Posts filed under ‘PP’

Liberdade de expresión

Dime con quen andas, e direiche que eres!!

Dime con quen andas e direiche que eres!!

Non estou dacordo compañeiros e compañeiras!! Non coincido coa campaña que se está a xerar na rede contra Adolfo Domínguez!!

Explícome: Primeiro quero deixar claro que non son nin admirador, nin cliente das súas tendas. Nunca comprei nada da marca de Adolfo Domínguez, alomenos que eu lembre. Pero, teño que decir, que en aras da liberdade de expresión á que tanto nos referimos, e pola que tanto loitamos, e da que tanto escribimos; creo que debemos de respectar as opinións realizadas por este cidadán e empresario –non entro a valorar si bo ou malo-.

Creo que non debemos de ser, precisamente os e as socialistas os que censuremos e/ou boicoteemos a persoas que expresen públicamente a súa opinión. Libres seremos despois cada un de nós, de xeito voluntario de mercar ou non as súas prendas.

Eu coincido coa maioría de vós en que o que Adolfo Domínguez dixo é unha barbaridade e un ataque ao sistema laboral, pero tamén coincidiredes conmigo en que non é o único empresario deste país que opina eso, o que si é o único que se atreveu a dicilo en público.

Ante todo, e sobre todo liberdade de expresión. Porque eso tamén axuda a que moitas persoas “celebres” deste país se quiten a careta.

É dicho!! 😉

AM

febrero 4, 2010 at 12:45 pm 1 comentario

Unha de censura!!

O Carrabouxo

Chégame por mail un correo dun amigo de Ourense. Está claro que non vos vou dicir quen é, porque así mo pide. Este colega das burgas mándame un debuxo do Carrabouxo, e cóntame que disque “los poderes fácticos” non autorizaron a súa publicación no xornal La Región. O sea, o que se chama unha censura en toda regla, das de toda a vida.

A verdade é que o debuxo está ben, e ten a habitual retranca do xenial Xosé Lois. Pero, eu creo que ten feito cousas con bastante máis “maldade” ca esta. Semella que nesta ocasión o “Papi” está máis susceptible, pero é normal; tanto el coma o fillo atópanse en campaña electoral por manter o poder, e … coas cousas de comer non se xoga.

Para os que sexan de fóra de Galicia, e non entendan a gracia da viñeta recoméndovos este enlace do xornal El Pais.

ACTUALIZACIÓN:

13/01/2010. Xose Lois recoñece ao Galicia Confidencial que o censuraron “por considerar que podía ser malinterpretada en ámbitos políticos”. Pero o que máis me sorprende é que afirma que o entendiu, e que non é a primeira vez. Con todos os meus respectos teño que manifestar que non entendo como un profesional progresista, e nos tempos que corren pode permitir que o censuren tantas veces. Pero, … cada un é cada un!!

enero 12, 2010 at 5:00 pm 12 comentarios

In the ghetto … houlléaaaa!!

Elvis Presley, se vivise, cumpliría hoxe 75 anos. Nos Estados Unidos os seus “fans” están celebranbdo por todo o alto esta data, e eu non quería deixar pasar o día sen facerlle unha pequena homenaxe.

O vídeo que vos deixo é unha versión do seu famoso “In The Guetto”, pero perpetrada polo fantástico Príncipe Gitano.

A razón de poñer esta versión é tamén para que os galegos e galegas nos vaiamos acostumando á lingua inglesa, porque dentro de pouco, e grazas ao decreto plurilingüe do noso amado presidente, Alberto Núñez Feijóo, en Galicia cantaremos en inglés coa soltura do … cantante? valenciano.

enero 8, 2010 at 5:15 pm Deja un comentario

As subastas do PP

Está claro que o goberno de Feijóo é un goberno de subastas. Á grandísima idea dos “cachorros” populares de subastar diversos obxectos dos seus mitos e referentes políticos: Alfonso Rueda, Rosa Quintana, Pilar Rojo, etc. Tamén teñen a brillante idea de sortear unha cea en MONTE PÍO co presidente da Xunta. E en palabras da voceira dos “cachorros e cachorras” populares, María Seoane, “en cuanto se lo propusimos al presidente, este accedió encantado. Todo sea por una buena causa”. Pero é que non se dan conta de que están subastando –os de Novas Xeracións– unha cea –que pagamos todos os galegos e galegas- co presidente da Xunta –de todos os galegos e galegas- e en Monte Pío –na residencia oficial que pagamos todos os galegos e galegas- A verdade é que todo esto é unha coña, eu creo que non saben que o día dos Inocentes xa pasou.

