Posts tagged ‘Autonómicas 2009’

25 deputados/as. Por pouco!!

María Quintas

María Quintas

Confírmase que o PSdeG consigue o/a deputado/a número 25. Grazas aos galegos e galegas do exterior repetimos os resultados de fai catro anos, e María Quintas, a candidata número cinco por Ourense, é deputada no Parlamento de Galicia.

A sensación nestes intres é a de … “por pouco!!!”. Quedámonos ás portas de consolidar o goberno do cambio, pero non poido ser, os galegos e galegas decidiron que goberne o PP de Galicia.

De todos os xeitos, grazas, e a miña noraboa para María Quintas.

AM

marzo 9, 2009 at 10:06 pm 15 comentarios

DdC. Punto e final -inesperado-

Sigo estando por aquí. Sigo vivo, aínda que triste, non o vou a negar. A noite de onte non foi doada para ningún dos que estábamos no Puerta del Camino, e moito menos doado foi a noite e o día de hoxe. Algúns alégranse de que os socialistas non gobernemos outra legislatura, e eu entendo e respecto esa alegría. Eu tamén o estaría se fose á inversa. Pero o que non me gusta e a burla, o vacile e a falla de respecto cara o opoñente, cara o rival político.

Esta campaña traballamos moito, percorremos moitos quilómetros, e ao final a sensación que queda é a da decepción, a de roubarlle horas ao sono, á familia, a de pasar días sen comer, a de estar estresado, …, para nada. Queda unha sensación de baleiro impresionante. Pero o peor e mirar as caras do resto dos compañeiros, a cara de Castiñeiras, do meu compañeiro nesta campaña –grazas Casti, sen ti non sería o mesmo-; de Marquiños –sempre activo e alerta-, de Anxo –que bo eres meu!!-, de Dieguiño –sempre queixándose pero sempre cumprindo-, de Fernando, de Marcial, de Gonzalo, de Ánxela, de Eva –grazas por todo, es increible-, de Víctor –un fenómeno!!-…; ver as súas caras de pena, decepcionados e tristes foi o que máis me marcou, é algo difícil de esquecer. Eu intentei facer de tripas corazón e disimular a miña pena para intentar animalos, pero …

Por eso me “jode” que algúns individuos agora se atrevan a facer comentarios para facer dano, comentarios que doen, porque hai xente que non ten culpa dos erros cometidos por outros, hai persoas que son profesionais no seu traballo e cumplen, e en moitas ocasións dan o douscentos por cen. Hai persoas, compañeiros e compañeiras que quedan nunha situación complicada.

Pero, agora ven o momento de reflexionar, de analizar o que aconteceu e porque razón os galegos e as galegas nos deron as costas, e porque preferiron que gobernase o PP. Estou seguro de que o PSdeG sobrevivirá a esta situación porque xa o fixemos noutras ocasións, e porque ninguén é imprescindible. Hoxe –ou onte- rematou unha época, púsose fin a un anaco da historia do PSdeG, un anaco de éxitos e de fracasos, de luces e sombras, e espero que aprendamos a lección para no futuro non volver a cometer os mesmos erros. O importante é o Partido, e os millerios de persoas que forman parte da nosa organización, e os mellares activos están na casa.

Grazas a todos os compañeiros e compañeiras, a todos os militantes e simpatizantes deste bendito Partido.

AMMA

marzo 2, 2009 at 8:58 pm 8 comentarios

Vai … e vota

O domingo é un día importante para a democracia. Os galegos e as galegas estamos chamados ás urnas para decidir quen son os que nos van a gobernar durante os próximos catro anos.

Segundo indican os estudos electorais que se están a realizar, parece que vai a haber moita abstención, e iso non é bo para a democracia, e políticamente só favorece ao Partido Popular; que por outra banda é o que leva buscando e fomentando desde o inicio da campaña.

O día 1, se non queres que volvan –como din as XSG-, debes de ir a votar.

SQCQM

febrero 25, 2009 at 11:38 am 9 comentarios

DdC. Unhas imaxes

aldeola

Onte, para empezar a última semana de campaña, tocounos visitar a Costa da Morte e Bergantiños, para rematar pola tarde en Ferrol.

De camiño a Ferrol paramos en Malpica –en Cerqueda- para xantar coa prensa que nos acompaña nestas eleccións. Paramos no restaurante Aldeola, no que xantamos un cocido, e posteriormente as correspondentes filloas e orellas.

De camiño ao restaurante con Castiñeras pilotanto a Voyager, e polo tanto cos nervios de punta, porque sabes de onde saes e a que hora, pero non onde podes acabar; deime conta de que era difícil que nos poidesemos perder dada a sinalización existente nos accesos ao restaurante, icluso cheguei a pensar nun momento que todos os camiños levaban ao Aldeola –podedes comprobalo na foto, de todos xeitos a sinaléctica é o forte deste lugar, porque a información existente no interior dos salóns é un tanto excesiva.

De todos os xeitos, e salvo a sinaléctica, direivos que o restaurante Aldeola e todo o seu entorno é un lugar precioso, ao que vos recomendo ir, se tende ocasión; eu intentarei pasar alí un fin de semana.

