Posts filed under ‘Persoal’

Unha humilde homenaxe

Nunca destaquei polas miñas aptitudes nin para o baile nin para a canción. Aínda que sempre disfrutei escoitando aos bos (e boas) cantantes, e vendo aos bos (e boas) bailaríns. Pero poucos e poucas fixeron o que fixo Michael Jackson, que foi misturar unha estupenda voz cun manigfico xeito de moverse.

Gustábame tanto Michael que tiña a habitación chea de posters (foi do único que os peguei), e que tiven un dóberman que lle puxen de nome Michael; pero tamén vos contarei que na intimidade imitaba os seus bailes e as súas cancións, e os que me coñecedes podedes imaxinarvos a escena … eu botando gritiños: uaahhhh!! e dando voltas, e levantando a perna, e cantando: “is clous tumí nai, a sanzin ivos sunorkin in de dark …”. MJ durante a miña xuventude foi un ídolo, un dos poucos dos que poido decir que fun “fan”.

Non vos vou a volver a contar outra vez a historia de Manolo Casais ou Josecho, porque xa o fixen fai case u ano, pero si vos vou a decir que Jacko ben merece unha lembranza nun día coma hoxe, no día no que nos deixou o máis grande, … no día en que nos reixou o Rei do pop.

AM

Anuncios

junio 25, 2010 at 11:40 am Deja un comentario

A Odisea de dar un alta en (Telefónica) Movistar

Non fai moito que Telefónica decidíu cambiar o seu nome comercial polo de Movistar. Segundo parece, entre outras causas, porque a marca Telefónica estaba moi desprestixiada, e en cambio á de telefonía movil pásalle todo o contrario, é unha marca ben valorada polos seus usuarios e usuarias.

Eu desde primeiros deste mes, concretamente desde o día 2 de xuño, estou intentando dar de alta en Telefónica-Movistar unha liña nova con ADSL, e podo confesarvos que ata o día de hoxe resultoume unha auténtica odisea. E atópome en disposición de afirmar con rotundidade que poden cambiar o nome da marca, pero non a prepotencia dos operadores/as do servizo técnico e moito menos a nefasta xestión comercial da empresa.

Podía detallarvos a infinidade de problemas que tiven desde fai case vinte días, e sobretodo as mentiras que esta empresa de telefonía me leva contando, pero voume a centrar en tres detalles para que comprobedes como “funcionan”.

Día 2 de xuño. O día da alta.

Para solicitar a alta non houbo ningún tipo de dificultade, pedíronme os datos que eu amablemente lles facilitei. Tiven certas dificultades para darlle a dirección, xa que a operadora que me atendeu non era española (deduxen polo seu acento) e custáballe entender nomes como: Rúa, Lavadoiro, Ortoño ou Ames; para atopar o concello botou preto de dez minutos, xa que ela me entendeu que o nome do concello era “Deames” e non o daba atopado … Son cousas que pasan, un erro teno calquera. Preto de vinte minutos despois conseguimos tramitar a alta.

Presuntamente tras chamarme o servizo técnico (que o fixo no mesmo día) tardaría entre 5 e 8 días.

Día 14 de xuño. A amable operadora

Deixei pasar máis dunha semana, e ao non ter máis novas da alta de liña e da ADSL volvín a chamar ao 1004. Tras a espera oportuna escoitando mensaxes publicitarias da marca, cólleme unha operadora. Explicolle que levo varios días esperando que me chamen e … A operadora pídeme os datos e pregúntame se estou noutro operador, contéstolle que non e ela dime que alí cónstalle que si.

Tras un breve debate sobre si estou ou non con outro operador de telefonía, e cousas sen interese a amable operadora dime que me tiveron que chamar xa do servizo técnico para informarme dunha incidencia. Eu pregúntolle a que número me chamaron, e dime que non o sabe, pero que cree que ao do outro operador … PERO SE NON TEÑO TELÉFONO NOUTRO OPERADOR!!.

Que si, que vale –dime a amable operadora- pero que se quero que me tramita outra nova alta e que teño que esperar outros 5 ou 8 días. Eu dígolle que non entendo como pode pasar iso, e pregúntolle cal é a incidencia. Ela dime cunha chulería impresionante … que lle conteste se quero que me tramite a alta, ou senón que me colga, eu que non acabo de entender a súa actitude, reitero a miña protesta e a amable operadora … CÓLGAME O TELÉFONO!!

