Posts filed under ‘Xeral’
Esto solo lo arreglamos entre todos
Queremos arranxar isto, e non imos agardar a que alguén o faga por nós.
Porque, se non o arranxamos nós, quen o vai facer?
Levamos demasiado tempo vendo en todas partes o mal que está todo. É case o único que nos contan.
Pero a crise non só está aí fóra, tamén está nas nosas cabezas. Fixéronos perder a confianza, contaxiounos o pesimismo, o desánimo.
Isto é o primeiro que debemos arranxar, queremos recuperar a confianza.
Temos motivos para nos animarmos. Nesta web atoparás moitos. Historias de xente coma ti e coma min, que se enfrontaron ao momento, que demostran
que con ilusión, creatividade, esforzo e compromiso se pode conseguir todo.
Xente que cre en si mesma e o demostra a cotío desafiando a crise.
Por exemplo, sabías que cada mes se crean cinco mil empresas neste país? Non che parecen cinco mil poderosas razóns para crer?
Queremos que coñezas esas e outras historias, que te inspiren, que te animes, que as compartas, que formen parte das conversas e que consigamos que acaben chegando aos medios de comunicación, aos telexornais, aos editoriais, entre as noticias do malo e o peor.
Temos que contaxiar a confianza do mesmo xeito que se contaxiou o pesimismo.
Porque cando ti, e ti, e ti, e eu, nos convertemos en nós, non hai nada que non poidamos arranxar.
Esto é o texto dunha iniciativa que está impulsada pola Fundación Confianza, entidade sen ánimo de lucro nin afiliación política apoiada por 18 empresas españolas de envergadura (Telefónica, Iberia, El Corte Inglés, Banco Santander e BBVA, entre outras) que achegaron entre 150.000 e un millón de euros. A campaña publicitaria ten a súa peza clave na web http://www.estosololoarreglamosentretodos.org e apoiarase en anuncios en televisión, radio e prensa escrita. O seu obxectivo é informar aos cidadáns de iniciativas anónimas que tiveron éxito a pesar da crise. Conta cun orzamento de catro millóns de euros e destinaranse 600.000 a mellorar a imaxe de España no estranxeiro, co foco en Londres e Nova York.
Sen dúbida unha idea interesante e moi positiva, da que todos deberiamos coller bo exemplo. Eu xa o fixen, agora tócache a ti. Dalle unha visitiña a esta web e atende ao que nos contan persoas como Stella Pires, Pau García-Milà y Marc Cercós, Jacinto Oliva ou El Langui.
AM
Igualdade real
Levo varios días dándolle voltas na cabeza a un post sobre a muller e a política. E non quero deixar pasar a ocasión, agora que teño algo de tempo, de dar a miña opinión sobre a representación femenina nos postos de responsabilidade, e máis despois de celebrarse o 76º aniversario do sufraxio femenino en España, ou da recente concentración de protesta das Eurodeputadas pola escasa presenza de mulleres nas institucións europeas.
Está claro que a política e o poder segue a ser machista e masculina. Os homes ocupan a meirande parte dos postos de poder e responsabilidade tanto nos partidos políticos coma nos gobernos e institucións; e, iso é algo incuestionable. Eu nunca fun un defensor acérrimo das cuotas nas candidaturas electorais, porque penso que as persoas que teñen que ir nas listas deben de ser as mellares e/ou as máis preparadas, independentemente de si son homes ou mulleres, heterosexuais ou gais, xóvenes ou vellos, guapas ou feos. Ben sei que esto é un sono, agora mesmo só é unha frase feita que soa moi ben, e que seguramente moitos dos nosos representantes din nos mítines ou en actos, pero á hora de elexir ou propoñer vanse a inclinar polo home, e apartar á muller.
Enfádame moitísmo que se poida chegar a eses extremos de machismo, ou de ignorancia e falla de responsabilidade; e, máis cando eso ocurre no meu Partido, que precisamente foi o que máis fixo en toda a historia de España pola igualdade de sexos e pola defensa da Muller. Pero, cando descendes á crúa realidade, ás diferentes delegacións da empresa matriz chamada PSOE, ves que non é así. É case imposible que unha muller sexa Secretaria Xeral, moi difícil que sexa Secretaria de Organización, …, pero case todas as secretarías de benestar social, ou asuntos sociais (o 95 %) están ocupadas polo sexo femenino. Digo eu que as féminas do PSdeG saberán de máis cousas que o benestar!!.
