Posts filed under ‘Webs de Información’

Rajoy 2.0 ou Rajoy de la Calzada

Rajoy no seu vídeo blog

Rajoy acaba de convertirse no maior defensor da liberdade en Internet; pero non en todos os sitios, só en España. Porque ademais, España non debe de ser Europa nin para o PP nin para Rajoy.

Resulta que fai a finais de novembro o PP votou a favor no Parlamento Europeo do chamado “Paquete Telecom”. Este controvertido conxunto de medidas (composto por dúas directivas e un regulamento), permite o corte de internet aos usuarios e usuarias que descarguen contidos ilegais desde o seu ordenador sin que sexa necesaria unha orde xudicial previa. A que esto vos soa familiar? Pois si, é a mesma medida que orixinou durante esta semana tanto revuelo na rede, e fóra dela.

O internauta Rajoy, quixo sumarse a toda esta cibermovida e está intentando a toda costa sacar tallada política, algo que por outra banda non é novo, xa que o intenta facer sempre. Pero, porque esta normativa vale para un sitio (Parlamento Europeo) e non para outro (España)? É algo que aínda Rajoy non contestou, porque está tan ocupado en actualizar o seu vídeoblog e en organizar xuntanzas cos gurús 2.0, que non foi capaz de atopar a resposta. Por certo, unha vez que esta normativa se aprobou no Parlamento Europeo, nun prazo non superior aos 18 meses deberase de aplicar en España.

O “blogger” Rajoy, non quixo deixar escapar a ocasión, e ata bromeu co asunto durante unha rolda de prensa en Las Palmas de Gran Canaria:

“Yo voy a colgar, con el permiso del presidente del Gobierno de Canarias, esta rueda de prensa en mi ‘blog’, a ver si me da tiempo, no vaya a ser que el señor Rodríguez Zapatero, antes, me cierre mi página y me genere un problema”.

Non cabe dúbida de que Rajoy é un cachondo, porque non hai máis que mirar o seu vídeoblog. E eu aproveito para pedirlle a Zapatero que enlace o vídeoblog á web do PSOE, á da Moncloa, e que o publiciten todo o que poidan, porque ver a Mariano nos vídeos que colgan non ten prezo. É máis gracioso que un “sketch” de Chiquito de la Calzada. Esa imaxe de Rajoy mirando á cámara de frente, ou rodeado de nenos e nenas mentras pasa a lengua polos beizos, paseando pola praia, … Rajoy 2.0 é un monstruo … da interpretación!! Que gran actor se perdiu. E cantos votos lle da ao PSOE. Grazas Mariano!!

AM

diciembre 6, 2009 at 7:51 pm 1 comentario

¿Conoces a Ignacio Segado?

web_cartaxena 

Levo varios días sen actualizar o blog, pero é que o traballo estame a absorber moitísimo tempo. De tódolos xeitos aproveito este anaco que teño hoxe para facervos unha recomendación dixital. A través do blog do meu compañeiro e amigo Alfonso Gil descubrín a web de Ignacio Segado, candidato socialista á alcaldía de Cartaxena, a cal é tremendamente orixinal e novidosa, xa que por poñer un exemplo direivos que non ten nin unha soa foto do candidato.

Aproveitando, e xa que estamos en campaña electoral e proliferan as webs e blogs de candidatos e candidatas, podedes recomendar algunha que resulte interesante.

E moita sorte desde Galicia para o futuro alcalde de Cartaxena.

abril 13, 2007 at 8:08 pm 3 comentarios

Paula no País

paula_pais

Hoxe sae Paula no xornal El País falando do seu blog. O xornalista e tamén “blogueiro” Xosé Manuel Pereiro, fai unha reportaxe titulada “Querido ciberdiario” na que comenta e analiza a presenza na rede de varios blogs de nenos e nenas galegos.

Como vos podedes imaxinar cando vin pola mañá a foto de Paula no xornal caeume a baba, porque ademais de ser lista é guapa –por sorte non saíu a seu pai-.

marzo 19, 2007 at 7:26 pm 1 comentario

Escríbelle a Isaac Díaz Pardo

Acabo de recibir un mail de Arredemo, o cal vos deixo como información  

A Rede de Acción Socio-Cultural Arredemo vén de pór en liña unha nova páxina: www.escribelleaisaac.info, para dar resposta a un agravio informático contra Isaac Díaz Pardo acontecido no web do Grupo Sargadelos. Hai dous días, os xestores do sitio anulaban e silenciaban a conta de correo de Isaac Díaz Pardo no dominio do grupo, onde o mestre recibía mensaxes de todo o mundo, especialmente desde a Galiza emigrante. A ligazón á súa biografía (http://www.sargadelos.com/ga/diazpardo1.html) é ao formulario de correo foi deshabilitada da páxina principal nunha clara tentativa por parte da nova dirección de Sargadelos de desvencellar a imaxe corporativa do grupo do seu fundador.Sabedores deste singular exercicio de cibermesquindade, varios activistas de Arredemo, decidiron copiar as páxinas orfas, aloxalas nun novo dominio e ofrecer ao mestre unha nova conta de correo onde poder continuar a recibir a solidariedade e o agarimo dos miles de galegos e galegas que aínda lle profesan a admiración, o agradecemento e o respecto debidos a un dos homes que máis loitou e traballou a prol da nosa cultura e da nosa identidade como pobo. No novo web inclúese tamén unha ligazón á campaña “Apoio a Isaac Díaz Pardo”, mestreisaac.aduaneirossemfronteiras.org, que desde hai varios meses recaba sinaturas contra a xubilación anticipada do mestre e a nova filosofía mercantilista que a actual dirección pretende imprimir ao grupo Sargadelos.

Deste xeito, a Rede de Acción Socio-Cultural ARREDEMO, que actualmente traballa na posta a punto do seu novo portal de comunicación socio-cultural, quere anunciar o inminente desenvolvemento dunha serie de accións de solidariedade con Isaac Díaz Pardo e co Instituto Galego de Información, actual obxectivo da nova dirección de Sargadelos na súa estratexia de liquidación do legado histórico e conceptual de Luis Seoane, Andrés Fernández-Albalat e o propio Díaz Pardo, sen o cal a actual cultura galega non se podería comprender.

Neste sentido, Arredemo quere facer un primeiro chamamento ao mundo social e cultural galego para participar e colaborar na campaña facéndolle chegar ao mestre mensaxes de solidariedade e apoio a través da súa nova conta de correo: isaac@escribelleaisaac.info, aloxada en www.escribelleaisaac.info.

Por riba das coitas e loitas propias dunha empresa como Sargadelos, desde Arredemo pensamos que preservar a dignidade persoal e intelectual dun home como Isaac Díaz Pardo é un compromiso que atinxe a toda a cultura galega.

marzo 19, 2007 at 2:36 pm 26 comentarios

A doble vara de medir do PP

 
Non me atopo con moitas ganas de escribir sobre a actitude (nin a aptitude) de Mariano Rajoy e a Santa Compaña –Acebes, Zaplana, Aguirre, …,-. Pero vouvos a recomendar un vídeo titulado “La doble vara de medir de la derecha española” e que ten a súa orixe no blog 192muertos-192Mentiras.

Aquí poderedes comprobar a diferencia entre a tregua de 1998 e a tregua do 2006, en definitiva a diferencia entre o PP e o PSOE.

enero 15, 2007 at 12:43 am Deja un comentario


Calendario

junio 2023
L M X J V S D
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930  

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.