Posts filed under ‘Medios de Comunicación’

A campaña “Me dijo mi primo …”


Rajoy ten que estar contento, porque leva uns días que só se fala del. Bueno!!, del e da súa familia.

Xornalistas, políticos, científicos, un premio Nóbel, ecoloxistas, …, moitos son os que saíron a felicitalo pola súa concepción do medio ambiente e do cambio climático; e por unha vez don Mariano, ese que aspira a ser presidente dos españois, conseguiu poñelos a todos de acordo: Meteu a pata ata o fondo, e demostrou unha ignorancia supina sobre o medio ambiente.

Na área de Comunicación do PSdeG-PSOE empregando o inxenio elaboraronse unhas cuñas de radio nas que ironizaban co xa famoso primo de Rajoy e o problema do cambio climático. Estas cuñas que foron emitidas en Galicia o mércores, pola tarde, e o xoves, e tiveron unha repercusión mediática importante e inesperada. Co audio destas cuñas da campaña “Me dijo mi primo …” decidiuse elaborar uns vídeos para colgar na web do PSdeG en youtube e na web psdeg-psoe.tv.

Pero o bo desta campaña e do seu éxito é que foi ideada, creada e gravadas as cuñas de radio en dúas horas, e os vídeos tamén foron elaborados noutro par de horas, e todo cos medios propios e persoais do PSdeG. Carnota –especialmente-, Patricia –cos vídeos-, Eva e Diego foron os artífices de que en media xornada de traballo a campaña “Me dijo mi primo …” tivese unha repercusión en internet e en varios medios de relevancia.

Agora mesmo a páxina de youtube ten máis dez mil visitas, pero ademais o vídeo está en Público, El País, La Voz de Galicia, 20 minutos, Xornal, El Mundo, ADN, Terra, …; e saíu nos informativos de Telecinco e TVE. E das cuñas de radio falaron en sitios como a Cadena SER (Hora 14 e Hora 25), Punto Radio ou Radio Intereconomía; e sen esquecerme dalgúns blogs e espazos de internet como La Huella Digital, Meneame, Escolar noticias, Chuza, Loli Rodríguez, …

Que queredes que vos diga??. Creo que foi un éxito e estamos bastantes satisfeitos do traballo realizado, sobre todo se temos en conta –como vos dicía- que foi todo cos medios técnicos e humanos do PSdeG, polo que creo que queda demostrada a profesionalidade.

Máis vídeos:

octubre 26, 2007 at 2:36 pm 6 comentarios

Pechan Aduaneiros!!

aduaneiros.jpg

Non podo crelo, eu só pensei que esas cousas pasaban coa Familia Real e El Jueves, pero non en Galicia tamén acontecen eses atentados contra a liberdade de expresión. E por encima, quen promove isto é unha poetisa chamada Yolanda Castaño, que é máis coñecida polas súas aparicións no programa da TVG Cifras e Letras –que presenta Paco Lodeiro- que polos seus versos.Pois si, o avogado da Raiña da poesía envioulle unha carta aos Aduaneiros para que retirasen da súa web o deseño gráfico “Tu Quoque Iolanda?” e os comentarios a el adxuntos, baixo ameaza de demanda xudicial por delictos de inxurias con publicidade. Resulta incrible que sexa unha escritora a que censure e denuncie as creacións de outros artistas.

Pero esta denuncia non está sendo unha simple nova e, como non podía ser doutra forma, a rede estase a facer eco e moitos son as webs e os blogs que se están solidarizando con Aduaneiros:

Galicia Confidencial
Chuza
Vieiros
Meneame
Código Cero
GZNación

Plataforma Ártabra 21
A porta de prismos
Arredemo
Apocalipse do porco
As túas balas
Beliscos pequenos
O mundo desde un chimpín
Diario dum suevo
O cartafol de silencios
Modestoweb
Neorama dos quadrinhos
O quilombo
Travesías arcanas
Movemento polos dereitos civís
Chantos na chaira
Galpón de Breogán
Zero vacas

Seguramente as reaccións serán moitas máis.

Actualización (17-10; 16:30h.):

La Opinión de A Coruna
Bitácoras punto.com
Agal-GZ
Xornal

Andrés Milleiro
Ana Bande
A Dorfunteca
Apocalipse do porco
Choutos
Marcus
Opaco
Si home si
Unha leituga en apuros
Xornal Aberto
Paraxe do incordio
O ruído dos días
Praza do Rei
Islas Cies blog
Entrecomics
Jorge Dioni
Rompendo o silenzo

octubre 17, 2007 at 1:26 am 15 comentarios

Galicia sitio distinto


Non cabe dúbida de que somos os mellores (modestia aparte), e por iso temos que estar orgullosos de ser galegos.

