Posts tagged ‘Hamilton’

Fernando, nunca pilotarás solo

Ao final houbo milagre en Brasil, pero en beneficio de Kimi Raikkonen. O finlandés acabou gañando a carreira e o campionato do mundo. Que lle imos a facer!!.A carreira de Interlagos empezaba ben, con Hamilton por fora e Fernando de terceiro, máis tarde o inglés tivo un problema mecánico que o relegaba ao posto 18. Pero, todas estas milagres, a parte de darnos esperanzas, acabaron sendo para Kimi. Pero, non vos vou a negar que aínda que a tarde non rematou nunha festa, ao non gañar Fernando, alomenos tampouco o conseguiu o piloto protexido de Ron Dennis e de McLaren Mercedes.

A imaxe que trasladou toda esta tempada de Fórmula 1 a escuadra inglesa foi lamentable e esperpéntica, cun Ron Dennis que se amosou como incapaz para xestionar unha situación que se lle escapou das mans, pola súa obcecación por protexer e defender a Lewis Hamilton, en detrimento do campión do mundo que acababan de fichar. E esa situación de toda a tempada rematou dun xeito impensable nun principio: coa victoria de Ferrari e cos pilotos de McLaren de segundo e terceiro. Está claro que a igualdade pregoada e defendida por Dennis non lle serviu para poder conseguir o mundial de pilotos. Os erros de principiante –o que é- de Hamilton nos momentos claves fixeron que fracasara McLaren no seu intento, outra cousa pasaría se apostasen polo verdadeiro número 1, ou se aplicasen a igualdade de Dennis de verdade.

Que McLaren perdese o mundial só ten un responsable, e ese é Ron Dennis, e cando unha empresa como esta, que manexa tanto presuposto, e que xoga cos intereses de tantos “sponsors” só pode tomar unha decisión: DESPEDILO.

Rematar dicíndovos que hoxe, durante a carreira, acordeime moito dunha persoa, do PAI DE HAMILTON, ao cal apenas se viu (só nunha ocasión); gustaríame saber onde estivo e que pensará.

Non quero pechar este post sen darlle as grazas a Fernando por facernos disfrutar, sufrir, saltar, madrugar, rir, …; grazas Fernando por estar aí, por ser como es e dicir o que pensas, e como dicía unha pancarta duns aficionados:

FERNANDO, NUNCA PILOTARÁS SOLO

octubre 21, 2007 at 9:00 pm 5 comentarios

Un aparcamento perfecto

A verdade, hai que recoñecerlle a Hamilton que aparcar aparca moi ben. Oxalá que en Brasil nos deleite cun aparcamento coma o de Shanghai.

O que non entendo é como despois dese fabuloso aparcamento veña a grúa e lle leve o coche, a verdade e que a FIA non respecta a ninguén. ¿Quén pagará a multa ao final?. Seguramente seu pai, non?

octubre 10, 2007 at 12:57 am Deja un comentario

As miragres de Fernando

Fernando Alonso

(8/10/2007). “Peleábamos contra Alonso y nos valía que Kimi ganara y Lewis fuera segundo”. Ron Dennis, Xefe de McLaren.

(8/10/2007). “Si Alonso ganara el título sería una broma. Durante semanas Alonso se ha comportado tan mal con su equipo que difícilmente le quedará allí algún amigo o apoyo”. Niki Lauda, gañador de tres mundiais de F1, o último con McLaren.

(6/10/2007). “Es obvio que la persona indicada para ganar el campeonato del mundo es Lewis (Hamilton)”. Bernie Eccleston, Xefe da Fórmula 1.

(6/10/2007). “Fernando Alonso, en sus dos años como campeón del mundo no ha hecho nada (pola Fórmula 1)”. Eccleston novamente.

(28/09/2007). “(Alonso) no es la persona que creía que era, pero las cosas son así”. Lewis Hamilton.

(19/09/2007). “Prost era un perro. Y Alonso es peor”. Niki Lauda

(17/09/2007). “Alonso: estafador y chantajista – Y encima, como recompensa, ¿otra vez campeón mundial?”. “Para Alonso no hay sitio en las flechas plateadas”. Diario alemán Bild.

(13/09/2007). “No nos hablamos, pero no importa. No hemos vuelto a conversar desde entonces (GP de Hungría)”. Ron Dennis.

(4/06/2007). “Nosotros estaríamos más felices que nadie si Lewis (Hamilton) ganara”. Norbert Haug, Director de competición de Mercedes.

Despois de ler este pequeno resumo das manifestacións realizadas durante os últimos meses alguén pode dubidar que hai un favorito claro para gañar o mundial de Fórmula 1 deste ano. E se a esto lle engadimos as fabulosas decisións adoptadas pola FIA (GP de Hungría e GP de Xapón) a favor de Hamilton, unido á mala presión dos neumáticos, etc., pouco máis queda que dicir.

Pero a realidade é ben distinta, xa que Fernando está acostumado a loitar contra os “elementos”, xa o fixo o ano pasado; e polo de agora xa conseguiu ganar a batalla de Shanghai, quén está por asegurar que non vai ganar a de Interlagos, e polo tanto conseguir vencer na guerra do mundial do 2007?.

Por certo, aquí tendes máis frases:

(6/10/2007). “A lo largo del año muchos pilotos han sido sancionado por pequeñas cosas, pero hay uno al que nunca le ha pasado nada. Parece que alguien quisiera que el Mundial lo ganara Hamilton”. Felipe Massa, piloto de Ferrari.

(4/10/2007). “Hizo una mierda de trabajo detrás del coche de seguridad”. Mark Webber, piloto de Red Bull.

(2/10/2007). “Si contratas al número uno, tendrás que tratarlo como tal”. Flavio Briatore, xefe de Renault.

(22/09/2007). “Fernando es una buena persona. Se fue a McLaren, y cuando mi esposa Connie y yo nos enteramos de que Lewis sería su compañero, pusimos el grito en el cielo. Inmediatamente sentimos pena por Fernando, porque Lewis es el mimado de Ron Dennis. Le pagó la carrera y quiere que sea él quien gane, no Fernando. A Lewis lo considera como su propio hijo. Fernando para él no es nadie”. Juan Pablo Montoya, ex piloto de McLaren.

(22/09/2007). “Ron Dennis quiere que gane Lewis Hamilton, no Fernando. Preferiría que ganara el inglés antes que el español. Lewis es como un hijo para él y Fernando, en cambio, no significa nada”. Juan Pablo Montoya.

Máis información aquí

octubre 9, 2007 at 12:45 am 4 comentarios


Calendario

junio 2017
L M X J V S D
« May    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930  

O meu Twitter

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Fotos

Debuxo do Carrabouxo

Nevada (2)

Nevada (2)

Nevada (2)

Nevada (2)

Más fotos