Posts tagged ‘Fernando Alonso’

Bravo Fernando!!

Bravo Fernando!!

Anuncios

octubre 12, 2008 at 11:51 am 4 comentarios

“A Dennis se le han puesto por corbata”


Que Fernando Alonso é un “crack” creo que xa ninguén o pon en dúbida. Pode caer ben ou mal, pero como piloto de Fórmula 1 é o mellor. E para proba está o GP de Australia, onde demostrou cun coche máis ben mediocre, e a pesares da caótica carreira na que só conseguiron acabar sete coches, a súa calidade rematando en cuarta posición, por diante do McLaren de Kovalainen.

Que o seu Renault está moi lonxe das escuadras punteiras veuse claramente na madrugada do domingo, pero tamén puidemos ver –aqueles que decidimos deitarnos tarde- a un piloto con moito valor e cun control da carreira e do seu coche fora de serie. Está claro que os accidentes e a saída do safety car non lle axudou demasiado, xa que cada vez que lle tocaba entrar a repostar era cando había un accidente e pechaba o pit lane; pero aínda así foi capaz de dar espectáculo e ata de adiantar dunha tacada a un Ferrari e a un McLaren.

Esta temporada vai a ser bastante dura, para Renault, para Fernando e para os aficionados, xa que estamos acostumados a ver ao asturiano loitando para gañar; pero esta tempada moito ten que mellorar o R28 para que sexa así, aínda que de todos os xeitos vainos a dar espectáculo.

E como dixo esta fin de semana Briatore: “A Dennis se le han puesto por corbata”

marzo 16, 2008 at 10:21 am Deja un comentario

Fernando, nunca pilotarás solo

Ao final houbo milagre en Brasil, pero en beneficio de Kimi Raikkonen. O finlandés acabou gañando a carreira e o campionato do mundo. Que lle imos a facer!!.A carreira de Interlagos empezaba ben, con Hamilton por fora e Fernando de terceiro, máis tarde o inglés tivo un problema mecánico que o relegaba ao posto 18. Pero, todas estas milagres, a parte de darnos esperanzas, acabaron sendo para Kimi. Pero, non vos vou a negar que aínda que a tarde non rematou nunha festa, ao non gañar Fernando, alomenos tampouco o conseguiu o piloto protexido de Ron Dennis e de McLaren Mercedes.

A imaxe que trasladou toda esta tempada de Fórmula 1 a escuadra inglesa foi lamentable e esperpéntica, cun Ron Dennis que se amosou como incapaz para xestionar unha situación que se lle escapou das mans, pola súa obcecación por protexer e defender a Lewis Hamilton, en detrimento do campión do mundo que acababan de fichar. E esa situación de toda a tempada rematou dun xeito impensable nun principio: coa victoria de Ferrari e cos pilotos de McLaren de segundo e terceiro. Está claro que a igualdade pregoada e defendida por Dennis non lle serviu para poder conseguir o mundial de pilotos. Os erros de principiante –o que é- de Hamilton nos momentos claves fixeron que fracasara McLaren no seu intento, outra cousa pasaría se apostasen polo verdadeiro número 1, ou se aplicasen a igualdade de Dennis de verdade.

Que McLaren perdese o mundial só ten un responsable, e ese é Ron Dennis, e cando unha empresa como esta, que manexa tanto presuposto, e que xoga cos intereses de tantos “sponsors” só pode tomar unha decisión: DESPEDILO.

Rematar dicíndovos que hoxe, durante a carreira, acordeime moito dunha persoa, do PAI DE HAMILTON, ao cal apenas se viu (só nunha ocasión); gustaríame saber onde estivo e que pensará.

Non quero pechar este post sen darlle as grazas a Fernando por facernos disfrutar, sufrir, saltar, madrugar, rir, …; grazas Fernando por estar aí, por ser como es e dicir o que pensas, e como dicía unha pancarta duns aficionados:

FERNANDO, NUNCA PILOTARÁS SOLO

octubre 21, 2007 at 9:00 pm 5 comentarios


Calendario

diciembre 2017
L M X J V S D
« May    
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

O meu Twitter

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.