Posts filed under ‘PP’

As madalenas do PP

O PP e Rajoy son grandes expertos en dar consellos, e en decirnos como temos que facer as cousas, pero ate o dagora nunca nos explicaran ese segredo que tiñan tan ben gardado: o de comer madalenas.

Estes días vimos como por alá pola zona do Mediterraneo, os dirixente do PP de Valencia, acostumaban a comer madalenas, galletas e similares. Pero, era (e será) tanta a adicción de Ricardo Costa, Camps e outros a estes manxares de orixe francés, que cando non chegaban a tempo o una cantidade que eles querían enfadábanse.

Que golosos son estes do PP!!. A saber as madalenas que levan comidas, e non só en Valencia. Será por iso, que a Rajoy non lle queda outra que seguir apoiando e defendendo a Camps, porque ao mellor este ten mandado algunha que outra madalena para a sede de Génova, e Mariano ou algún dos que o rodea teñen picado algunha que outra vez este postre.

Ay, ay … ay!! Como din no meu pobo: “la policía no es tonta!!”, e vai a resulta que por golosos e galopíns colléronos coas mans na masa … das madalenas. E Rajoy, como sempre asubiando e mirando para outro lado, como si con el non fose a cousa. Total, el só veu á festa.

AM

septiembre 3, 2010 at 2:23 pm 4 comentarios

Preocupado por Rajoy

Teño que confesarvos a miña preocupación polo presidente do PP. Rajoy, ese home que diariamente nos dá leccións de urbanidade e ética a todos os españois, leva dous días enteiros sen saír a dicir nada.

Non sei porque, non sei que lle pasará, e iso que no día de onte o seu partido protagonizou todos os telediarios, as portadas dos xornais dixitais, os informativos das radios, …, en definitiva, todo xirou en torno ao Partido Popular. E resulta que Rajoy segue desaparecido.

Non está, non aparece, aínda que os rumores son varios: uns din que o virón por varios bancos suizos cargado de bolsas -non o creo-; outros afirman que deambula pola sede do PP en Génova acordándose de Bárcenas, Correa, Arenas e Matas, e como dicía meu tío, baixando todo o santoral; os máis malvados din que percorre as rúas madrileñas agarrado a unha botella -non a de Áznar- de Chivas; etc.

A rumoroloxía é variada, pero o único certo é que o valiente e bravo Rajoy permanece desaparecido da escea pública e mediática, agochado non se sabe onde e sen tomar medidas drásticas contra os que amasaron fortunas en cartos negros á conta dos españois.

Rajoy, ten valor e sae a dar a cara.

AM

abril 7, 2010 at 11:28 am 1 comentario

Oreja, Rajoy e Feijóo. Quen moito fala …

Cada vez estou máis convencido de que internet é un dos grandes males para os políticos. Bueno, quizais non para todos, pero si para aqueles que falan de máis sin saber o que din, ou que falan por falar.

Vou a citar tres exemplos, e como vos imaxinaredes van a ser do PP.

– O primeiro vai a ser o «sosainas» de Mayor Oreja, que ten a desfachatez de acusar alegremente ao presidente do goberno do seu país de estar negociando con terroristas, porque comparte o mesmo obxectivo ca eles. Pero, o «jodido» e que di eso e quédase tan «pancho», non pasa nada. Que lle pode facer a un individuo que diga algo tan grave como eso: N A D A.

Pero o bo, e que as hemerotecas están aí, e a través de San Google (deus o teña na gloria) podemos atopar cousas como a foto da portada, na que Mayor dixo nunha entrevista no Diario de Sevilla alá polo ano 2000: «Estaría dispuesto a sentarme con ETA». Imaxino que non sería para convecelos de que foran máis á misa, non?

– Outro dos exemplos é o Mariano el grande, que dixo nunca ocasión en Mallorca, durante un acto: “Vamos a intentar hacer en España lo que Jaume (Matas) y todos vosotros hicisteis en Baleares”. Ou tras clausurar o congreso popular das illas no ano 2004 dixo de Matas: «Un presidente serio» y un gobierno «mucho mejor que el Gobierno de España».

Non cabe dúbida de que Rajoy luciuse no seu apoio a Matas, e aí están as hemerotecas para confirmalo, a pesares que agora renegue do ex presidente balear e ex ministro con Aznar.

– E por último non quero deixar pasar o exemplo do noso presidente, do noso Alberto, que grazas á tecnoloxía dos móviles, e ao YouTube pudemos velo tal e como é: machista, chulo e prepotente. Ademais de contemplar como se comporta o «típico chulo de discoteca» cando intenta ligar cunha compañeira de partido, e fai gracietas botándolle os «tejos» en público. Ver para creer!!

