Posts filed under ‘PSdeG-PSOE’

Sentidiño!!

Pleno do Parlamento de Galicia

Non podo evitalo. Ao mellor esto que vou a escribir non gusta, pero teño que facelo. Pídemo a miña dignidade.

Estou en contra de que os parlamentarios e parlamentarias cobren dietas por asistir aos plenos e ás comisións. Porque? Porque é o seu traballo!! E ademais porque o seu salario xa está bastante ben, moi ben.

Un parlamentario ou parlamentaria cobra en torno aos catro mil euros ao mes, ademais de dispoñer doutra serie de vantaxas que non teñen o resto dos traballadores e traballadoras da pé. Polo que é excesivo que, aínda teñan como complemento o pago dos desprazamentos.

Cantos traballadores hai que a súa empresa lles pague o quilometraxe por ir a traballar?? Moi poucos!! Só uns privilexiados.

Sen meter o dedo máis na ferida, sobretodo porque non quero que ninguén se enfade co meu post, vou a rematar pedindo moito sentidito co que se fai, no que se di e como se actúa, porque xa a política está bastante devaluada …

AM

Anuncios

febrero 24, 2010 at 6:32 pm 7 comentarios

Liberdade de expresión

Dime con quen andas, e direiche que eres!!

Dime con quen andas e direiche que eres!!

Non estou dacordo compañeiros e compañeiras!! Non coincido coa campaña que se está a xerar na rede contra Adolfo Domínguez!!

Explícome: Primeiro quero deixar claro que non son nin admirador, nin cliente das súas tendas. Nunca comprei nada da marca de Adolfo Domínguez, alomenos que eu lembre. Pero, teño que decir, que en aras da liberdade de expresión á que tanto nos referimos, e pola que tanto loitamos, e da que tanto escribimos; creo que debemos de respectar as opinións realizadas por este cidadán e empresario –non entro a valorar si bo ou malo-.

Creo que non debemos de ser, precisamente os e as socialistas os que censuremos e/ou boicoteemos a persoas que expresen públicamente a súa opinión. Libres seremos despois cada un de nós, de xeito voluntario de mercar ou non as súas prendas.

Eu coincido coa maioría de vós en que o que Adolfo Domínguez dixo é unha barbaridade e un ataque ao sistema laboral, pero tamén coincidiredes conmigo en que non é o único empresario deste país que opina eso, o que si é o único que se atreveu a dicilo en público.

Ante todo, e sobre todo liberdade de expresión. Porque eso tamén axuda a que moitas persoas “celebres” deste país se quiten a careta.

É dicho!! 😉

AM

febrero 4, 2010 at 12:45 pm 1 comentario

Son un cibervago

Xúrovos que me está entrando un complexo de vago terrible. Cada vez que entro no Google Reader, onde teño “fichados” a todos os blogs de xente do Partido e das Agrupacións, entrame unha “depre” terrible.

Hai compañeiros e compañeiras que actualizan os seus blogs case a diario. Buffff!!!. E eu non son capaz de actualizalo con cousas serias nin unha vez á semana. Son un vago!?

O traballo ocúpame todo o día -como é lóxico-, e pola noite estou tan farto de ordenador que non poido nin achegarme a el. No traballo subo vídeos, fago e maqueto boletíns, actualizo as redes do PSdeG, …, varias cousas. E claro, cando quero facer algo teño os dedos e o cerebro entumecidos.

Bahh! que non me enrollo máis. Que si, que seguramente serei un “cibervago”, pero tamen vos digo unha cousa: hai persoas que moito tempo libre teñen.

Aproveito para recomendarvos a lectura do novo número do Boletín SPM. Está moi ben.

AM

febrero 2, 2010 at 8:36 pm 1 comentario

Lage, un amigo. Intervención no Congreso de A Coruña

Lage é un bo amigo meu, un moi bo amigo. Sempre o digo, é tan bo amigo que é o padriño de Nerea, a miña filla pequena.

Eu coñezo a Lage desde fai moitos anos, tiña el catorce e eu andaba polos vinte, e coincidimos en Xuventudes; por eso sempre o considerei coma un irmán. Digo todo esto, porque eu nunca cambiarei a amistade nin polo poder, nin por intereses e moito menos por medo. Eu hai que algo que respecto por encima de todo, e iso son os amigos de verdade.

En política coñeces a moita xente, convives e traballas con moitas persoas. Pero amigos só fas uns poucos, moi poucos; chéganche os dedos dunha man para contalos. Pero eu estou contento, porque no meu paso por este anaco da miña vida atopei a unha persoa como Lage, atopei a un AMIGO.

