Posts filed under ‘Barça’
Grazas, grazas, grazas!!!
En menos dunha semana escribo dous post sobre o Barça, e é a primeira vez que o fago. Teño que confesarvos que ao inicio da tempada non tiña demasiada confianza nos éxitos deste equipo, especialmente porque a excepción de Alves, o resto das fichaxes non prometían moito; e Guardiola, como entrenador non me entusiasmaba, sobretodo porque a súa traxectoria ao fronte dos banquillos era escasa, case nula.
Pero, afortunadamente, teño que dicir que estaba equivocado; sobre todo con Guardiola, o cal demostrou durante esta tempada que a experiencia é importante, pero non o é todo, ás veces o que importa é as gañas, a ilusión, o querer, a convivenci, o grupo, o equipo, …, e Pep supo xerar todo iso nun equipo que na tempada anterior carecía de todo.
Este Barça fíxonos desfrutar a todos e a todas, non só aos barcelonistas -ou cataláns-, a calquera persoa que lle guste o fútbol, sexa do equipo que sexa, seguro que lle encantou ver xogar ao equipo de Guardiola. Eu, como dicía, escribo dous post nun intervalo de cinco días, e ao mellor non volvo a escribir máis nesta tempada, pero o que non cabe dúbida é que este Barça foi o mellor equipo, pode ser que non gañemos nada, ou pode ser que o gañemos todo; pero ninguén poñerá en dúbida a clase de Xavi e Iniesta ou Messi, o pundonor e a forza de Puyol ou Piqué, a entrega de Alves ou Eto’o, o talento de Henry, en definitiva o estilo, a loita e o bo xogo do FCBarcelona.
Nós, por sorte, aínda podemos seguir soñando coa Liga, a Copa do Rey e a Champions; outros, por desgracia, só poden ter envexa e buscar escusas para as nosas victorias.
CCAMA
Un premio ao traballo
Xavi Hernández é un deses xogadores que non pasa desapercibido nun campo de fútbol, pero que non chega nunca á categoría de crack. É un futbolista humilde, calado, …, un currante con clase que pasa desapercibido durante un partido, porque son outros os que levan os trofeos, os parabéns e saen nas fotos. Pero que cando non xoga todo o mundo o bota en falta, xa que na engranaxe do motor do equipo unha parte importante non está.
Xavi xoga para o equipo, é deses xogadores que é capaz de facer estrelas a outros, porque é o que dá o último pase para que o dianteiro meta o gol que o levará á fama, é o que canaliza, dirixe e distribúe o xogo para que todo o equipo sexa capaz de gañar os partidos.
Pero de vez en cando alguén é capaz de recoñecer e valorar o traballo de persoas como Xavi, e danlle un premio. Por iso, que o xogador de Tarrasa fose recoñecido como o mellor futbolista da Euro2008, non é un premio só para el, tamén o é para todos os que son como el.
Xavi non vende camisetas, nin ten contratos publicitarios millonarios, pero el xoga ao fútbol. Bravo Xavi!!
Dobre ou nada
O Barça decidiu xogarse esta tempada á ruleta, e apostou en Manchester a dobre ou nada e ao final, como case sempre nestes casos, saíu nada.
É unha mágoa que un equipo –este ano máis ben un grupo de amiguetes millonarios- coma o Barça pase unha tempada en branco –que non merengue- e o peor é que xa é a segunda. E encima dando o espectáculo bochornoso que deu este ano.
É certo que hoxe en Manchester xogou un bo partido, pero víronse as carencias tamén máis que nunca: un equipo con pouca forma física, un Eto’o totalmente desatinado e falto de “olfato”, unha defensa débil, Iniesta mal colocado e en baixa forma, …, e un adestrador perdido e sen confianza; do presidente é mellor non falar. Se o Barça fose aquel equipo con ilusión e que disfrutaba xogando ao fútbol outro galo cantaría, pero o que hai é o que hai.
Esta tempada, nada de nada!!, pero eu espero que esto sirva para reflexionar aos dirixentes culés e invistan en novos xogadores e un adestrador. E que procuren que estes novas adquisicións aprendan principalmente a sufrir, a suar e a querer as cores do club, e non sexan meros mercenarios.
De todas formas: VISÇA EL BARÇA!!!!!
Adeus á Copa

Non sei que lle pasa a este Barça!!. Hoxe os barcelonistas sufrimos a nosa enésima decepción esta tempada, porque este equipo non acaba de arrancar. Eu, alomenos, levo desde o comezo esperando que o xogo mellore e empecemos a gañar, pero nada de nada, cada partido é unha pequena desilusión.