AM.MA

aldeola1

Vacas en Rodeiro

Vacas en Rodeiro

febrero 24, 2009 at 10:00 am Deja un comentario

DdC. Domingo de enquisas (e de entroido)

Mitin de Noia

Último domingo de campaña. Día de enquisas. É habitual que os xornais nos invadan neste día co adianto dos resultados electorais, e que os medios máis afíns a cada un dos partidos en liza lle den un mellor resultado. Eu xa teño comentado en varias ocasións que non son moi crédulo coas enquisas, e menos en Galicia, xa que como se di de nós habitualmente: “non se sabe si subimos ou baixamos”. Seguro que nos indican como están as tendecias, pero daí a dicirnos se imos a quitar 25 ou 27, se gañamos opor un ou perdemos por dous, pois non o acabo de crer. E a experiencia indícanos o índice de acerto dos últimos procesos electorais.

Nunha campaña electoral existen moitas variables que poden cambiar o voto, e eu penso que en campaña se pode perder máis do que se pode gañar, pero non me vou a enrollar agora coas miñas ideas e teorías sobre as campañas electorais, para iso xa están os estrategas; esas persoas que se sentan ao redor dunha mesa a divagar e planificar o que hai que facer e o que hai que dicir, e como hai que actuar, …, para que despois os candidatos fagan os que lles dea a gana.

Pois si, hoxe foi día de enquisas, pero a pesares diso nos seguimos coa campaña e cos mitins, a golpe de domingo imos a celebrar dous: un en Noia (na miña comarca) e outro en Monforte. Pola mañá costoume traballo levantarme, coma sempre –que ganas teño de durmir ata que me canse-, e iso que ía a atoparme co cantidade de compañeiros e compañeiras. Alí estiven con Marisa, Fontenlos, Rafa, Paco, Guillermo, Manolo e Enrique de Outes, Secundino, Antonio do Son, …, moita boa xente!!. Pero sobre todo puiden estar un ratiño con Paula e con Nerea. Alí estaba as dúas con Eva, súa nai; Paula disfrazada de vaquera, e Nerea de andaluza, moito lles gusta as dúas disfrazarse!!. Poder darlles un bico e abrazalas é unha das maiores alegrías, e como atopar un oasis no deserto da campaña. Con Nerea xa puiden estar onte pola tarde, despois do mitin de Zapatero e Touriño en Vigo; xantamos xuntos na casa de meus pais en Cespón, e despois esivemos tirados no sofá vendo a tele; Disney Channel, como non!!.

Agora pola tarde, despois de xantar un arrociño con Eva, Casti e Anxo; collemos cada un para o seu mitin, e Eva, Ánxela e Marcos marcharon para Arteixo con Mar e Alfonso Guerra; e Casti e eu collemos camiño de Monforte.

Por certo, mentres escribo estas liñas no coche direivos que na entrada a Rodeiro tivemos que deternos porque unhas cantas vacas cruzaron a estrada nese momento, e aínda que non houbera paso de cebra, tivemos que deternos á forza porque tiñan preferencia. E non están os tempos para meterse coaas vacas, senón que llo pregunten a Feijóo.

Ahh!!. E feliz domingo de entroido, porque disque estamos en entroido.

A.M.M.A.

febrero 22, 2009 at 8:50 pm 1 comentario

DdC. O Xabarín

Xabarín Club

Xa superamos os dous mil quilómetros e confésovos que empezan a pesar os días. E sobre todo empeza a pesar non poder ver á familia, canto boto de menos a Paula e a Nerea. Levo case quince días sen estar con elas e sen poder abrazalas, só falando con elas por teléfono.

Pesa tamén o “stres” e a tensión, o carecer de tempo para descansar e para o ocio, para pasear. Pero as campañas son así, e máis as eleccións autonómicas.

Percorremos as catro provincias varias veces, houbo un día que paseamos polas catro, aínda que tamén é certo que Galicia non é os Estados Unidos, pero bueno!!, cansar, cansa igual. A verdade é que teño cantidade de anécdotas, pero hai unha que nos pasou no Grove o xoves que foi xenial. Cando chegou o Presidente había un grupo de rapaces de entorno as un dez e doce anos manifestándose cuns carteis; O Presidente ao velos pedíu que se achegara algún desles a explicarlle o que lles pasaba e porque protestaban. Unha rapaza foi a xunto del e explicoulle que o motivo da súa protesta era porque a TVG poñía polla mañá o Xabarín Club (de oito a oito e media) e o retirara da programación de tarde, e eles querían que o seguisen emitindo pola tarde. Touriño solidarizouse con eles, e a rapaza aproveitando a coxuntura xa lle pedía que asinase unha postal do Xabarín e se quitase unha foto coa chapa, a postal e ela, Emilio accedeu, e ao rematar, O Presidente, díxolle se lle regalaba a chapa.

Hai moitas anécdotas, tal e como vos contaba, e moitos quilómetros percorridos, pero aínda quedan moitos por facer, e de seguro que moitas anécdotas máis. Espero ter forzas para poder adicarlle uns minutos a este blog, e seguir contándovos cousas.

