Posts filed under ‘Familia’

Lage, un amigo. Intervención no Congreso de A Coruña

Lage é un bo amigo meu, un moi bo amigo. Sempre o digo, é tan bo amigo que é o padriño de Nerea, a miña filla pequena.

Eu coñezo a Lage desde fai moitos anos, tiña el catorce e eu andaba polos vinte, e coincidimos en Xuventudes; por eso sempre o considerei coma un irmán. Digo todo esto, porque eu nunca cambiarei a amistade nin polo poder, nin por intereses e moito menos por medo. Eu hai que algo que respecto por encima de todo, e iso son os amigos de verdade.

En política coñeces a moita xente, convives e traballas con moitas persoas. Pero amigos só fas uns poucos, moi poucos; chéganche os dedos dunha man para contalos. Pero eu estou contento, porque no meu paso por este anaco da miña vida atopei a unha persoa como Lage, atopei a un AMIGO.

Estes vídeos que vos colgo aquí é a intervención de Lage no Congreso Provincial de A Coruña. Ese congreso no que dou o paso ao fronte e se presentou como candidato á Secretaría Xeral. Neste congreso Lage tivo unha intervención brillante, que lle saíu da alma; unha intervención na que se nota que cree, quere e respecta a este Partido e aos seus militantes e simpatizantes. Non gañou o congreso, eso xa todos o sabemos, pero gañou o respecto de moitas persoas que desde ese día saben que hai futuro, que hai esperanza, ilusión, esforzo, traballo, … pero que vos podo decir eu, non sería imparcial porque é AMIGO MEU

AM


diciembre 17, 2009 at 2:58 pm 2 comentarios

7 anos ás 7

Ela é especial, distinta. É cariñosa, porque sabe como camelar. Cando quere, é capaz de engancharse ao cuello e abrazarche e bicarche e dicirche canto che quere, e … como podes dicirlle que non, é imposible.

Pero tamén, cando quere, pode ser a máis caprichosa e a máis chorona, eu dígolle moitas veces que se houbese un campeonato de choróns, ela sería medallista.

Nerea é unha nena alegre, cunha capacidade enorme para facer amigos, para relacionarse, e para ligar. Si, si, para ligar!!. Segundo conta ela, xa tivo doce mozos, nunha ocasión chegou a ter dous ao mesmo tempo. Lembro un día que viñamos no coche Paula, ela e eu, e nos viña contando as súas aventuras e desventuras amorosas, e que a ela lle gustaba un tal Marco, que fora mozo dela pero que a deixara; Paula díxolle que a deixara porque lle pegaba, e ela toda seria di: “papá, le pegaba porque le gustaba”. Eu non sabía que facer, dábame a risa, pero púxenme serio e díxenlle que non se lle podía pegar a ninguén, pero lembro aínda a cara que puxo e a súa forma de dicilo.

Nerea é a alegría, a sinceridade, o cariño, … é a princesa. E onte estivo de cumple, onte ás 7 da tarde cumpleu sete anos. Onte foi o día da tarta, dos regalos, dos xogos, dos amigos; onte foi o seu día, no que ela é a protagonista, tal e como lle gusta.

F E L I C I D A D E S

Fotos do cumple en Flickr ou Facebook

AM

diciembre 2, 2009 at 12:56 am 2 comentarios

DdC. Casti, ti vales moito!!

Javier Castiñeiras

Javier Castiñeiras

Mitines, mercados, paseos pola rúa, etc. Desde o venres castiñeiras e eu levamos xa case mil quilómetros percorridos: Santiago, Vigo, A Coruña, Pontevedra, Vilalba; tres provincias recorremos nestes catro días, hoxe as tres no mesmo día. E como comprenderedes tantos quilómetros dan para moito, e máis cando se viaxa con Castiñeiras, un compañeiro único e unha gran persoa.

Casti ten unha preocupación, pensa que non se valora o suficiente o seu traballo, e en ocasións ten razón, xa que cando está ninguén pregunta por el, pero cando falta todos andamos preguntando: “onde está Javier?, a onde foi?, Javieeerrr!!!!”. E seguramente non sexamos capaces de trasladarlle o importante que é para o equipo de Rúa do Pino, e eu son quizais o que máis lle esixa e lle pide, pero é que en ocasións consideroo como un irmán pequeno.

Ademais, é unha persoa coa que nunca te aburres, sempre tenn unha anécdota que contarche, e ademais ten esa gracia galega, esa sorna e retranca tan nosa. Pois i maxinádevos o que é subirse nun coche que consume máis que o transbordador espacial, e que é coma un microbús de tamaño, sin GPS e con Javi e carecemos de sentido da orientación. As horas e os quilómetros dan para moito. Pero agora estamos acabando o mitin, e non podo contarvos ningunha anécdota. Deixoas para mañá.

AAAAAA.MMMMMM.

febrero 16, 2009 at 10:05 pm 8 comentarios

6 anos

Nerea e Paula

Nerea cumpre 6 anos. Leva varias semanas falando do seu cumpreanos: a quen invitar, onde ía a celebralo, que regalos lle farían, que tarta comería, … E despois de tanto tempo pensando, facendo plans sobre a súa festa, …, xa rematou. Que mágoa!!. Dúas horas xogando coas súas amigas, tarta, regalos e xa rematou. Pero Nerea está contenta, está feliz porque ten moitos regalos: muñecas, roupa, un patinete, colonia, etc. Esto é o mellor dos “cumples”.

