Posts tagged ‘Juan Carlos I’
O rey xa ten un corrido
O ¡Por qué no te callas! do Rey está dando para moito, e a última que acabo de escoitar é un “corrido tex mex” segundo me informan as miñas fontes friki-musicais, que se diferencia do corrido tradicional porque son un estilo latinamericano de canción protesta.
Pois o Álex este –que é o Raimón venezolano- fixo un corrido criticando a Chávez. É do máis orixinal que escoitei sobre este asunto real.
Escoitar o corrido na Cadena Ser.
¡¡Por que no te callas!!
¡¡Zapatero defendendo a Aznar!!. Alguén podía pensar que iso ía a acontecer?. ¡¡Eu creo que non!!. Ao igual que ninguén podía imaxinarse a “saída” do “Rey” mandando calar a Chávez.
Como dicía Zapatero mentres defendía a Aznar: “el ex presidente fue elegido por los españoles, y exijo respeto, …”; e precisamente eso é certo, Aznar foi votado en dúas ocasións, e polo tanto democraticamente. Pero os membros do PP non son capaces de respectar a Zapatero como presidente, a pesares de que tamén foi elixido polos mesmos votantes que con anterioridade apoiaron a Aznar.
O “Rey” mandou calar a Hugo Chávez, e tiña razón, pero quen manda calar a Zaplana, Acebes, Rajoy ou ao propio Aznar cando dun xeito tremendamente irrespectuoso insultan, ofenden e inxurian ao xefe do goberno español.
José María Aznar, despois da defensa, chamou a Zapatero –e ao “Rey”- para darlle as grazas polo seu apoio, pero o Partido Popular, dentro do respecto que o caracteriza, dixo que o Goberno español mantivo unha “actitud pusilánime”.
Non sería oportuno que alguén agora lle dixese aos populares: “¡¡Por que no te callas!!».
Relacionadas:
Comentarios