Teño moitas ganas de vervos Paula e Nerea.

A.M.e G.

febrero 20, 2009 at 10:12 pm 2 comentarios

O blog de Touriño

Blog de Touriño

Blog de Touriño

A pasada semana O Presidente abríu o seu vídeoblog en touriño.tv. Pero para darlle un maior repercusión agora decidíu abrir tamén un blog no que colgue os vídeos do youtube e as transcripcións do que conta.

Este diario de campaña do Presidente (voulle a cobrar dereitos de autor polo nome) actualizarase a diario. Espero que vos guste esta nova ferramenta dixital, a que espero que sexa duradeira e a súa vida se prolongue máis alá da campaña electoral.

Blog do Presidente.

febrero 19, 2009 at 3:41 pm 4 comentarios

DdC. Perdidos

Perdidos en Teis

Perdidos en Teis

Chegar ao Barco de Valdeorras é un largo percorrido,pouco máis de dúas horas se tarda desde Santiago. Bueno, nós tardamos algo máis, porque o GPS liouse un pouco e Castiñeiras un pouco máis. Non vos minto nin esaxero se vos digo que pasamos ata tres veces polo mesmo sitio, e que en Lalín viñemos por algúns sitios polos que difícilmente pasaba o coche. Creo que algún dos lugares estaban sin descubrir. Pero ao final, grazas á pericia de Castiñeiras, e sobretodo á divina providencia conseguimos chegar á estrada que nos conduciría ata O Barco. Teño que confesarvos que estou un pouco “acojonado” coa volta, porque se nos perdemos de día, de noite non sei a onde podemos ir a parar. Xa vos direi.

Que nos perdamos no coche non é habitual, só nos acontece todos os días. Sen ir máis lonxe onte pola mañá perdemos en Vigo, camiño de Teis, e chegamos a un sitio que non tiña saída (o da foto). Era unha casa onde remataba a pista pola que pretendíamos chegar ata o mercado de Teis. As risas no coche eran escandalosas, especialmente cando saíu cara nós ladrando un can enorme, e casti intentaba dar a volta ao coche nun sitio bastante pequeno.

E despois prodúcense miragres inexplicables, feitos para o estudio e a análise de Íker Jiménez. Onte camiño de Vilalba seguíanos un coche dun dos compañeiros de campaña, e o condúctor equivocousa ao coller a autovía. Nós fomos todo o tempo pola autovía ata Vilalba, e cando chegamos ao hotel no que se celebraba o mitin, resulta que xa estaban alí. Como é posible??. Teóricamente adiántaase máis pola autovía que pola estrada. Pois non sabemos que aconteceu, pero gañáronnos.

Pouco máis que contarvos que en Valdeorras fai frío, e que estamos a piques de empezar o acto, a xente empeza a chegar, e que estou un pelín triste.

febrero 18, 2009 at 11:52 am 2 comentarios

DdC. Casti, ti vales moito!!

Javier Castiñeiras

Javier Castiñeiras

Mitines, mercados, paseos pola rúa, etc. Desde o venres castiñeiras e eu levamos xa case mil quilómetros percorridos: Santiago, Vigo, A Coruña, Pontevedra, Vilalba; tres provincias recorremos nestes catro días, hoxe as tres no mesmo día. E como comprenderedes tantos quilómetros dan para moito, e máis cando se viaxa con Castiñeiras, un compañeiro único e unha gran persoa.

Casti ten unha preocupación, pensa que non se valora o suficiente o seu traballo, e en ocasións ten razón, xa que cando está ninguén pregunta por el, pero cando falta todos andamos preguntando: “onde está Javier?, a onde foi?, Javieeerrr!!!!”. E seguramente non sexamos capaces de trasladarlle o importante que é para o equipo de Rúa do Pino, e eu son quizais o que máis lle esixa e lle pide, pero é que en ocasións consideroo como un irmán pequeno.

Ademais, é unha persoa coa que nunca te aburres, sempre tenn unha anécdota que contarche, e ademais ten esa gracia galega, esa sorna e retranca tan nosa. Pois i maxinádevos o que é subirse nun coche que consume máis que o transbordador espacial, e que é coma un microbús de tamaño, sin GPS e con Javi e carecemos de sentido da orientación. As horas e os quilómetros dan para moito. Pero agora estamos acabando o mitin, e non podo contarvos ningunha anécdota. Deixoas para mañá.

AAAAAA.MMMMMM.

febrero 16, 2009 at 10:05 pm 8 comentarios

DdC. Non todo é política

Onte na Coruña tivemos un mitin impresionante con Zapatero e con Touriño. Pero non vos quero falar diso, hoxe quero que disfrutedes escoitando a tres rapazas: Ángeles, Carmen e Aixa, que teñen como nome artístico Gospel 3; e que cantan moi moi moi ben.

Durante o mitin de Riazor interpretaron unha versión góspel de «Quen puidera namorala», unha versión adaptada por elas mesmas. Eu só podo dicirvos que son IMPRESIONANTES.

A.M.

febrero 16, 2009 at 6:30 pm 1 comentario

Entradas anteriores


Calendario

junio 2023
L M X J V S D
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930  

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.