Estes vídeos que vos colgo aquí é a intervención de Lage no Congreso Provincial de A Coruña. Ese congreso no que dou o paso ao fronte e se presentou como candidato á Secretaría Xeral. Neste congreso Lage tivo unha intervención brillante, que lle saíu da alma; unha intervención na que se nota que cree, quere e respecta a este Partido e aos seus militantes e simpatizantes. Non gañou o congreso, eso xa todos o sabemos, pero gañou o respecto de moitas persoas que desde ese día saben que hai futuro, que hai esperanza, ilusión, esforzo, traballo, … pero que vos podo decir eu, non sería imparcial porque é AMIGO MEU

AM


diciembre 17, 2009 at 2:58 pm 2 comentarios

Igualdade real

Levo varios días dándolle voltas na cabeza a un post sobre a muller e a política. E non quero deixar pasar a ocasión, agora que teño algo de tempo, de dar a miña opinión sobre a representación femenina nos postos de responsabilidade, e máis despois de celebrarse o 76º aniversario do sufraxio femenino en España, ou da recente concentración de protesta das Eurodeputadas pola escasa presenza de mulleres nas institucións europeas.

Está claro que a política e o poder segue a ser machista e masculina. Os homes ocupan a meirande parte dos postos de poder e responsabilidade tanto nos partidos políticos coma nos gobernos e institucións; e, iso é algo incuestionable. Eu nunca fun un defensor acérrimo das cuotas nas candidaturas electorais, porque penso que as persoas que teñen que ir nas listas deben de ser as mellares e/ou as máis preparadas, independentemente de si son homes ou mulleres, heterosexuais ou gais, xóvenes ou vellos, guapas ou feos. Ben sei que esto é un sono, agora mesmo só é unha frase feita que soa moi ben, e que seguramente moitos dos nosos representantes din nos mítines ou en actos, pero á hora de elexir ou propoñer vanse a inclinar polo home, e apartar á muller.

Enfádame moitísmo que se poida chegar a eses extremos de machismo, ou de ignorancia e falla de responsabilidade; e, máis cando eso ocurre no meu Partido, que precisamente foi o que máis fixo en toda a historia de España pola igualdade de sexos e pola defensa da Muller. Pero, cando descendes á crúa realidade, ás diferentes delegacións da empresa matriz chamada PSOE, ves que non é así. É case imposible que unha muller sexa Secretaria Xeral, moi difícil que sexa Secretaria de Organización, …, pero case todas as secretarías de benestar social, ou asuntos sociais (o 95 %) están ocupadas polo sexo femenino. Digo eu que as féminas do PSdeG saberán de máis cousas que o benestar!!.

Pero, resulta aínda máis grave cando se escolle a unha muller para que ocupe postos “decorativos”, ou para saír na foto, out amén para rellenar e despois poder vender que se cumple a paridade. Se agora mesmo no noso país máis do cincuenta por cento da población é femenina, e as mulleres son porcentualmente e por bastante diferencia as que máis se licencian na universidade, é doado cegar á conclusión de que “habelas hainas” para ocupar cargos de importancia e de responsabilidade.

Pero, se todo isto me enfada terriblemente, o que realmente me pon de “mala hostia” –perdón pola expresión- é cando ves como as que enarbolan a bandeira da igualdade conseguen colocarse, e despois pechan a boca por medo a perder o seu status. E, por riba intentan non deixar destacar a ningunha outra por medo a perder o seu sitio, e só traballan bombardeando e boicoteando ás do seu mesmo sexo.

A igualdade é cousa de todos e de todas, porque vai en beneficio da sociedade que os mellores, sexan homes ou mulleres, ocupen os postos de responsabilidade.

AM

noviembre 20, 2009 at 6:43 pm 5 comentarios

É o momento moving

Levo varias semanas escoitando esta canción de Macaco; grupo que por certo non é dos meus favoritos, aínda que confésovos que esta canción ponme as pilas, cárgame de enerxía cada vez que a escoito.

Tamén, me trae lembrazas do pasado, daquel pasado -alá polo 2005- no que os socialistas decidimos movernos e saír á rúa, animar á xente, e movémonos, …, movémonos moito e ben e o resultado foi positivo.

Eu creo que agora tamén é o momento de moverse, de non quedarse quieto e conformarse, nen moito menos rendirse. As victorias hai que traballalas. Un antigo xefe, ao cal lle teño moito afecto e respecto, do que aprendín moito díxome unha vez: “O que queira algo ten que desexalo con forza, e estar confiado de que o vai conseguir. Se optas ou te presentas a algo e vas pensando na derrota, mellor que non vaias”. Pois eso mesmo.

Eu esta noite soñei na victoria, e confío nela. Así que toca moverse.

É o momento moving

AM

octubre 23, 2009 at 11:27 am 5 comentarios

SPM

Non quería deixar pasar a ocasión de publicitar unha das últimas creación da Rúa do Pino. Trátase do boletín da Secretaría de Política Municipal ao que decidimos chamar SPM.

Este é un boletín co que pretendemos poñer en contacto e trasladar os feitos que realizan os compañeiros e compañeiras nos distintos concellos de Galicia; e, sobretodo que sexa un escaparate aberto á participación e á colaboración de todos e todas.

Espero que vos guste, e se non vos gusta que tamén o digades para poder melloralo entre todos e todas.

Podedes velo aquí.

AM

octubre 22, 2009 at 6:09 pm Deja un comentario

Entradas antiguas Entradas recientes


O máis ollado

Calendario

agosto 2019
L M X J V S D
« May    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  

O meu Twitter

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.