Ese mesmo día e tras consultar no Facebook, Twitter, etc. a maioría das persoas dinme que Telefónica-Movistar é a empresa de telefonía que mellor servizo da. Polo que volvo a chamar e aténdeme un operador que me abre unha incidencia e dime que o que pasaba era que me faltaban algúns datos (entre eles o número de conta), pero que ao longo desa semena chamaranme do servizo técnico.

Día 21 de xuño. O desenlace

Antes desta chamada, volvín a poñerme en contacto co 1004 para informarme e sempre me decían o mesmo: “En los próximos días le llamará un técnico para instalarle el servicio solicitado”.

MENTIRA, MENTIRA E MENTIRA!! Non me chamou ninguén. Por iso hoxe volvo a chamar, e tras dúas chamadas previas, ás que unha me colgou despois de terme en espera, e outra se cortou. Por certo, contareivos que para acceder a través do 1004 tes que “introducir o número sobre o que quere realizar a consulta” (pídeche a grabación telefónica. E digo eu, se queres dar unha alta de liña nova, que número introduces?. Eu para que me atenderan “introducía” o de meus pais.

Pois como vos contaba, na terceira chamada do día cólleme un operador que me pide os datos e despois de estar en espera varios minutos dime que NON ME PODEN INSTALAR A LIÑA POR AGORA!! Como? –dígolle eu, tranquilo, pero enoxado. Si porque non sei que problema hain a centraliña, que non hai pares ou algo así, e que ESTOU EN LISTA DE ESPERA.

Mirade, non me queda máis remedio que estar en lista de espera para que me atenda un especialista no SERGAS, que remedio!! Pero, para contratar unha ADSL!! Nin de coña!! Que lle dean polo … a Telefónica, a MoviStar, a Alierta e a quen corresponda, pero este menda non está en lista de espera para unha ADSL. Será por operadores de telefonía, aos que só lles pido que non me engañen, que me digan a verdade.

Pois eso, que xa estou explorando outras alternativas. Eso si, teño que romper unha lanza na defensa das persoas que xestionan @movistar_es en Twitter, xa que amosaron interés en axudarme e solucionarme o asunto, pero pouco pudieron facer porque tampouco a eles lle facilitaban información.

junio 21, 2010 at 5:32 pm 1 comentario

A censura da Cadena SER

Paco GonzálezFai uns día Daniel Anido, Director da Cadena SER, e Rodolfo Irago, Director de informativos da mesma cadea, recibiron o premio José Couso á liberdade de prensa. Este premio vén dado pola condena dun xuíz de Madrid a penas de prisión e inhabilitación para o exercicio da profesión xornalística por revelación de segredos tras facer pública unha lista de afiliacións irregulares ao PP de Madrid.

A Cadena SER empezou desde ese día unha campaña de apoios aos dous xornalistas, nas que unha infinidade de persoeiros público e privados se puxeron do lado da liberdade de prensa, e polo tanto de Anido e Irago, xa que ambos a simbolizaban nese intre.

Non fai moitos días, creo lembrar que o pasado martes día 11, o recén premiado Daniel Anido inicio una Cadena que dirixe unha campaña de persecución e censura contra toda persoa que queira manifestar unha opinión sobre Paco González, un compañeiro de profesión (Director do Carrusel Deportivo durante 18 anos) e de emisora.

Segundo as informaciónns aparecidas, ambos mantiveron unha forte discusión por non coincidir nunha serie de criterios na programación da Cadena SER de cara ao vindeiro mundial, discusión que rematou en insultos e coa apertura de expediente disciplinario e suspensión de emprego e soldo contra Paco González. Desde ese momento houbo unha orde de Anido (secundada polo xefe de Deportes José Ramón de la Morena) para que ninguén en antena citase ao compañeiro expedientado. Pola súa parte nas redes sociais, unha vez se deu a coñecer o acontecido con Paco González empezou a medrar a onda de apoio e solidaridade co xornalista, organizándose grupos de apoio en Facebook, Tuenti, comentarios en Twitter e ata webs que piden a súa volta.

Pero o peor de todo esto é a censura imposta nesta cadea de radio, que ata o de agora enarbolaba a bandeira da liberdade de expresión e da imparcialidade. Os compañeiros de Paco González no Carrusel celebrado o mércores non podían falar so seu antiguo xefe, e a emisora decidiu censurar e prohibir calquera comentario dos ointes (mediante chamadas, mensaxes, foros, etc) que se referisen a Paco González. A censura da Cadena SER e de Daniel Anido chegou a cortar no podcast entrevistas (como a de Gerard Piqué) porque facían unha mención ao xornalista.