Pero, resulta aínda máis grave cando se escolle a unha muller para que ocupe postos “decorativos”, ou para saír na foto, out amén para rellenar e despois poder vender que se cumple a paridade. Se agora mesmo no noso país máis do cincuenta por cento da población é femenina, e as mulleres son porcentualmente e por bastante diferencia as que máis se licencian na universidade, é doado cegar á conclusión de que “habelas hainas” para ocupar cargos de importancia e de responsabilidade.
Pero, se todo isto me enfada terriblemente, o que realmente me pon de “mala hostia” –perdón pola expresión- é cando ves como as que enarbolan a bandeira da igualdade conseguen colocarse, e despois pechan a boca por medo a perder o seu status. E, por riba intentan non deixar destacar a ningunha outra por medo a perder o seu sitio, e só traballan bombardeando e boicoteando ás do seu mesmo sexo.
A igualdade é cousa de todos e de todas, porque vai en beneficio da sociedade que os mellores, sexan homes ou mulleres, ocupen os postos de responsabilidade.
AM
¿¡A modernización da Igrexa Católica?!
O Vaticano presentou un documento do Papa Benedicto co que pretenden facilitar a celebración das misas en latín. Sen dúbida este é un gran avance para esta Igrexa que camiña de xeito firme e imperturbable cara a súa modernización.
Eu confésovos que non son un católico practicante, nin moito menos; aínda que a miña filla Paula fixo a primeira comunión, basicamente porque ela quixo (calquera lle quitaba a ilusión de estrear un vestido branco ese día); pero tamén vos direi que desde que fixo a comunión non volveu a ir á misa. Dáme dúas razóns para non ir, a primeira é que ten que levantarse cedo tódolos domingos; e, a segunda é que lle parece un “pouco aburrida”. Pero como á miña filla acontécelle á maioría dos rapaces e dos maiores.
A razón é que mentres a sociedade avanza e se moderniza, e os tempos cambiaron radicalmente; a Igrexa Católica segue ancorada no pasado, empregando métodos e ideoloxías de principios e mediados do século XX, sen darse conta aínda de que xa estamos no século XXI.
Unha organización moderna non pode opoñerse ao uso dos anticonceptivos, ao aborto, á igualdade e á participación da muller, ao matrimonio ou unión de persoas do mesmo sexo, á investigación con “células madre”, a asignaturas como a Educación para a cidadanía, etc..Unha organización moderna ten que abrir as súas portas aos novos tempos, e ten que saber camiñar da man do progreso e da renovación. Pero, polo que parece, prefire continuar sendo unha estructura carente de democracia, na que uns poucos elixidos e iluminados pola “gracia de Deus” impoñen unhas normas de conducta que o resto dos empregados da multinacional eclesiástica deben de aplicar “sen rechistar”, sen dúbida porque este sistema dictatorial presenta uns resultados económicos moi positivos ao longo da súa historia; o único que realmente parece importarlle á Curia Romana.
Por iso, que o uso das misas en latín pode parecer unha anécdota máis, pero significa un paso atrás importante que pon de manifesto as intencións e os pensamentos do actual “Santo Padre”.
Recoméndovos esta tribuna de Juan José Tamayo.
Outro/a Borbón. ¡¡Viva a Monarquía!!
Levo un par días intentando escribir algo sobre a nova da semana, pero ben por “vagancia”, ben por falta tempo fixo que non me tratara o tema real ata hoxe. Desde o pasado domingo os medios de comunicación estannos a bombardear co nacemento da Infanta Sofía. Que si foi de cesárea, que cal é o seu nome, que si a foi a visitar a irmá, que pesou non sei canto, os regalos que tivo, que a quen se parece, …, un exceso informativo para unha nova que debería ter unha repercusión non máis alá do anecdótico do feito que unha parella tivo o seu segundo fillo; aínda sendo todos conscientes de quen é a parella. Eu nestes casos sempre me pregunto quen elixe a importancia da nova, os medios de comunicación que nos bombardean a diario ou o cidadán que se senta diante da televisión.