Nerea xa cumpriu seis anos!!. O tempo pasa. É difícil esquecer aquel 30 de novembro ás sete da tarde, cando un bebe pequeno, moi pequeniño, empezou a chorar. Desde aquel día ata agora pasaron moitas cousas, pero o importante é que Nerea segue medrando e cumprindo anos, celebrando festas e recibindo regalos. E chorando coma o primeiro día.

Felicidades Pitufa!!.

noviembre 30, 2008 at 6:14 pm 4 comentarios

De concerto

O venres estivemos no Multiusos do Sar no concerto de Juanes. Fomos varios compañeiros de traballo: Víctor e a súa dona Pilar, Fernando Martínez, Eva, Ánxela, a miña muller –Eva– e eu. Alí atopámonos con bastantes coñecidos que tamén decidiran ir a disfrutar da música deste fantástico cantante colombiano.

Ás cancións máis populares: La camisa negra, Volverte a ver, Para tu amor ou a Dios le pido, coa que comezou o concerto; sumou as cancións máis novas, as do seu novo disco La vida es un ratico. O concerto foi subindo en intensidade e forza a medida de que pasaban as cancións, e rematou despois de dúas horas de calor intenso e de moito baile e suor.

Eu, a verdade, ía un pouco temeroso, xa que a acústica do Multiusos non é a mellor para este tipo de concertos, pero teño que recoñecer que ao final o son era bastante bo, e as gorxas das máis de sete mil persoas que estabamos alí disfrutamos enormemente cun concerto maxistral.

A min gústanme todas as cancións de Juanes, pero especialmente Fotografía, que canta con Nelly Furtado, aínda que o venres cantouna el só.

junio 21, 2008 at 12:08 am Deja un comentario

10 anos!!!!

paula_cumple_regalos.jpg

Paula cumpriu 10 anos. Xa 10 anos!!!. Hoxe foi o día das amigas, da tarta, dos regalos, dos xogos, da festa, …; pero a única realidade é que o tempo pasa e aquela neniña tranquila, a “peque” vai medrando –afortunadamente-.

Felicidades Paula, e que cumpras moitos máis.

paula_cumple.jpg

marzo 30, 2008 at 10:33 am 1 comentario

O homeLAGE

O venres foi unha noite moi emotiva, xa que tivo o seu colofón o que Xaime denominou a “operación HL”. Durante varios días unha comisión encargouse de organizar o homeLAGE, que consistía única e exclusivamente en facerlle unha homenaxe de despedida das Xuventudes Socialistas ao compañeiro e amigo José Manuel Lage, xa que a vindeira semana cumpre a idade na que se debe de abandonar a organización xuvenil.A operación non era nada doada xa que o obxectivo fundamental era conseguir que Lage non se decatara da sorpresa que lle tiñamos preparada, algo tremendamente complicado, xa que Lage ten un olfato especial para enterarse de todo o que acontece ao seu redor. Despois o outro obxectivo era poder xuntar a distintas persoas que coincidimos con el ao longo da súa etapa nas XSG, ou que manteñen unha relación de amizade.

Ao final todo saíu á perfección, sorprendentemente non se decatou de nada, aínda que algún dos membros do comité organizador –Fernando Martínez– sospeitaban días antes do evento que sabía algo; e, o obxectivo de reunir a varias xeracións das Xuventudes e aos amigos tamén se logrou. Encarna Santos, Rafa García, María Rivas, Antón Noceda, Eva Rivero ou eu mesmo dos máis veteranos; Xaime Méndez, Loli, Alfredo, Fran, Fariña, Mon ou Fernando dos da súa xeración; Iván, Tamara, Silvia, María Torres, Julio Castela, Yaiza dos máis novos; e, amigos como Fontenlos, Vicky, Manolo e Enrique de Outes, Fernando, Mª Elena, Sara, Toñita, Carnota, Xaime, …

A chegada de Lage foi tremendamente emocionante, xa que todos os presentes estabamos pendentes da cara que poñería cando nos vira alí a todos e todas, e debo de confesarvos de que nunca vira a Lage tan nervioso, a súa cara amosaba unha tremenda expresión de asombro. Mentres camiñaba facendo xestos de sorpresa e confusión soaba a música do PSdeG-PSOE, despois cantaron unhas pandereteiras e o homenaxeado rematou dándonos unhas palabras nas que a frase máis repetida era “… e que non sei que dicir”. Para rematar Yaiza foi a encargada de entregarlle un xarrón de recordo e como agasalle de todos e todas os asistentes.

De Lage eu podería dicir moitas cousa, porque levamos vividas moitas andanzas, tanto políticas como persoais. Eu sempre me lembro daquel rapaz de catorce anos que coñecín unha tarde en Noia durante unha xuntanza das Xuventudes Socialistas do Barbanza e que me sorprendeu polas súas ideas tan claras e polo seu afán que poñía na súa defensa. Lage, desde logo non é perfecto –como calquera de nós-, pero é unha boa persoa, un bo político e un mellor amigo, e sobre todo ten moi claro que é e de onde vén. José Manuel para min, ademais dun compañeiro de partido é máis que un amigo, é o meu irmán pequeno.

febrero 16, 2008 at 11:27 am Deja un comentario

Entradas antiguas


Calendario

agosto 2017
L M X J V S D
« May    
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  

O meu Twitter

Error: Twitter no responde. Por favor, espera unos minutos y actualiza esta página.

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.