En conclusión, que a actitude amosada polos directivos da Cadena SER é realmente vergonzosa e totalmente repudiable, e máis a censura aplicada por Daniel Anido, un xornalista do cal se descoñecen os seus méritos profesionais, pero que como xefe non deixa de ser un mero inquisidor.

Eu, que son ointe habitual da Cadena SER desde fai moitos anos, teño que manifestar a miña decepción e dor, especialmente polo camiño que está a tomar esta empresa que deixa de atender aos seus ointes, de facerlles caso, só para ver cumplidos os egos dos seus mediocres directivos, os cales prefiren poñer unha venda nos ollos.

Un ejemplo é que agora mesmo o Grupo de apoio a Paco González en Facebook ten 88570 seguidores (desde o pasado mércores), máis do doble que o de Carrusel, El Larguero ou a propia Cadena SER. E a cousa na rede segue medrando.

Eu quero rematar dicindo, ánimo Paco, e viva a Liberdade de Expresión.

AM

mayo 18, 2010 at 7:05 pm 7 comentarios

Xustiza inxusta

Un antigo compañeiro de traballo dicía nunha ocasión que a “Xustiza está feita só para os ricos”; e nos últimos tempos semella que a Xustiza en España xa non é que teña unha venda nos ollos, é que perdeu a cabeza.

Canto máis escoito o que está a acontecer con Garzón, e xa teño dito neste blog nunha ocasión que o superxuíz non é santo da miña deboción, máis medra en min a desconfianza sobre a Xustiza. Aínda que verdadeiro problema son as persoas que aplican ese conxunto de reglas e normas; persoas que na maioría dos casos pensan que están por riba do ben e do mal e que ate se cren deuses. Eu teño coñecido poucos xuices, pero os poucos aos que tratei sempre che miraban e trataban cun halo de superioridade.

Aínda que me estou liando un pouco, o que quero decir é que se a Baltasar Garzón compañeiros seus de profesión se atreven a facerlle o que podemos observar case a diario. Que non lle facerán a un cidadán “normal” da rúa que carece do apoio mediático e social de Garzón. Acaso as leis a aplicar non son as mesmas sempre? Como poden chegar a interpretar de maneira tan distinta a legislación o xuiz Varela e o xuiz Garzón?

Non o entendo, de verdade!! E dame medo a situación que estamos a vivir en España, onde se aprecia claramente que a Xustiza deu paso a unha loita (política) de poder dentro da xudicatura, e sen dúbida Garzón é a peza máis suculente para os xuices máis próximos á dereita (de Falange e de Manos Limpias).

Saltando de tema, tampouco entende como o poder xudicial se pode intentar imponer á vontade e á decisión manifestada no Parlament de Catalunya, no Congreso dos Deputados e Deputadas e ao pobo catalán. Como pode ser que uns xuices do Tribunal Constitucional sexan quenes de (intentar) modificar o Estatut aprobado lexitimamente.

Para min está claro que a Xustiza dos xuices perdeu valor e credibilidade, e non só é cega, senón que tamén, por desgraza, é inxusta en moitos casos, e consiguiu alonxarse da cidadanía.

AM

mayo 11, 2010 at 6:40 pm 7 comentarios

Novo vídeo: Preparad@s

Un novo vídeo da Conferencia Política está colgado na rede (en YouTube). Este vídeo gravado durante as últimas semanas ten como característica principal que conta como actores/actrices con persoal que traballa na Rúa do Pino. Víctor Rodríguez (Política Municipal, Institucional, actos públicos, etc. etc.), Eva Tomé (Política Municipal, actos públicos, etc.), Carmen Rodríguez (Comunicación), Javier Castiñeiras (Coordinador de Repografía e envíos, e agora tamén responsable de locomocións -como dicimos aquí-); e a participación estelar de Mar Barcón, Pablo García e María Torres.

Non me quero esquecer do responsable de son e axudante de dirección no vídeo, de Dieguiño (Diego Pérez), que tamén ía a ter un papel de actor, pero ao final a súa apretada axenda impediulle poder gravar unhas esceas. Diego no Pino é o que se encarga de todo o tema informático e tecnolóxico.

Simplemente apuntar dúas cousas: Que como comprobaredes aquí no Pino somos todoterreo e facemos de todo un pouco, e a outra é que nos xa estamos preparados e preparadas para a Conferencia Política. Esperamos que ti tamén o estés.

