Posts tagged ‘Igrexa Católica’

A Mafia Católica

A Igrexa Católica saíu á rúa novamente, disque para defender á familia, pero ¿que entende esta Igrexa retrógrada e fascista por familia?. No seu caso a palabra familia lembra máis a unha Mafia baixo a dirección dun padriño, que ben podería ser Benedicto XXI, e un capo –en España- que non pode ser outro máis que Rouco Varela; esa é a verdadeira familia que defenden estes membros da camorra católica, que se atreven a facer política para defender os seus intereses mafiosos.

Son capaces, desde o púlpito que lles da a súa posición privilexiada, de criticar a un goberno lexítimamente elixido polos cidadáns, e amparados por unha dubidosa moralidade e un catecismo anticuado e interesado son capaces de falar de presuntos fraudes, enganos, ou da “disolución da democracia”. Pero, ¿que entenderán estes fundamentalistas cristiáns de democracia ou de liberdade, cando a institución á que eles pertencen funciona únicamente dun xeito dictatorial.

Acaso os defensores da familia cristián poden defender e protexer a individuos coma o arzobispo de Tenerife que din cousas como: «Puede haber menores que sí lo consientan y, de hecho, los hay. Hay adolescentes de 13 años que son menores y están perfectamente de acuerdo y, además, deseándolo». Nunha organización seria e normal, alguén que fixese unhas manifestacións deste tipo estaría na rúa ao día seguinte, pero os protectores da familia amparan sen pudor a un enfermo como este.

¡¡Deus nos colla confesados!!

enero 3, 2008 at 3:06 am 9 comentarios

Monseñor o fariseo

Blázquez e Rouco

A Igrexa Católica española xa iniciou a campaña electoral, e o único ao que podo achacar as palabras de Ricardo Blázquez nas que presuntamente pedía perdón pola participación da igrexa na Guerra Civil.

«Deseamos pedir el perdón de Dios para todos los que se vieron implicados en acciones que el Evangelio reprueba, estuvieran en un lado u otro lado de los frentes trazados por la guerra”. Estas palabras de Blázquez -entre outras- representan para a maioría dos medios de comunicación unha gran nova porque a Igrexa pide perdón. E, como vos dicía, considero que Blázquez é un fariseo, un actor que está interpretando un papel nun momento determinado porque tanto a el como á Igrexa que representa lle interesa, pero a realidade é que ata o de agora nin Rouco, nin Cañizares, nin o Papa lle pediron perdón ata o de agora ás víctimas da “santa cruzada” franquista aos cales sempre mantiveron no seu esquecemento; nembargantes aos do outro lado, aos seus, si os lembran e premian coa beatificación –498 recentemente-. Como di o refrán: unha cousa é predicar –monseñor- e outra dar trigo, e Blázquez trigo ata o de agora non foi capaz de darlle ningún aos do outro bando, a aqueles que fusilaron nos cemiterios e mataron ás portas das igrexas.

A Conferencia Epìscopal, co seu presidente á cabeza, está xa inmersa nunha campaña electoral da que é parte importante e interesada desde fai xa moito tempo, e ao igual que o PP os bispos españois tamén fan a súa Conferencia Política, as cales coinciden case nos días; e mentres Rajoy fai anuncios de fume –coa baixada de impostos-, Blázquez, que non vai ser menos, xoga tamén o seu papel de telepredicador.

¡¡Deus nos colla confesados!!

noviembre 20, 2007 at 8:10 pm 1 comentario


Calendario

junio 2023
L M X J V S D
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930  

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.