Esta vez foi en Valencia, coa resaca das fallas o equipo que dirixe Koeman e Bakero –dous ex barcelonistas ilustres- acabou por prenderlle lume ao “ninot” blaugrana. Nin Eto’o, nin Puyol, nin Valdés, nin Milito, nin Xavi, nin Iniesta, …, ningún estivo á altura das circunstancias e sucumbiron ante un equipo mediocre que está dando máis que falar polo espectáculo extra deportivo que polo seu xogo.
Cada vez que vexo un partido do Barça lembro con nostalxia a aquel equipo que daba espectáculo, que presionaba e atacaba con orden, e que transmitía unha maxia especial; agora só vexo un grupo de xogadores sen ideas, sen clase, que semella que estean aburridos ou cansos de xogar ao fútbol. ¡¡Canto boto de menos ao Dream Team!!
E a pesares de todo o FC Barcelona ata hoxe aínda aspiraba a gañar tres títulos, pero de seguir así, de non xurdir unha milagre as vitrinas do museo do Nou Camp van a quedar como estaban.
Leo Messi, ¡¡un crack!!
Non sei se Leo Messi vai a ser o mellor xogador de fútbol do mundo, e moito menos que sabe se chegará a ser parecido a Maradona. O que si sei é que neste vídeo podedes ver dez fantásticos goles dun rapaz de 19 anos que ten un prometedor futuro e que conseguiu goles tan fantásticos coma o do Xetafe, ou o último que marcou na Copa América contra México.
Sen dúbida,o que Leo Messi conseguirá e que falemos moito del.
¡¡Menudo erro de Oleguer!!
Oleguer, o xogador do Barça, cometeu tres erros imperdoables para os tempos que corren en España actualmente: pensar, ter opinión propia e non ser politicamente correcto. E erros dese calibre acábanse pagando caros porque a certos sectores políticos e mediáticos españois non lles gusta que poida saír alguén con certa repercusión pública e manifeste unha opinión contraria á liña que eles intentar marcar diariamente.
Oleguer é un chaval de 27 anos, estudiante de Económicas, que se manifestou en diversas ocasións de esquerdas, involucrado en diversos movementos sociais e cunhas ideas e un ideais que non dubida en defender publicamente. É dicir, un raro exemplar no conformista mundo do fútbol, onde a gran maioría dos galácticos deste deporte só se preocupan por facer contratos millonarios, ter coches deportivos, vestir roupa de marca, …; e os que non son galácticos soñan con chegar a ser.
E como non é habitual que un deportista de elite opine e se molle en temas políticos, xa que unicamente estamos acostumados a escoitarlles pronunciar frases tópicas e baleiras, xa o apunta Loli Rodríguez no seu blog. Oleguer Presas converteuse nun cabeza de turco, un aviso ao resto de futbolistas no que parece que se lle está a dicir: “non pensedes, e se por casualidade o facedes …. calade”. Iso é o que optou por facer a empresa de roupa deportiva Kelme que patrocinaba a Oleguer, e decidiu romper a súa relación contractual por falar e opinar. ¡¡Viva a liberdade de expresión!!.
Eu vou a confesarvos que non habitúo a mercar cousas de Kelme, pero a partires dagora non teño pensado gastar un euro nesa marca.
No fútbol triunfa a destrucción
Acábome de enterar que Fabio Cannavaro é o mellor xogador de fútbol do mundo. Non contentos con darlle o balón de ouro, agora danlle o FIFA World Player.
Eu, se mo permitides, quero amosar o meu rexeitamento a que ao xogador italiano se lle conceda o premio de mellor xogador do mundo. É certo que gañou o scudetto coa Juventus, é certo que gañou o mundial con Italia, pero ¿fíxovos disfrutar do fútbol?, ¿en cantos partidos foi decisivo para que gañase o seu equipo?, ¿pagariades unha entrada por ir a ver a Cannavaro?, …
Aos que nos gusta o fútbol, gústanos disfrutar, divertinos, soñar, emocionarnos durante un partido, e ás veces, aínda que sexa cun xogador doutro equipo que non sexa o teu. Lembro á afición do Real Madrid a tempada pasada no Bernabeu cando se puxo en pé para aplaudir a Ronaldinho. Eso só o conseguen as estrelas, os cracks, os mellores xogadores do mundo.
Hai futbolistas que gañan partidos. Ronaldinho é un deles, ou incluso o foi o propio Zidane. Pero Cannavaro é un excelente defensa, un magnífico defensa que carece da maxia, da creatividade e da espectacularidade para ser o mellor xogador do mundo. A diferencia é que Ronaldinho crea, inventa, constrúe, …, e Cannavaro destrúe, frea, desfai, …
E eu pregunto, ¿porque Cannavaro e non Buffon –o porteiro da Juventus-?. Xa postos, ambos teñen os mesmos méritos.
Grazas Roni
Despois de ver onte o partido do Barça, e disfrutar da actuación e do último gol de Ronaldinho, o único que poido dicir é: Grazas Roni.
Comentarios