Posts filed under ‘Webs Socialistas’
PSdeGTV
No PSdeG seguimos traballando, como non podía ser doutra forma. E despois das autonómicas decidimos potenciar o canal do PSdeG en YouTube, o cal xa melloráramos en campaña.
Agora pretendemos darlle máis vida e uso a este canal, colgando de xeito habitual entrevistas de xente do Partido, novas, preguntas e outras cousiñas. E como sempre aceptamos suxestións, as cales por outra banda espero.
Nas últimas semanas realizamos dúas entrevistas, a Ricardo Varela e a Mar Barcón na súa calidade de membros da xestora do PSdeG.
Aquí vos deixo a máis recente, que é a entrevista a Mar.
Por certo, grazas a Anxo pola súa aposta e traballo no PSdeGTV. Unha aperta Anxo.
A.M.M.A.
Touriño.net
Case en exclusiva quero adiantarvos unhas imaxes da nova web que creamos para esta campaña. Trátase da touriño.net, a web de Emilio Pérez Touriño, coa cal pretendemos mantervos informados das actividades do presidente, así como fomentar a vosa participación e colaboración.
Esta web que será presentada nunhas poucas horas, conxuntamente coa touriño.tv, pretende ser unha web que perdure no tempo, e sobre todo, que sexa unha canle de comunicación directa cos internautas.
Espero que vos guste, tanto a touriño.net como a touriño.tv.
psdeg-psoe.com. A nova web socialista
www.psdeg-psoe.com. Esa é a nova dirección da nova páxina web do PSdeG-PSOE coa cal queremos crear un espazo máis directo e máis participativo. Ademais de modernizar e adaptar a web aos novos tempos.
Levamos varios meses traballando na creación e deseño desta páxina, a cal mañá vai a presentar Ricardo Varela, o secretario de organización do PSdeG-PSOE.
Espero que vos guste, e espero que nos axudedes a mellorala naqueles aspectos que non sexan do voso agrado.
Comentarios