Non sei que pensará desto a Conferencia Episcopal, o Papa, don Manuel, etc.

Por eso, só podo dicir: Grazas a internet e á hemerotecas, por ensinarnos a cada un como é.

AM

marzo 24, 2010 at 3:19 pm 2 comentarios

E Puy chateando … !!

Chamádeme raro, pero eu hai certas cousas que non entendo e moito menos comparto. O Parlamento de Galicia celebra dous plenos ordinarios ao mes en sesións de dou días.

Pois resulta que ao deputado do Partido Popular de Galicia, Pedro Puy, e ao seu grupo político non se lle ocorre mellor idea que participar hoxe (10 de marzo) día de sesión parlamentaria nun chat a través da web do PPdeG.

Durante máis dunha hora abandonou o portavoz de economía do PPdeG no Parlamento de Galicia o seu escano para respostar ás preguntas dos afiliados e simpatizantes populares. Pero o bo, é que no PPdeG considérano algo normal, porque, segundo eles: “A ausencia é dunha hora dentro de dous días de pleno. E repetimos que Pedro, ademais, segue o pleno dende o seu despacho”. Tale como me respostaron a través do seu Twitter.

Está claro que aos membros, tanto do PPdeG coma do goberno da Xunta dalle todo igual, e pásanse as institucións polo forro. Ao presidente da Xunta dalle igual que o Papa o reciba como séquito, e levar á súa parella como colaboradora; permítense frivolizar coa igualdade e disfrazar de chacha a un conselleiro; cambiar a toponimia dos concellos galegos e mentirlle ao Parlamento; apropiarse de xeito indebido de cartos de todos os galegos e galegas e recoñecelo publicamente e non dimitir; ou –como agora- abandonar o seu escano, e polo tanto o seu traballo, para ir a participar en actos de partidistas.

Non deixan de sorprenderme, que pode ser o próximo. Só Feijóo noso señor o sabe!!

AM

marzo 10, 2010 at 2:45 pm 3 comentarios

A «afoto» de Feijóo

Producciones Frijito lanza unha nova creación audiovisual á rede na que ironiza en forma de pareado sobre a viaxe de Feijóo ao Vaticano. Non vai gañar nin un Óscar nin un Goya, pero aí está para que o vexades, se queredes.

AMMA

marzo 4, 2010 at 5:40 pm Deja un comentario

A “sagrada” mentira de Feijóo

Feijóo co Papa

Resulta que estes días o noso presidente saíu todo chulo posando ao carón do Papa Benedito. Disque, según o Nodo Galaico, que Benedicto XVI lle dera audiencia ao presidente da Xunta de Galicia, o cal o ía a invitar a vir á nosa terra.

Pois resulta que todo é unha mentira do Nodo Galaico, do PPdeG, da Xunta e de Feijóo que non tivo reparo ningún en colarse como “sequito” do Arcebispo de Santiago, Julián Barrio, para sacarse unha foto ao carón do Papa e anotarse un tanto: a visita da Súa Santidade a Compostela durante o Xacobeo. Parece ser que desde o xoves pasado xa se sabía nos feudos da igrexa que o Papa visitaría Galicia, e que recibiría a Julián Barrio o luns para pechar a visita; por iso Feijóo apurou o paso e moveu os fíos para colarse na audiencia.

En definitiva, que o Papa nunca tivo previsto recibir a Feijóo como presidente da Xunta, tal e como se pode comprobar na páxina web da Santa Sede. Pero Feijóo non contento con cometer o pecado de mentirlle aos Galegos e galegas e involucrar á igrexa para lograr os seus obxectivos, tivo o descaro de levar de acompañante á súa parella e posar con ela ao carón de Benedicto, o cal horas despois enfureceu aínda máis á igrexa, xa que para o clero, o presidente vive en pecado, posto que non recibiu o sagrado sacramento do matrimonio.

Que Feijóo é un “crack”, que é capaz de facer calquera cousa por unha foto. Sigue así presidente que en pouco tempo vémoche cun programa na galega ao estilo Chavez, ou participando en Mira Quien Baila do lado de Belén Esteban.

ACTUALIZACIÓN (04/03). Algún medio de comunicación faise eco da visita fraudulenta de Feijóo ao Vaticano. Esa visita na que se colou como parte do séquito do Arcebispo Julián Barrio. Podedes ver a nova no Xornal de Galicia e no diario El País.

Pode ser que hoxe o presidente explique máis en profundidade a visita durante a rolda do Consello da Xunta.

AM

marzo 3, 2010 at 2:15 pm 7 comentarios

Sentidiño!!

Pleno do Parlamento de Galicia

Non podo evitalo. Ao mellor esto que vou a escribir non gusta, pero teño que facelo. Pídemo a miña dignidade.