A min gústame a campaña de Gadis de “vivamos como galegos”, e o vídeo esta moi logrado, aínda que seguramente aparecerán algúns patriotas da pandeireta para dicir que este anuncio non reflexa o verdadeiro sentimento da Galiza.

octubre 16, 2007 at 6:25 pm 1 comentario

Adeus ás gaivotas

O titular desta nova do Faro de Vigo ten moita coña.

El PP urge medidas para reducir la colonia de gaviotas en el barrio histórico

Eu, nesta ocasión, coincido cos do PP de Vigo, porque as gaivotas son moi molestas e moi porcas.

octubre 10, 2007 at 6:39 pm Deja un comentario

“Paula azafata supermartes”

Paula de Ourense. Concursante de Gran Hermano 

Onte pola noite ao acceder ao blog atópome que as visitas subiran dun xeito espectacular, o cal me sorprendeu, sobre todo por ser un domingo, día que acontece precisamente o contrario.

Os post máis visitados do día foron Superpiñeiro returns e Superpiñeiro returns II, sorprendido sigo mirando as estadísticas e descubro que a culpable de todo isto é unha tal Paula de Ourense que traballou de azafata no Supermartes, e que entrou a concursar no Gran Hermano 9.

Pois dado que novos visitantes entran no meu blog por esta razón, a pesares de que nin coñezo a Paula de Ourense, nin nunca escribín nada sobre ela, deixarlle información que atopei na rede (polo de agora non hai moita):

E, como non, darlle as grazas a esta guapa ourensá e desexarlle moita sorte neste popular concurso de Telecinco.

septiembre 10, 2007 at 2:02 pm 2 comentarios

Espe cabalga a rede

esperanza_aguirre_padel

Sorprendente a foto de portada do xornal “La Razón” que nos amosa a unha “espectacular” Esperanza Aguirre nunha postura bastante comprometida.

“La Presidenta”, á que sempre lle gusta pasar inadvertida, posúe un amplo book fotográfico: xogando ao golf ou o pádel, facendo aerobic cun abrigo de visón, tocando a guitarra, facendo ximnasia, saíndo dun helicóptero accidentado, etc.. Só lle falta saír na portada da Interviu, aínda que os amigos de despuesdegoogle.com xa o fixeron posible cunha montaxe.

Pero a foto de “La Razón” amósano a unha Espe preparada para xogar ao pádel cunha indumentaria pouco apropiada, xa que ademais da súa chaqueta vermella, leva unha saia longa e vai descalza. O que non acabo de entender de todo é o intre da instantánea, xa que se atopa cabalgando a rede, non sei se porque xa rematou o partido e vai a felicitar a Gallardón –imaxínome que sería o contrincante-, ou porque aproveitou que estaban os fotógrafos e quixo situarse no centro da pista para amosar que ela non é tan de dereitas nin tan conservadora como din.

agosto 22, 2007 at 1:40 am 6 comentarios

Del Olmo secuestra a revista El Jueves

Portada de El Jueves secuestrada por o xuú del Olmo

Acábome de enterar que o xuíz Del Olmo mandou retirar dos quioscos o último número da revista El Jueves, na que aparece unha caricatura dos príncipes de Asturias en “actitud claramente denigrante y objetivamente infamante”. 

Non acabo de saír do meu asombro. A verdade é que o primeiro día que vin esta portada en internet pareceume un pouco forte, pero especialmente polo atrevemento e a valentía da dirección da revista, xa que non é habitual que se trate á monarquía deste xeito. 

A decisión deste “xuíz estrela” paréceme un completo erro e unha “real e soberana cagada”. A liberdade de expresión debe de afectarnos a todos por igual, e os membros da Casa Real non deben de ter privilexios –alomenos neste ámbito- sobre o resto dos españois. 

Ademais, o efecto que pretendía del Olmo vaise a volver en contra, xa que na época das novas tecnoloxías, de internet, dos blogs, …, o único que vai a conseguir este xuíz e darlle máis popularidade a esta portada -tódolos medios de comunicación se están a facer eco da nova- e conseguir que todo o mundo pretenda ver a caricatura de Letizia a catro patas e a Felipe dicindo o moito que traballa. Seguro que durante a dictadura esta tipo de decisións xudiciais tiñan un enorme efecto, ¿pero agora?. 

Eu, como quero colaborar na difusión desta portada censurada pola autoridade xudicial, cólgoa no meu blog, e quedo á espera de que o xuíz non ordene o seu secuestro.

