Posts filed under ‘Música’
Unha humilde homenaxe
Nunca destaquei polas miñas aptitudes nin para o baile nin para a canción. Aínda que sempre disfrutei escoitando aos bos (e boas) cantantes, e vendo aos bos (e boas) bailaríns. Pero poucos e poucas fixeron o que fixo Michael Jackson, que foi misturar unha estupenda voz cun manigfico xeito de moverse.
Gustábame tanto Michael que tiña a habitación chea de posters (foi do único que os peguei), e que tiven un dóberman que lle puxen de nome Michael; pero tamén vos contarei que na intimidade imitaba os seus bailes e as súas cancións, e os que me coñecedes podedes imaxinarvos a escena … eu botando gritiños: uaahhhh!! e dando voltas, e levantando a perna, e cantando: «is clous tumí nai, a sanzin ivos sunorkin in de dark …». MJ durante a miña xuventude foi un ídolo, un dos poucos dos que poido decir que fun “fan”.
Non vos vou a volver a contar outra vez a historia de Manolo Casais ou Josecho, porque xa o fixen fai case u ano, pero si vos vou a decir que Jacko ben merece unha lembranza nun día coma hoxe, no día no que nos deixou o máis grande, … no día en que nos reixou o Rei do pop.
AM
Ay Haití!!
Fantástica canción e boísimo vídeo, na que uns trinta artistas e algúns futbolistas famosos (Iniesta, «Kun» Agüero, Kaká, Sergio ramos e Forlán) aceptaron o reto lanzado polo produtor Carlos Jean (de orixe haitiano) para crear unha canción cuxos beneficios se destinarán, íntegra e directamente, a Intermón Oxfam para a reconstrución de Haití.
Artistas como Alejandro Sanz, Shakira, Bebe, Marta Sánchez, Miguel Bosé, OBK, La Oreja de Van Gogh, Estopa, David Summers, José Mercé, Naiwa Nimri, Zahara, Macaco, Juanes o La Mala Rodríguez; a actriz Paz Vega, etc sumáronse á iniciativa.
É importante destacar que todos os que participaron nesta canción renunciaron a cobrar nada, e que ata a SGAE non vai a cobrar ningún dereito. tamén é bo indicar que ITunes non renuncioa ao 30 % que cobra por descargarse as cancións.
Un bo xeito de colaborar. Haberá que animarse, non?
Descubrindo a Delafé y Las Flores Azules
O sábado pasado vento a MTV escoitei un temilla que me chamou a atención. A canción titúlase Espíritu Santo, e o grupo Delafé y las flores azules.
Esta formación barcelonesa composta por Oscar Daniello e Helena Miquel fai unha música cunhas letras próximas e pegadizas.
Espero que vos guste a miñas recomendación. xa me contaredes.
AM
In the ghetto … houlléaaaa!!
Elvis Presley, se vivise, cumpliría hoxe 75 anos. Nos Estados Unidos os seus «fans» están celebranbdo por todo o alto esta data, e eu non quería deixar pasar o día sen facerlle unha pequena homenaxe.
O vídeo que vos deixo é unha versión do seu famoso «In The Guetto», pero perpetrada polo fantástico Príncipe Gitano.
A razón de poñer esta versión é tamén para que os galegos e galegas nos vaiamos acostumando á lingua inglesa, porque dentro de pouco, e grazas ao decreto plurilingüe do noso amado presidente, Alberto Núñez Feijóo, en Galicia cantaremos en inglés coa soltura do … cantante? valenciano.
Para darvos envexa
Xa as temos!!. Chegaron hoxe. Beeeeen!!.
Nada, que só quería darvos un pouquiño de envexa coas entradas para o concerto de Fito & Fitipaldis na Coruña. O día 20 de novembro actuará no Coliseum, e a verdade é que non me dá chegado o día. Si gústame moito a música de Fito, e sobretodo as súas letras, porque máis que cancións, é pura poesía.