E darlle as grazas a todos os actores e actrices pola súa colaboración, algunha forzada … Grazas!!!

AM

abril 28, 2010 at 1:01 pm 1 comentario

Conferencia Política

Logo Web da CP

Logo Web da CP

Estes días estiven traballando no desenvolvemento da Conferencia Política, coa axuda e colaboración de Anxo López. Logotipos, vídeos, planificación, páxina web, redes sociais, etc. E aínda queda. Tal e como explicou Pablo García durante a rolda de prensa de presentación, nesta Conferencia Política terán “protagonismo absoluto as ideas e o Partido”, e as ideas teñen que xurdir non só do documento base que se presente, senón que tamén queremos que as aporten a sociedade galega. Queremos escoitar!!

Para iso, desenvolveremos ao longo dos vindeiros días unha serie de mecanismo aos que os galegos e galegas se poidan dirixir para aportar ideas, para opinar, para colaborar, para debatir, … A través da páxina web da Conferencia (www.conferenciapolítica.com), do correo electrónico (participa@conferenciapolitica.com), dun apartado postal (2007), dun teléfono, e como non, das redes sociais: Twitter, Facebook, YouTube. pero tamén coa presencia física dos e das socialistas galegos na rúa, falando e escoitando á xente.

En definitiva, o éxito desta Conferencia Política depende de vós, da vosa participación. esperamos e queremos que o fagades. E esperamos e desexamos que vos guste o traballo que estivemos desenvolvendo.

AM

abril 22, 2010 at 12:19 am 1 comentario

Sinto vergonza

Téñovos que confesar que Garzón non me acaba de caer moi ben!! A pesares de que recoñezo que é un xuíz digno de admiración e que fixo unha estupenda labor na Audiencia Nacional, é unha desas persoas que me dá … non sei como definilo, bótame un pouco para atrás. Todo ben por aquel momento no que fichou polo PSOE de Felipe González, e poucos tempo despois dimitiu de Deputado dando un portazo.

Garzón é unha desas persoas que traballa para ser unha estrela, e fai todo o posible para copar portadas dos medios de comunicación. Non lle gusta pasar desapercibido. Pero, como dixen antes debo de recoñecer que realizou un traballo impecable e nunca tivo medo a enfrontarse a ninguén. Doulle igual que fose a dictadura arxentina ou a chilena, ETA ou os GAL, a mafia rusa ou os narcotraficantes, o PSOE ou o PP, … El sempreloitou e traballou para conseguir un mundo mellor, máis tranquilo e en paz, e iso é digno de eloxio.

Por iso é incomprensible que se cuetione agora a súa labor por unha serie de persoas claramente ideoloxizadas e politizadas,e que sexan estes defensores da dictadura franquista, e polo tanto abandeirados da persecución e o asasinato, os que senten no banquillo dos acusados a un home que loitou contra os criminais.

Dase ademais a paradoxa que no momento no que sae á luz parte do sumario da trama Gürtell, da que Garzón foi o que iniciou a investigación, sexa cando se dicte o auto no que se inicia a tramitación da cusa de prevaricación contra o xuíz. E dase a paradoxa de que certos políticos salpicados directa ou indirectamente polo sumario da Gürtell intenten defender aos imputados; pero non sexan capaces de defender a un xuíz que só intentou que se investigasen as desaparicións de persoas durante a dictadura de Franco. É dicir, Rajoy e os seus colegas de partido e ideoloxía defenden a individuos como Bárcenas, Camps, Barberá, Fabra, etc. que aceptaron regalos que van desde bolsos ou traxes ata milleiros de euros, e xustifican esto; pero atacan e permiten que se xulgue ao xuíz Garzón porque atacou á dictadura de Franco, a dictadura que eles aínda non foron capaces de condenar.

Hai días, que cando me desperto pola mañá e escoito a radio e leo os xornales danme ganas de dicir que me borren de español, e que me censen en calquera outro estado no que todos os partidos políticos e as persoas defendan a democracia. Se esto que acontece nestes intres en España ocurrise en calquer outro país de mundo, e o vísemos nun informativo de calquera cadea española á hora de xantar diríamos: “Esa é unha república bananeira”. Pois eu estes días sinto vergonza desta “república bananeira”.

AM

abril 8, 2010 at 6:46 pm 8 comentarios

Entradas antiguas Entradas recientes


O máis ollado

Calendario

agosto 2019
L M X J V S D
« May    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  

O meu Twitter

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.