Por outra banda quería comentar outro asunto que envolve este embarazo e posterior parto que me pon colorado, e que ningún medio de comunicación ou xornalista comentou ata o de agora –que eu saiba-, resulta que os partos da princeza Letizia tiveron lugar na Clínica Rúber, un hospital privado que se define como “Desde su fundación en 1942, el Hospital Ruber se ha definido como una empresa cuya misión es dar servicios sanitarios privados excelentes”. E o que me asombra de todo isto é que a Familia Real non poda ser atendida e tratada nun hospital público, o que amosa un desprezo real pola sanidade pública.
Remato deixándovos unha frase que lin no blog de Nacho Escolar:
A Semana Santa é cousa de homes
Una cofradía de Córdoba veta a dos costaleras para evitar «posturas soeces». Esta nova aperece hoxe no xornal “El País”, a verdade é que pensei que estes temas xa os tiñamos superados, e máis desde a pasada semana cando se aprobou a Lei de Igualdade no Congreso.
Pero vexo que non, e que aínda vai a ser complicado que empecemos a comprender que homes e mulleres somos iguais, e polo tanto temos os mesmos dereitos.
Dos mujeres no podrán participar como costaleras en la procesión de Semana Santa de Córdoba porque su cofradía, la Hermandad de Nuestra Señora de los Dolores, se lo ha prohibido. El motivo, explican desde la organización, es el poco espacio bajo las faldas del paso: “Hay posturas con un acercamiento físico muy próximo que, si se vieran fuera, podrían decir que son posturas soeces”, según palabras del hermano mayor de la cofradía, Manuel Herreros.
Creo que a nova coméntase soa.
Actualización: Ao final esta Confraría aceptou que as dúas costaleiras puidesen prticipar no paso de Semana Santa. Aínda así facendo matizacións, tales como «de manera excepcional» e «sólo por este año». Por certo, que se lembren de que hoxe entrou en vigor a Lei de Igualdade, así que para o ano que vén xa se verá.
En que se diferencian??
Esta é a sede do PSOE en Alcalá de Henares e foi atacada esta madrugada con cocteles molotov.
E esta é a sede do Partido Socialista en Barakaldo, atacada tamén con cocteles molotov no mes de xuño.
A miña pregunta é: ¿Que diferencia existe entre ámbolos dous ataques?, e polo tanto ¿que diferencias aos autores dos atentados contra estas sedes?.
Eu cre quue ámbolos dous ataques son exemplos claros de kale borroka, aínda que se produxese en Euskadi e o outro en Madrid.
Telecinco, a cadea amiga??
O pasado martes estiven vendo o programa Diario D … que presenta Mercedes Milá en Telecinco. Esta semana abordaban o tema dos maltrato nas garderías, a raíz da denuncia realizada á cadea de televisión pola empregada dunha escola infantil que se marchou da mesma por non compartir como se trataba aos rapaces.
Teño que confesarvos que as imaxes que se amosaron neste programa de investigación resultáronme tremendamente fortes e impactantes, por ver como unha desalmada que se facía chamar coidadora –que e a filla da propietaria- trataba aos nenos e nenas como se fosen animais. Facíalle cousas tan desagradables como pechalos nun cuarto escuro para que pensasen, a unha nena obrígalle a comer os seus propios vómitos, e a outra tapáballe o nariz mentres lles daba de comer e para que o tragara todo, ademais do trato vexatorio e insultante con gritos constantes e insultos.
En “El Borreguito Azul” –así se chama a gardería- maltrataban a nenos e nenas de cero a tres anos, e o que parecía ser un lugar onde os pais deixaban tranquilos aos seus fillos, porque alí llos ían a atender, coidar, mimar e protexer, o que estaban facendo era humillalos, castigalos, desatendelos, … A persoa que se atreve a facer iso cun neno non é normal, está enferma e merece ser tratada; e digo esto mordéndome a lingua e omitindo algún adxectivo calificativo máis forte.
