 9, 2009 at 11:39 pm 11 comentarios

Touriño en Bos Aires (Vídeo de Seba Lorenzo)

Seba Lorenzo volve a darnos unha primeircia desde Bos Aires. Se onte vos contaba que bloggers arxentinos se facían eco da visita de O Presidente a este país; hoxe Seba colga no seu blog un post sobre o macromitin de La Rural (Bos Aires), e regálanos un fantástico vídeo de seis minutos sobre a festa e o desenvolvemento do acto, que remata cunhas palabras de Touriño.

Non cabe dúbida, e eu levoo defendendo desde fai bastante tempo, que a rede é unha ferramenta extraordinaria, e bloggers como Seba fan posible que non existan fronteiras nin distancias para acceder á información.

Moitas grazas amigo!!

A.M.

febrero 8, 2009 at 4:11 pm 1 comentario

Bloggers arxentinos con Touriño

sebablog

Bloggers arxentinos comezan a falar nas súas bitácoras da viaxe de Touriño a este pais. Seba Lorenzo é o primeiro que se fai eco da chegada do presidente da Xunta ao país do tango, e nos fala que o candidato de Zapatero -como el o define- celebrará un acto con máis de cinco mil persoas en Bos Aires.

A estas horas estase celebrando este mitin na Arxentina, do cal seguro que teremos máis novas na rede, xa que ao redor de 20 bloggers asistirán a este acto político.

febrero 7, 2009 at 9:52 pm 1 comentario

Entradas antiguas Entradas recientes


O máis ollado

Calendario

agosto 2019
L M X J V S D
« May    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  

O meu Twitter

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.