Posts tagged ‘La Voz’
Alucinadito con Santiago Rey
“Alucinadito” estou, despois de ler o demagóxico artigo do inefable presidente-editor-censor-amo dese xornal que é exemplo de obxetividade e imparcialidade política. Si señor, este individuo, que ten no seu peto máis medallas e homenaxes ca calquera medallista olímpico, atrévese a erixirse na voz da rúa; pero, de que rúa?. Da rúa dos galegos e galegas que traballan máis de oito horas ao día –os máis afortunados- por un salario reducido, que pagan unha hipoteca polo seu fogar e que conducen un coche mercado cun crédito persoal, …. Ou dos galegos e galegas, coma el, que posúen un status alto, e son desos que declaran máis de cincuenta mil euros ao ano e atacan ao goberno, porque pretende que paguen máis impostos nun momento de crise.
De verdade o señor Rey fala por boca dos meus veciños de Cespón?. Acaso escoitou as queixas do Charro, de Joaquín, de Óscar, de …, no bar de Moncho do Correo. Ou chamouno por teléfono, ou mandoulle un mail Maruja, Pepa ou María del Mar, contándolle as dificultades que teñen porque os seus netos, fillos ou maridos non teñan traballo, e o Banco Pastor ou as caixas galegas os apreta, ou non lle dea un peso –perdón, un euro-.
Non cabe dúbida, que o señor Rey, atina en algunhas cousas que escribe, faltaría máis!!. Pero que sexa el o que as diga; e, que sexa el o que se erixa en voceiro dos galegos e galegas, e pregone aos catro ventos cales son os males dos gobernos, os erros dos políticos, as causas da crise, … Este “notario” escribe o que lle dá a gana, e di o que lle apetece, porque por eso o xornal no que escribe é seu; pero non di que somos os galegos e galegas de a pé, os da rúa, esos aos que nos quere dar voz, …, que somos nós os que financiamos o seu xornal. Non conta o señor Rey cantos cartos das arcas públicas recibe o seu poderoso Grupo en concepto de subvencións, publicidade, e pagos varios. Non di o señor Rey, que el tamén se beneficia –o seu Grupo– dos derroches e dispendios da Administración. E eu pregúntome se o poderoso Grupo Voz sería capaz de sobrevivir sen eses ingresos.
“La voz de la calle” é un claro exemplo de como hai individuos que se creen seres superiores. Señor Rey, despois de ler o seu artigo só podo dicirlle: Felicidades no seu 71 aniversario, e que cumpra vostedes moitos máis, …, para poder seguir poñendo a man para recibir máis axudas da Administración, pero que veñen do peto dos galegos e galegas. E por certo, ser un demócrata e ser un defensor da liberdade, da igualdade, de dereitos que vostede cercena no seu xornal, xa que a equidade, e a imparcialidade non son virtudes que vostede practique de xeito habitual.
AM
Quo Vadis Quin ??
“Asusta pensar lo que tendrá en mente el vicepresidente de la Xunta cuando afirma, como acaba de hacerlo ante la comisión de investigación sobre el Gaiás, que la Ciudad de la Cultura será un contenedor ‘da memoria e da identidade nacional’ de Galicia”.
Roberto Blanco Valdés escribe hoxe na súa columna de La Voz de Galicia un artigo (¿Por qué dicen nacional si quieren decir nacionalista?) sobre o Quintana, o BNG e o novo concepto e visión dos nacionalistas sobre a Cidade da Cultura.
Creo que Blanco Valdés nesta ocasión da no cravo, xa que a comparecencia de Quintana na Comisión do Gaiás sementeu certas dúbidas –a min si- sobre o proxecto do que foi denominado –polo BNG- coma o “mauseleo de Fraga”, e que agora parece que o queren converter nun monumento ao nacionalismo.
Comentarios