Está claro que ao goberno de Feijóo gústanlle as subastas, empezaron polos Audis e seguen con ceas en Monte Pío. E a subasta dos Audis non tivo moito éxito, xa que de vinte só se venderon tres.

Que pode ser o seguinte. Eu vou a dar unhas ideas: Unha noite de copas con Alfonso Rueda, un fular do conselleiro de Educación, uns tirantes de don Manuel, un paseo no Citroen “regalado” de Feijóo, ou dous no de Negreira, …, buff!! Non sei tantas cousas ten este goberno para subastar.

Pero, no canto de xogar coa frivolidade, e facer unha especie de supermaratón televisivo similar a aqueles que facían tempos atrás nas televisións; porque non abren a súa “chequeira” e fan un donativo do seu peto para tan noble causa. Por certo, medo me dá que o vindeiro ano non se lle dé por organizar un programa na TVG o día de nadal. Ufff, que medo!!. Xa o estou vendo … chamaríanlle “Superpopulares, o sea!!”, presentaríao María Seoane e o conselleiro de Educación (tal Esteban e Jorge Javier) e estaría dirixido e producido por Gayoso. Que marabilla de programa, estaría superguai.

Que barbaridade!!

AM

enero 5, 2010 at 12:27 pm 3 comentarios

O Chorizo de Rajoy

Rajoy e o chorizo

Rajoy quixo quitarse unha foto facendo de bo samaritano, e el e os seus asesores decidiron ir a un comedor social. Disque Rajoy fixo un cocido galego (con unto?) e despois enfundouse nun “traxe” blanco inmaculado (coma unha virxe calquera) e púxose a repartirlle comida aos pobres. Que boa persoa é este Rajoy!!

Pero nin el, nin os seus asesores se deron conta que se puxo ao carón da fonte dos chorizos (normal, é do que entende), ata que alguén o avisou de que non era o máis apropiado que o fotografiaran rodeado de tantos chorizos (con todos os que ten no PP xa lle chega). Foi entón, cando o bo samaritano se cambiou de fonte e seguiulle repartindo comida aos pobres. Que santo Mariano!!. Mágoa de chorizos!!

Ver vídeo

Grazas a Lois García Carballido polo enlace do vídeo

SQCQM

diciembre 30, 2009 at 2:17 pm 10 comentarios

Rajoy 2.0 ou Rajoy de la Calzada

Rajoy no seu vídeo blog

Rajoy acaba de convertirse no maior defensor da liberdade en Internet; pero non en todos os sitios, só en España. Porque ademais, España non debe de ser Europa nin para o PP nin para Rajoy.

Resulta que fai a finais de novembro o PP votou a favor no Parlamento Europeo do chamado “Paquete Telecom”. Este controvertido conxunto de medidas (composto por dúas directivas e un regulamento), permite o corte de internet aos usuarios e usuarias que descarguen contidos ilegais desde o seu ordenador sin que sexa necesaria unha orde xudicial previa. A que esto vos soa familiar? Pois si, é a mesma medida que orixinou durante esta semana tanto revuelo na rede, e fóra dela.

O internauta Rajoy, quixo sumarse a toda esta cibermovida e está intentando a toda costa sacar tallada política, algo que por outra banda non é novo, xa que o intenta facer sempre. Pero, porque esta normativa vale para un sitio (Parlamento Europeo) e non para outro (España)? É algo que aínda Rajoy non contestou, porque está tan ocupado en actualizar o seu vídeoblog e en organizar xuntanzas cos gurús 2.0, que non foi capaz de atopar a resposta. Por certo, unha vez que esta normativa se aprobou no Parlamento Europeo, nun prazo non superior aos 18 meses deberase de aplicar en España.

