Posts tagged ‘blog’

“Politicamente incorrecto”. Grazas José Luis

prieto_voz_entrevista

Lendo hoxe La Voz de Galicia atópome cunha entrevista a José Luis Prieto, un blogger nado en Madrid pero que recentemente adoptamos como galego, xa que se veu a vivir a Bertamiráns coa súa familia.

O blog de José Luis é o máis visitado de toda Galicia e o octavo de toda España –segundo o raking de Wikio– no apartado de política, por diante de algúns tan importantes coma o de Pepe Blanco, Juan Carlos Escudier, Luis Solana ou Iñaki Anasagasti –tan popular ultimamente coas súas opinións sobre a monarquía-. Aproveito para indicar tamén que a miña humilde bitácora ocupa o posto 65.

O motivo deste post é para, ademais de para felicitar a José Luis polo seu blog, para darlle as grazas polo que comenta nesta entrevista sobre o meu blog:

“La bitácora de Blas García, secretario general de Barbanza es buenísima, es muy crítico y políticamente incorrecto”.

Entenderedes que é unha honra que alguén comente algo semellante, porque como diría o monarca de todos os españois “me llena de orgullo y satisfacción”. De agora en diante procurarei sendo politicamente incorrecto, e intentarei non defraudar a ninguén.

Entrevista en pdf

enero 8, 2008 at 8:15 pm 2 comentarios

365 días de blasgarcia.com

blog_blas.jpg

Xa fai un ano que empecei con esta aventura do blog, o 25 de novembro do pasado ano colguei o meu primeiro post, e desde aquel día logrei manter unha actividade que nin eu mesmo me imaxinaba que podería desenvolver; a verdade é que dubidada que puidese aguantar tanto, xa que eu son dos que acostumo a cansarme rápido, pero nesta ocasión teño que confesarvos que esto do blog chegoume a enganchar ata tal punto que diariamente acudo a visitar este espazo persoal que posúo na rede.186 posts e 547 comentarios, 57.339 visitas e un máximo de 2.033 nun só día, un dos meus post apareceu na portada de La Voz de Galicia, ademais de no Xornal.com, en Vieiros, no Galicia Confidencial, no Chuza, etc. Aínda que todo isto está ben e serve para subir o ego, o máis importante e o que máis valoro destes 365 días na rede e saber que hai persoas que che seguen a diario, que len e opinan o que escribes, que fas amigos e compañeiros de opinión, e en definitiva, que sempre hai alguén ao outro lado do portatil.

Grazas a Iván, Loli, Carlos, Lage, Marcus, Marco, Rubín de Cendoya, Mª Amelia, Delfín, José Luis, Nelly, Eladio, Julio, Vicente, …, e a outros moitos que me acompañan durante esta viaxe pola rede e que coa súas visitas e comentarios me axudan a seguir tecleando opinións persoais –e só persoais- sobre o que me peta, contar parte do meu traballo ou a facer recomendacións.

Seguiremos en contacto.

noviembre 27, 2007 at 1:53 am 14 comentarios

Mª Amelia: noraboa e moitas grazas

O 26 de decembro do pasado ano dando un paseo polo Chuza descubrin unha nova na que falaban dunha señora de Muxía que acababa de cumprir 95 anos e o seu neto lle regalara un blog, a miña curiosidade ante unha nova tan extrana levoume a visitar este espazo na rede, e quedei tan sorprendido e tan namorado das historias de Mª Amelia que non dubidei en poñer un post no meu blog –creo que fun dos primeiros-. Pero o efecto “amis95” empezou a correr como a polvora por este incrible mundo da rede, e aos poucos días a avoa de Muxía xa formaba parte dos xornais de toda España, dos informativos e outros programas da televisión, e concedía entrevistas nas radios; un fenómeno que nos indica a forza que ten internet, e como unha nova anecdótica e singular pode convertirse nun fenómeno a nivel mundial.Ademais de en España, tamén en Italia, Alemaña, Reino Unido, Holanda, Bélxica, Rusia, Croacia, …; ou en países x amáis alonxados como Argentina, Brasil, Estados Unidos, Chile, India, Australia ou Xapón se fixeron eco da avoa blogueira. Polo que o seu blog e a súa autora pasaron a ser coñecidos nos cinco continentes e a recibir unha media de máis de 2000 visitas diarias.

Mª Amelia sempre se amosou sorprendida con todo este éxito mediático, e desde a súa sabiduría e experiencia reclamou incesantemente o necesario e útil que é internet, e anima aos pais a “compren el Internet para los niños”, e anima aos maiores a que “lo compren y les digan a sus hijos o sus nietos que les enseñen”. Non cabe dúbida de que a avoa cibernáutica, como a chaman os seus netos da rede, este ano foi moi especial, e cambioulle bastante a vida, tal e como ela afirma: “Internet fue lo que mejor me pudo pasar, porque yo necesitaba amigos para pasar el rato y ahora estoy muy acompañada, muy respaldada. Son tantos los que me escriben… ¡Estoy contentísima!. Me siento muy querida.”

Pero o colofón a todo este ano remata –polo de agora- co galardón nos premios BOBs ao mellor blog en castelán. Un premio que é merecido pola frescura que Mª Amelia lle aportou á rede, e porque coas súas historias e as súas reflexións a moitos nos enganchou e nos fixo ver que internet non ten idade, e moito menos límite. Nos demostrou que con ganas, interese e dedicación unha persoa, teña a idade que teña, pode ser tremendamente útil e necesario para moitas persoas.

Tamén existen internautas que critican que se lle concedese este premio a Mª Amelia, e os seus motivos terán e son enormemente respectables, pero a rede e os blogs afortunadamente non é un recuncho exclusivo para profesionais das novas tecnoloxías, e a revolución e o que significou Mª Amelia ben merece este premio e outros que de seguro lle chegarán.

Mª Amelia, só dicirche unha cousa, felicidades e moitas grazas polos bos momentos que me fixeches pasar lendo o teu blog, e polos que de seguro vou a seguir pasando.

noviembre 16, 2007 at 3:16 pm 2 comentarios

Mª Amelia e Paula cara a cara

Fotos da reportaxe

Senior vs Junior. Así subtitulaban no suplemento do Grupo Vocento o cara a cara que manteñen Mª Amelia López (amis95.blogspot.com) e Paula García (pauladeboiro.blogspot.com). Dúas visións da rede e dos blogs a través dunha bisavoa de 95 anos e dunha nena de 9, ambas as dúas galegas, unha de Muxía e a outra de Boiro.Como xa saberedes a maioría dos que acceden a este blog, estou bastante ligado a estas dúas blogueiras, a Paula porque é a miña filla –que podo dicir dela, xa vos imaxinades- e a Mª Amelia porque fun dos primeiros que descubrín e potenciei o seu blog, e porque sinto un especial cariño e alegría polo seu éxito e a súa labor cibernética.

O suplemento Infoempleo do grupo Vocento decidiu xuntalas ás dúas para dar a coñecer como accederon á rede, a súa experiencia cos seus respectivos blogs e os seus diferentes puntos de vista.

Se vos interesa, podedes ver a reportaxe nos seguintes enlaces:

Páxina 1
Páxina 2

octubre 8, 2007 at 1:49 am 2 comentarios

Entradas recientes


Calendario

diciembre 2019
L M X J V S D
« May    
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031  

O meu Twitter

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.