Telecinco, a cadea amiga
Pero o máis grave de todo isto, e que sae hoxe nos medios de comunicación e que a escola infantil foi pechada hoxe. Pero resulta que esta imaxes están gravadas desde o mes de decembro, e a cadea Telecinco non entregou a cinta á Consellería de Educación da Comunidade de Madrid ata onte –mércores- pola tarde. Segundo di o Conselleiro de Educación de Madrid, solicitoulle unha copia á cadea de televisión e esta negoulla dicindo que ata que emitiran o programa non llela facilitaría. E despois atrévense a facer moita propaganda cos “12 meses, 12 causas”, pero son capaces de ser cómplices de maltrato infantil durante dous meses por preservar a emisión dun programa. ¡¡Ole a Telecinco!!.
O caso, é que fai máis de dous meses que se ten coñecemento deste graves e noxentos feitos na gardería, e resulta que nin Telecinco, nin a implacable Mercedes Milá, nin o conselleiro de educación, nin o defensor do Menor –ambos da Comunidade de Madrid-, nin ninguén no seu “san xuízo” foi capaz de actuar e poñerlle fin ao maltrato a estes nenos e nenas menores de tres anos. ¡¡Incrible!!. E os pais sen se enterar, sen que ninguén os avisase do que lles estaban a facer aos seus fillos. E agora, ¿de quen é a culpa? O que si está claro é que os nenos e nenas son inocentes, ademais das víctimas.
FG gaña 9,78 millóns de euros
Francisco González Rodríguez, un galego de Chantada ao que se coñece como FG, cobrou o ano pasado 9,78 millóns de euros –que veñen a ser máis de 1.690 millóns de pesetas-. ¡¡Case nada!!. Sobre todo se o comparamos con outros salarios que consideramos elevados, pero que comparados co seu son míseros. Por exemplo, o do presidente do Goberno, José Luis Rodríguez Zapatero, que no 2007 cobrará 89.303 euros; o de Touriño, presidente da Xunta de Galicia, que vai cobrar 81.760; ou o de Manuel Marín, presidente do Congreso dos Deputados –o político mellor pagado-, que cobrará máis de 175.000 euros.
Francisco González ten a sorte de ser o presidente do BBVA, e digo a sorte porque chegou a este posto por ser amigo de Aznar, e ademais dunha maneira un tanto rara. Pero o certo é que el gaña todos eses cartos por ser o que garda a chave da caixa forte que protexe os nosos cartos, e por prestarnos cartos para que poidamos vivir un pouco mellor, en definitiva podemos dicir que gaña millóns de euros por ser usureiro profesional, un galáctico da usura.
Din que os cartos non dan a felicidade, pero non me cabe dúbida que este chantadino é algo máis feliz que a maioría dos seus paisanos
O profesor de Zapatero
Non é que sexa un asiduo lector de Libertad Digital, pero de vez en cando gústame ollar o que aparece neste anaco de internet, porque a “información” sempre resulta esaxerada e totalmente subxectiva e parcial. Algúns pensaredes que son un pouco masoca, pero creo que é bo ler e escoitar o que pensan e din os que están no extremo radicalmente oposto.
Nesta ocasión dándolle un repaso rápido a esta web “progresista e defensora da liberdade das persoas”, leo un titular na páxina de portada que di: “El profesor que concedió a Zapatero un «cum laude» le «suspende» veinte años después”. Unha vez que profundizas na nova, que xurde a raíz dunha entrevista concedida por Francisco Sosa Wagner ao xornal El Mundo, resulta que este home formou parte do tribunal que lle concedeu o “cum laudem” a ZP, e que nun libro recentemente escrito por el amosa unha visión distinta á do Presidente na política autonómica.
Esta é a des-información que fan os medios de comunicación extremistas e radicais, onde calquera asunto vale para desprestixiar e enganar. Gustaríame saber que é o que pensan os profesores de Jiménez Losantos, César Vidal, Nacho Villa, Pedro J., etc. E se hoxe en día lle darían un Progresa Adecuadamente ou Necesita Mellorar.
Comentarios