Posts tagged ‘acebes’

Aznar, ese gran humorista

Cartel do novo programa de Aznar en Canale 5

Segundo novas de última hora, e tras o éxito acadado por José María Aznar coas súas conferencias en italiano nas cidades de Milán e Roma, parece ser que o ex presidente do goberno vai a iniciar unha xira polo país transalpino realizando varios monólogos. A gracia e a desenvoltura amosada por Aznar coa lingua de Umberto Eco ou Darío Fo fixo posible, ademais, que lle empezasen a chover ofertas para actúar en diversos programas de máxima audiencia da televisión italiana, e ata existe o rumor de que pode ser o responsable de presentar as campanadas de fin de ano no Canale 5, a televisión do seu amigo Berlusconi, acompañado de Raffaela Carrá.

Aznar, a preguntas de varios xornalistas sobre esta posibilidade, respostou:

“É una posibilitá che non descartini, io non posso diccir o que faré manniana, pero sempri mi giustó el mondo di la televisione y el contatto con las persones”.

Esta nova causou certa confusión no Partido Popular, e varios dos seus líderes opinaron sobre esta posibilidade. Eduardo Zaplana, o portavoz no Congreso, foi o primeiro en opinar: “Eso es un rumor, por ahorá noy hay confirmación, pero tengan claro que de ser así, el culpable no es otro que Zapatero, que consiguió con la crispación generada durante su gobierno que el expresidente tenga que marcharse de España.”

Acebes pola súa banda a preguntas dos xornalistas durante unha rolda de prensa manifestou: “La alianza deeee ETA-Batasuna y eeel presidente del gobierno hacen que vivir en Eeeespaña sea muy difícil y cada vez más peligroso, por eeeeso José María Aznar está abriendo nuevos horizooontes en su vida personal, peeero no duden de cuando Marianooo Rajoy sea presidenteee del gobierno esto cambiará”.

Mariano Rajoy, pola súa parte, dixo: “Eehhh!!, hummmm!, cómo?. Pueshhh no lo se, aún no he hablado con Joshe … con Aznar, pero leshh puedo decir que yo tengo un primo ehhh, en Roma, y me dijo que allí se vive muy bien, y que hay mucha pasta, aunque el fútbol esh más bonito en Eshpaña.”

Este xiro na carreira profesional de José María Aznar é unha sorpresa para todos, xa que nin os máis achegados ao ex presidente podían imaxinarse que chegara algún día a dedicarse ao humor, de tódolos xeitos a nova foi ben acollida entre varios representantes da cultura humorística do noso país, e algún deles xa se ofreceu para formar parella con Aznar, entre eles o propio Chiquito de la Calzada, o cal demostrou ao longo da súa carreira profesional ser unha persoa que domina os idiomas, e xa dixo: «¡¡no puedooor, no puedooorr!!, este fistro de Asnar tiene más grasia parlando italiano que Fraga bailando la yenka”; así mesmo o famoso compositor galego Cañita Brava ofreceuse para escribir un tema para José María Aznar, aínda que manifestou que el prefire compoñer en chino ou xaponés, pero que facerá un esforzo para crear un “hit” en italiano.

diciembre 12, 2007 at 8:29 pm 4 comentarios

Sardá é un «crack»


O pasado sábado estivo invitado no programa La Noria de Telecinco Xavier Sardá, e volver a ver a este “showman” televisivo foi un pracer, foi lembrar aqueles momentos entrañables nos que trasnochaba diante da tele vendo Crónicas Marcianas.

Sardá foi e é –para min- o mellor expoñente do “late night” en España, moitos foron os que intentaron competir con el por restarlle audiencia, e moitos tamén os que intentaron superalo ou igualo unha vez que decidiu abandonar as noites –despois de oito anos-; pero ningún deles o conseguiu, porque Sardá combinaba no seu programa, ademais do seu inxenio, espontaneidade e humor; cun xenial equipo de colaboradores (Boris Izaguirre, Manel Fuentes, Paz Padilla, Carlos Latre, Deltell, o señor Galindo, Mariano Mariano, etc.); e, cun guión apto só para a medianoite.

Pois, como vos dicia, o sábado estivo de convidado nunha entrevista que lle fixo Jordi González, e na que sinxelamente estivo xenial. Analizou e comentou o incidente entre o Rey Juan Carlos I e Hugo Chávez, fixo valoracións de Rajoy ou Zapatero, amosou a súa simpatía por Acebes, pediu un trato humanitario para Jiménez Losantos, etc. En definitiva, unha entrevista do máis entretida e do máis divertida, por eso, para min Sardá segue a ser o número un.

Aquí vos deixo a entrevista a Sardá dividida en seis vídeos, grazas ao traballo de Azuuki.

Vídeo 1
Vídeo 2
Vídeo 3
Vídeo 4
Vídeo 5
Vídeo 6





noviembre 12, 2007 at 7:02 pm 1 comentario


Calendario

junio 2023
L M X J V S D
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930  

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.