O “blogger” Rajoy, non quixo deixar escapar a ocasión, e ata bromeu co asunto durante unha rolda de prensa en Las Palmas de Gran Canaria:

“Yo voy a colgar, con el permiso del presidente del Gobierno de Canarias, esta rueda de prensa en mi ‘blog’, a ver si me da tiempo, no vaya a ser que el señor Rodríguez Zapatero, antes, me cierre mi página y me genere un problema”.

Non cabe dúbida de que Rajoy é un cachondo, porque non hai máis que mirar o seu vídeoblog. E eu aproveito para pedirlle a Zapatero que enlace o vídeoblog á web do PSOE, á da Moncloa, e que o publiciten todo o que poidan, porque ver a Mariano nos vídeos que colgan non ten prezo. É máis gracioso que un “sketch” de Chiquito de la Calzada. Esa imaxe de Rajoy mirando á cámara de frente, ou rodeado de nenos e nenas mentras pasa a lengua polos beizos, paseando pola praia, … Rajoy 2.0 é un monstruo … da interpretación!! Que gran actor se perdiu. E cantos votos lle da ao PSOE. Grazas Mariano!!

AM

diciembre 6, 2009 at 7:51 pm 1 comentario

Igualdade real

Levo varios días dándolle voltas na cabeza a un post sobre a muller e a política. E non quero deixar pasar a ocasión, agora que teño algo de tempo, de dar a miña opinión sobre a representación femenina nos postos de responsabilidade, e máis despois de celebrarse o 76º aniversario do sufraxio femenino en España, ou da recente concentración de protesta das Eurodeputadas pola escasa presenza de mulleres nas institucións europeas.

Está claro que a política e o poder segue a ser machista e masculina. Os homes ocupan a meirande parte dos postos de poder e responsabilidade tanto nos partidos políticos coma nos gobernos e institucións; e, iso é algo incuestionable. Eu nunca fun un defensor acérrimo das cuotas nas candidaturas electorais, porque penso que as persoas que teñen que ir nas listas deben de ser as mellares e/ou as máis preparadas, independentemente de si son homes ou mulleres, heterosexuais ou gais, xóvenes ou vellos, guapas ou feos. Ben sei que esto é un sono, agora mesmo só é unha frase feita que soa moi ben, e que seguramente moitos dos nosos representantes din nos mítines ou en actos, pero á hora de elexir ou propoñer vanse a inclinar polo home, e apartar á muller.

Enfádame moitísmo que se poida chegar a eses extremos de machismo, ou de ignorancia e falla de responsabilidade; e, máis cando eso ocurre no meu Partido, que precisamente foi o que máis fixo en toda a historia de España pola igualdade de sexos e pola defensa da Muller. Pero, cando descendes á crúa realidade, ás diferentes delegacións da empresa matriz chamada PSOE, ves que non é así. É case imposible que unha muller sexa Secretaria Xeral, moi difícil que sexa Secretaria de Organización, …, pero case todas as secretarías de benestar social, ou asuntos sociais (o 95 %) están ocupadas polo sexo femenino. Digo eu que as féminas do PSdeG saberán de máis cousas que o benestar!!.

Pero, resulta aínda máis grave cando se escolle a unha muller para que ocupe postos “decorativos”, ou para saír na foto, out amén para rellenar e despois poder vender que se cumple a paridade. Se agora mesmo no noso país máis do cincuenta por cento da población é femenina, e as mulleres son porcentualmente e por bastante diferencia as que máis se licencian na universidade, é doado cegar á conclusión de que “habelas hainas” para ocupar cargos de importancia e de responsabilidade.

Pero, se todo isto me enfada terriblemente, o que realmente me pon de “mala hostia” –perdón pola expresión- é cando ves como as que enarbolan a bandeira da igualdade conseguen colocarse, e despois pechan a boca por medo a perder o seu status. E, por riba intentan non deixar destacar a ningunha outra por medo a perder o seu sitio, e só traballan bombardeando e boicoteando ás do seu mesmo sexo.

A igualdade é cousa de todos e de todas, porque vai en beneficio da sociedade que os mellores, sexan homes ou mulleres, ocupen os postos de responsabilidade.

AM

noviembre 20, 2009 at 6:43 pm 5 comentarios

Entradas antiguas Entradas recientes


Calendario

diciembre 2019
L M X J V S D
« May    
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031  

O meu Twitter

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.