Posts tagged ‘Mos’

Instantáneas en Mos

 

Como xa vos anunciei, o sábado da Constitución celebramos unha concentración en Mos contra a Moción de Censura do PP. Foron moitas as persoas que asistiron esa mañá chuviosas ao concello mosense. Eu alí estiven, coa cámara de fotos ao lombo, e achégovos estas instantáneas desa mañá.

Lage, Eva Tomé e Xaquin Fernández Leiceaga

Unha nena ensimismada na lectura


Momento pancarta


Julio Castela, en plan reporteiro gráfico


Mar Barcón intervindo, mentres unha nena pasa xoga


Dúas nenas pasando o tempo


Este de vermello, ben podería ser Mariano Rajoy; parecido non lle falta. Pero é Tuco Cerviño, o deputado socialista.

Máis fotos no Flickr.

diciembre 9, 2008 at 2:02 pm 5 comentarios

Mosbilízate contra a moción

mos

Xa vos falei, e anticipei (grazas a Manuel Pombal) a moción de censura que o Partido Popular ía a poñer en Mos. E eu creo, que sempre que se produce un feito tan repugnante como este, intentar rematar cun goberno elixido polos cidadáns, grazas ao mercadeo de vontades (e votos), é dicir, a un indivíduo que se deixa mercar, e a un partido político que paga, non nos podemos quedar quietos, e temos que amosar alomenos o noso malestar.

Por tal motivo, invítovos á mobilización, tanto na rede como a asistir o vindeiro sábado 6 a Mos a amosar a vosa protesta en Mos.

Nunha carreiriña creei esta imaxe, que vos invito a poñer na vosa web e a escribir un post de rechazo a esta moción e a outras que se poidan producir. Ata o de agora en Galicia producíronse dúas mocións de censura con tránsfugas (Calvos de Randín e A Pobra de Trives), e as dúas auspiciadas polo Partido Popular con tránsfugas socialistas.

Sobre a moción de Mos vouvos a dar uns datos que amosan o estilo e a forma de actuar do Partido Popular e do seu presidente, tanto en Pontevedra como en Galicia:

Como podedes comprobar neste blog a moción de censura de Mos tiña data desde fai tempo, e a data non é por casualidade, senón para que coincidira con Núñez Feijoo fora de Galicia (de paseo por Arxentina) para así non ter que posicionarse sobre este tema, e intentar amosar que el non ten nada que ver.

A candidata á alcaldía de Mos é Nidia Arévalo, que foi deputada provincial na lexislatura pasada e na actualidade cargo de confianza do presidente da Deputación de Pontevedra e tamén do PP na mesma provincia, Rafael Louzán, ao que acompaña tamén como membro do comité executivo do Partido.

As declaracións do vicepresidente da Deputación de Pontevedra e vicepresidente do PP, Chema Figueroa, que lle dou cobertura argumental e «están lexitimados para gobernar o Concello de Mos”, dixo. Co cal defende e auspicia de xeito claro e manifesto a moción. Que se saiba polo de agora o PP aínda non desautorizou ao seu representante político.

Datos da concentración:
Sábado 6 ás 12:00 horas
Fronte ao Pavillón Óscar Pereiro
Petelos-Mos

diciembre 4, 2008 at 2:59 pm 8 comentarios

SI, moción de censura en Mos!!

Como nos anunciou esta semana Manolo Pombal, o PP presentou a moción de censura en Mos. Que desfachatez!!. Agora demóstrase claramente que a marcha do tránsfuga Gerardo Alonso do Grupo Socialista de Mos obedecía única e exclusivamente a intereses persoais deste individuo que se misturaron coas ansias de poder e de mandar do Partido Popular. Seguramente existen outros intereses que iremos comprobando ao longo do tempo, se fructifica esta alianza de gananciais.

Estou desexando escoitar a Núñez Feijóo, a Rueda, a Louzán, … e ver como xustifican este acto carente de total ética política, e que vai contra un acordo xeral de todos os partidos políticos.

noviembre 28, 2008 at 12:02 pm 2 comentarios

Moción de censura en Mos?

Chega un comentario ao blog dun compañeiro de Mos, no que anuncia para o próximo venres a presentación dunha moción de censura neste concello pontevedrés.

Non sei se ao final este anuncio de Manolo Pombal se chegará a producir ou non, se se producirá o vindeiro venres, ou será outro día. O certo é que os rumores dunha moción de censura en Mos véñense dando desde fai varias semanas, concretamente desde que un concelleiro socialista se pasou ao grupo de non adscritos e deixou en minoría ao goberno.

Pero, para que se produza esta moción de censura o Partido Popular tería que contar co apoio dun tránsfuga (Gerardo Alonso, o ex do PSdeG-PSOE). A dúbida que me xurde é se o PPdeG, e concretamente Núñez Feijóo e Louzán van a autorizar esta estafa aos cidadáns, sobre todo antes das eleccións autonómicas, e así quedar os populares e especialmente o candidato popular coma un charlatán diante de todos os galegos e galegas, xa que Alberto acostuma a predicar, ás veces en exceso, pero non dá nunca trigo. Os antecedentes nesta curta lexislatura municipal dinnos que aos Populares non lles faltan escrúpulos para rachar gobernos democráticos (Calvos de Randín, por exemplo) e obviar o pacto antitransfuguismo.

De todos os xeitos, o venres comprobaremos se o anuncio de Manolo Pombal se fai realidade, e de ser así xa comprobaremos o que nos conta Alfonso Rueda e Núñez Feijóo.

noviembre 27, 2008 at 12:06 am 2 comentarios


Calendario

junio 2023
L M X J V S D
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930  

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.