Estou en contra de que os parlamentarios e parlamentarias cobren dietas por asistir aos plenos e ás comisións. Porque? Porque é o seu traballo!! E ademais porque o seu salario xa está bastante ben, moi ben.

Un parlamentario ou parlamentaria cobra en torno aos catro mil euros ao mes, ademais de dispoñer doutra serie de vantaxas que non teñen o resto dos traballadores e traballadoras da pé. Polo que é excesivo que, aínda teñan como complemento o pago dos desprazamentos.

Cantos traballadores hai que a súa empresa lles pague o quilometraxe por ir a traballar?? Moi poucos!! Só uns privilexiados.

Sen meter o dedo máis na ferida, sobretodo porque non quero que ninguén se enfade co meu post, vou a rematar pedindo moito sentidito co que se fai, no que se di e como se actúa, porque xa a política está bastante devaluada …

AM

febrero 24, 2010 at 6:32 pm 7 comentarios

Liberdade de expresión

Dime con quen andas, e direiche que eres!!

Dime con quen andas e direiche que eres!!

Non estou dacordo compañeiros e compañeiras!! Non coincido coa campaña que se está a xerar na rede contra Adolfo Domínguez!!

Explícome: Primeiro quero deixar claro que non son nin admirador, nin cliente das súas tendas. Nunca comprei nada da marca de Adolfo Domínguez, alomenos que eu lembre. Pero, teño que decir, que en aras da liberdade de expresión á que tanto nos referimos, e pola que tanto loitamos, e da que tanto escribimos; creo que debemos de respectar as opinións realizadas por este cidadán e empresario –non entro a valorar si bo ou malo-.

Creo que non debemos de ser, precisamente os e as socialistas os que censuremos e/ou boicoteemos a persoas que expresen públicamente a súa opinión. Libres seremos despois cada un de nós, de xeito voluntario de mercar ou non as súas prendas.

Eu coincido coa maioría de vós en que o que Adolfo Domínguez dixo é unha barbaridade e un ataque ao sistema laboral, pero tamén coincidiredes conmigo en que non é o único empresario deste país que opina eso, o que si é o único que se atreveu a dicilo en público.

Ante todo, e sobre todo liberdade de expresión. Porque eso tamén axuda a que moitas persoas “celebres” deste país se quiten a careta.

É dicho!! 😉

AM

febrero 4, 2010 at 12:45 pm 1 comentario

Unha de censura!!

O Carrabouxo

Chégame por mail un correo dun amigo de Ourense. Está claro que non vos vou dicir quen é, porque así mo pide. Este colega das burgas mándame un debuxo do Carrabouxo, e cóntame que disque «los poderes fácticos» non autorizaron a súa publicación no xornal La Región. O sea, o que se chama unha censura en toda regla, das de toda a vida.

A verdade é que o debuxo está ben, e ten a habitual retranca do xenial Xosé Lois. Pero, eu creo que ten feito cousas con bastante máis «maldade» ca esta. Semella que nesta ocasión o «Papi» está máis susceptible, pero é normal; tanto el coma o fillo atópanse en campaña electoral por manter o poder, e … coas cousas de comer non se xoga.

Para os que sexan de fóra de Galicia, e non entendan a gracia da viñeta recoméndovos este enlace do xornal El Pais.

ACTUALIZACIÓN:

13/01/2010. Xose Lois recoñece ao Galicia Confidencial que o censuraron «por considerar que podía ser malinterpretada en ámbitos políticos». Pero o que máis me sorprende é que afirma que o entendiu, e que non é a primeira vez. Con todos os meus respectos teño que manifestar que non entendo como un profesional progresista, e nos tempos que corren pode permitir que o censuren tantas veces. Pero, … cada un é cada un!!

enero 12, 2010 at 5:00 pm 12 comentarios

In the ghetto … houlléaaaa!!

Elvis Presley, se vivise, cumpliría hoxe 75 anos. Nos Estados Unidos os seus «fans» están celebranbdo por todo o alto esta data, e eu non quería deixar pasar o día sen facerlle unha pequena homenaxe.

O vídeo que vos deixo é unha versión do seu famoso «In The Guetto», pero perpetrada polo fantástico Príncipe Gitano.

A razón de poñer esta versión é tamén para que os galegos e galegas nos vaiamos acostumando á lingua inglesa, porque dentro de pouco, e grazas ao decreto plurilingüe do noso amado presidente, Alberto Núñez Feijóo, en Galicia cantaremos en inglés coa soltura do … cantante? valenciano.

enero 8, 2010 at 5:15 pm Deja un comentario

Entradas anteriores


Calendario

junio 2023
L M X J V S D
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930  

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.