Posts tagged ‘Lage’

Lage, un amigo. Intervención no Congreso de A Coruña

Lage é un bo amigo meu, un moi bo amigo. Sempre o digo, é tan bo amigo que é o padriño de Nerea, a miña filla pequena.

Eu coñezo a Lage desde fai moitos anos, tiña el catorce e eu andaba polos vinte, e coincidimos en Xuventudes; por eso sempre o considerei coma un irmán. Digo todo esto, porque eu nunca cambiarei a amistade nin polo poder, nin por intereses e moito menos por medo. Eu hai que algo que respecto por encima de todo, e iso son os amigos de verdade.

En política coñeces a moita xente, convives e traballas con moitas persoas. Pero amigos só fas uns poucos, moi poucos; chéganche os dedos dunha man para contalos. Pero eu estou contento, porque no meu paso por este anaco da miña vida atopei a unha persoa como Lage, atopei a un AMIGO.

Estes vídeos que vos colgo aquí é a intervención de Lage no Congreso Provincial de A Coruña. Ese congreso no que dou o paso ao fronte e se presentou como candidato á Secretaría Xeral. Neste congreso Lage tivo unha intervención brillante, que lle saíu da alma; unha intervención na que se nota que cree, quere e respecta a este Partido e aos seus militantes e simpatizantes. Non gañou o congreso, eso xa todos o sabemos, pero gañou o respecto de moitas persoas que desde ese día saben que hai futuro, que hai esperanza, ilusión, esforzo, traballo, … pero que vos podo decir eu, non sería imparcial porque é AMIGO MEU

AM


diciembre 17, 2009 at 2:58 pm 2 comentarios

O homeLAGE

O venres foi unha noite moi emotiva, xa que tivo o seu colofón o que Xaime denominou a “operación HL”. Durante varios días unha comisión encargouse de organizar o homeLAGE, que consistía única e exclusivamente en facerlle unha homenaxe de despedida das Xuventudes Socialistas ao compañeiro e amigo José Manuel Lage, xa que a vindeira semana cumpre a idade na que se debe de abandonar a organización xuvenil.A operación non era nada doada xa que o obxectivo fundamental era conseguir que Lage non se decatara da sorpresa que lle tiñamos preparada, algo tremendamente complicado, xa que Lage ten un olfato especial para enterarse de todo o que acontece ao seu redor. Despois o outro obxectivo era poder xuntar a distintas persoas que coincidimos con el ao longo da súa etapa nas XSG, ou que manteñen unha relación de amizade.

Ao final todo saíu á perfección, sorprendentemente non se decatou de nada, aínda que algún dos membros do comité organizador –Fernando Martínez– sospeitaban días antes do evento que sabía algo; e, o obxectivo de reunir a varias xeracións das Xuventudes e aos amigos tamén se logrou. Encarna Santos, Rafa García, María Rivas, Antón Noceda, Eva Rivero ou eu mesmo dos máis veteranos; Xaime Méndez, Loli, Alfredo, Fran, Fariña, Mon ou Fernando dos da súa xeración; Iván, Tamara, Silvia, María Torres, Julio Castela, Yaiza dos máis novos; e, amigos como Fontenlos, Vicky, Manolo e Enrique de Outes, Fernando, Mª Elena, Sara, Toñita, Carnota, Xaime, …

A chegada de Lage foi tremendamente emocionante, xa que todos os presentes estabamos pendentes da cara que poñería cando nos vira alí a todos e todas, e debo de confesarvos de que nunca vira a Lage tan nervioso, a súa cara amosaba unha tremenda expresión de asombro. Mentres camiñaba facendo xestos de sorpresa e confusión soaba a música do PSdeG-PSOE, despois cantaron unhas pandereteiras e o homenaxeado rematou dándonos unhas palabras nas que a frase máis repetida era “… e que non sei que dicir”. Para rematar Yaiza foi a encargada de entregarlle un xarrón de recordo e como agasalle de todos e todas os asistentes.

De Lage eu podería dicir moitas cousa, porque levamos vividas moitas andanzas, tanto políticas como persoais. Eu sempre me lembro daquel rapaz de catorce anos que coñecín unha tarde en Noia durante unha xuntanza das Xuventudes Socialistas do Barbanza e que me sorprendeu polas súas ideas tan claras e polo seu afán que poñía na súa defensa. Lage, desde logo non é perfecto –como calquera de nós-, pero é unha boa persoa, un bo político e un mellor amigo, e sobre todo ten moi claro que é e de onde vén. José Manuel para min, ademais dun compañeiro de partido é máis que un amigo, é o meu irmán pequeno.

febrero 16, 2008 at 11:27 am Deja un comentario


Calendario

junio 2023
L M X J V S D
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930  

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.