¡¡VIVA A REPÚBLICA!!

julio 20, 2007 at 7:39 pm 5 comentarios

Outro/a Borbón. ¡¡Viva a Monarquía!!

SMS Infanta Sofá

Levo un par días intentando escribir algo sobre a nova da semana, pero ben por “vagancia”, ben por falta tempo fixo que non me tratara o tema real ata hoxe. Desde o pasado domingo os medios de comunicación estannos a bombardear co nacemento da Infanta Sofía. Que si foi de cesárea, que cal é o seu nome, que si a foi a visitar a irmá, que pesou non sei canto, os regalos que tivo, que a quen se parece, …, un exceso informativo para unha nova que debería ter unha repercusión non máis alá do anecdótico do feito que unha parella tivo o seu segundo fillo; aínda sendo todos conscientes de quen é a parella. Eu nestes casos sempre me pregunto quen elixe a importancia da nova, os medios de comunicación que nos bombardean a diario ou o cidadán que se senta diante da televisión.

Por outra banda quería comentar outro asunto que envolve este embarazo e posterior parto que me pon colorado, e que ningún medio de comunicación ou xornalista comentou ata o de agora –que eu saiba-, resulta que os partos da princeza Letizia tiveron lugar na Clínica Rúber, un hospital privado que se define como Desde su fundación en 1942, el Hospital Ruber se ha definido como una empresa cuya misión es dar servicios sanitarios privados excelentes. E o que me asombra de todo isto é que a Familia Real non poda ser atendida e tratada nun hospital público, o que amosa un desprezo real pola sanidade pública.

Remato deixándovos unha frase que lin no blog de Nacho Escolar:

Como cada día, han nacido en España alrededor de 1.287 niños. De ellos, cerca de 300 son hijos de inmigrantes. Sólo uno de esos bebés vivirá de tus impuestos”.

mayo 2, 2007 at 12:04 am 1 comentario

Gayoso anuncia a morte de El Fary no Luar

luar_fary.jpg

O pasado venres varios medios de comunicación se facían eco da enfermidade pola que atravesa El Fary; segundo parece sofre un cáncer de pulmón.

Pero o máis sorprendente disto é que o popular presentador do Luar, Xosé Ramón Gayoso, lanzouse o venres, durante a emisión do programa, a anunciar que morrera El Fary .

Tras un sketch de humor dun dúo denominado “Carmen e Gelines” apareceu Gayoso tremendamente triste e compunxido anunciado o falecemento do cantante madrileño. Pouco máis tarde durante a presentación dos “Chunguitos” comentaron os tres a nova tan triste e como se enteiraran.

Pero o realmente patético e lamentable, e creo que unha das imaxes máis tristes e vergoñentas que pode dar unha persoa é cando ao remate do programa e xa cos títulos de crédito sae correndo Gayoso pedindo que paren todo, e di: 

“A mitad de programa recibimos a noticia tremenda da morte de El Fary. Nos acaban de anunciar que no se ha producido. Mil disculpas desde aquí. …”

En definitiva, ¡¡Patético!!. E imaxínome que alguén asumirá a responsabilidade por este asunto. E espero que ese sexa o “profesional” de Xosé Ramón Gayoso. Director, presentador e propietario da productora do programa Luar; que deixou blindado o anterior goberno do PP.

Déixovos o vídeo do programa, pero está enteiro; os minutos claves son o 02:42:48 (anuncio do falecemento), o 2:54:40 (momento cos Chunguitos) e o 3:24:27 (remate do programa).

Tamén podedes acceder a el na web da TVG.

A verdade é que a nova ten a súa coña, e máis pasándolle isto ao Gayoso.

Actualización: Grazas a Apiferio que o colgou no Youtube e a Ivi que me avisou nun comentario deixovos o vídeo.

abril 16, 2007 at 12:29 am 15 comentarios

Os privilexios de Espe

Esperanza Aguirre díxolle a un xornalista da Cadena SER que lle estaba concedendo un privilexio por contestarlle a todo o que lle preguntaba. Iso nunca é un privilexio, é unha obriga, xa que Espe e o seu equipo foi o que convocou aos medios de comunicación a unha rolda de prensa. Sen dúbida, a presidenta da Comunidade de Madrid confunde o significado da palabra privilexio:

Vantaxe pola que alguén está libre dunha obriga ou pola que pode ter ou facer algo que os demais non poden.

Polo tanto privilexios son os seguintes:

Pero, que se pode esperar dunha franquista e dunha guerracivilista, tal e como ela se define.

marzo 30, 2007 at 1:16 am 2 comentarios

Entradas antiguas Entradas recientes


Calendario

septiembre 2021
L M X J V S D
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930  

O meu Twitter

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.