Pois eso, que alá nos iremos Eva e eu o día 20 (DM), a pesares de que ao día seguinte é o Congreso de Ourense, e durmiremos pouco, pero como di miña nai: «O corpo as fai, o corpo as paga».
Como despedida deixovos unha canción do novo disco. A canción titúlase «Catorce vidas son dos Gatos», e para min é unha das mellores, a pesares de ser «tristorra». Di cousas como esta:
«Que te traigan flores las mañanas
que no pases noches sin dormir
que el sueño se pose en tus pestañas
que uno de esos sueños me sueñe a mi»
Grazas. AM
MJ
Michael morreu fai xa varios días, e eu levo outros tantos intentando escribir algo sobre el, pero a pereza e a falla de tempo son os culpables de que non o fixera aínda. Pero, hoxe é o día, de hoxe non pasa, e iso é debido ao que sentín onte pola noite disfrutando dun concerto do gran Jackson na 2 de TVE.
Vendo e escoitando a Michael lembrei os bos momentos que pasei co Rei do Pop; eu nunca fun deses fans, nunca fun moito de ídolos durante a miña xuventude. Só fun seguidor de MJ e de Mecano, ambos os dous desaparecidos, aínda que por circunstancias distintas.
Pois si, onte pola noite lembreime da miña xuventude, da primeira vez que vin o vídeo de Thriller e o impactado que quedei, era fin de ano e ademais emborracheime con champán –a miña primeira borrachera-, aínda que non por culpa do vídeo. Lembreime tamén de Manolo Casais, un amigo do Colexo Galaxia que estaba tolo por MJ; lembreime de Josecho e o ben que o imitaba bailando, algo que eu nunca puiden facer, porque o ritmo nos pés nunca foi o meu. Lembreime dos posters da miña habitación, …, lembreime do tempo que pasou.
Michael tivo unha vida difícil, unha vida chea de excentricidades e marcada pola súa infancia; podía gustarche ou non, pero o que ninguén podía discutir era a súa capacidade, o fenómeno que era. Cantaba, bailaba, compoñía, producía, e facía todo ben, e ademais foi un innovador en moitas facetas do mundo da música.
Michael, grazas por facerme lembrar, polo ben que o pasei véndoche, escoitándoche. Ti sempre serás o mellor.
AMMA
Fuera de aquí
Ultimamente estoume adicando a facervos recomendacións musicais, unha especie de Joaquín Luqui, salvando as distancias, claro está.
Nesta ocasión preséntovos a unha rapaza que se chama Ondina Maldonado e que sacará o seu primeiro disco a principios de xullo, e como avance deixovos esta preciosa canción, que ademais foi a elixida nun programa de radio como o primeiro single do disco.
Despegar é o nome do disco de Ondina, a cal participou en varios musicais –entre eles Hoy no me puedo levantar-, e foi descuberta polo cantante, productor e director musical Javier Limón durante o casting de Enamorados Anónimos.
Bahhh!!!. Que no me lío máis e lembrade que Ondina vai a ser tres, dous ou un; como dicía o gran Luqui.
Unha recomendación: Vocal Tempo
Fai uns días por Área Central escoitei esta versión de Fito y Fitipaldis, e a verdade é que me sonou un tanto rara. E onte no coche, escoitando os 40, puxeron novamente a versión «La casa por el tejado», e o sorprendente é que a fai un grupo chamado Vocal Tempo, sen instrumentos, todo coa boca.
Escoitádeos, son sobretodo orixinais. Pero de todos os xeitos, nada comparable a Fito.
A.M.
DdC. Non todo é política
Onte na Coruña tivemos un mitin impresionante con Zapatero e con Touriño. Pero non vos quero falar diso, hoxe quero que disfrutedes escoitando a tres rapazas: Ángeles, Carmen e Aixa, que teñen como nome artístico Gospel 3; e que cantan moi moi moi ben.
Durante o mitin de Riazor interpretaron unha versión góspel de «Quen puidera namorala», unha versión adaptada por elas mesmas. Eu só podo dicirvos que son IMPRESIONANTES.
A.M.
Comentarios