Posts tagged ‘Núñez Feijóo’

As subastas do PP

Está claro que o goberno de Feijóo é un goberno de subastas. Á grandísima idea dos “cachorros” populares de subastar diversos obxectos dos seus mitos e referentes políticos: Alfonso Rueda, Rosa Quintana, Pilar Rojo, etc. Tamén teñen a brillante idea de sortear unha cea en MONTE PÍO co presidente da Xunta. E en palabras da voceira dos “cachorros e cachorras” populares, María Seoane, “en cuanto se lo propusimos al presidente, este accedió encantado. Todo sea por una buena causa”. Pero é que non se dan conta de que están subastando –os de Novas Xeracións– unha cea –que pagamos todos os galegos e galegas- co presidente da Xunta –de todos os galegos e galegas- e en Monte Pío –na residencia oficial que pagamos todos os galegos e galegas- A verdade é que todo esto é unha coña, eu creo que non saben que o día dos Inocentes xa pasou.

Está claro que ao goberno de Feijóo gústanlle as subastas, empezaron polos Audis e seguen con ceas en Monte Pío. E a subasta dos Audis non tivo moito éxito, xa que de vinte só se venderon tres.

Que pode ser o seguinte. Eu vou a dar unhas ideas: Unha noite de copas con Alfonso Rueda, un fular do conselleiro de Educación, uns tirantes de don Manuel, un paseo no Citroen “regalado” de Feijóo, ou dous no de Negreira, …, buff!! Non sei tantas cousas ten este goberno para subastar.

Pero, no canto de xogar coa frivolidade, e facer unha especie de supermaratón televisivo similar a aqueles que facían tempos atrás nas televisións; porque non abren a súa “chequeira” e fan un donativo do seu peto para tan noble causa. Por certo, medo me dá que o vindeiro ano non se lle dé por organizar un programa na TVG o día de nadal. Ufff, que medo!!. Xa o estou vendo … chamaríanlle “Superpopulares, o sea!!”, presentaríao María Seoane e o conselleiro de Educación (tal Esteban e Jorge Javier) e estaría dirixido e producido por Gayoso. Que marabilla de programa, estaría superguai.

Que barbaridade!!

AM

enero 5, 2010 at 12:27 pm 3 comentarios

As miserias do PPdeG

O Partido Popular de Galicia sacaba onte un comunicado de prensa no que se atrevía a denunciar e acusar a unha persoa, a unha cidadá galega de ser socialista –en concreto dicían que concelleira-, e de ter uns ingresos familiares de 75 mil euros; e eso inhabilitabaa, segundo o PPdeG, para formar parte da Plataforma Galega pola Gratuidade dos Libros de Texto.

Esa é a actitude do PPdeG, esa é a estratexia do Partido de Feijóo: atacar aos cidadáns e as cidadás deste Pais, ás persoas anónimas por non defender o mesmo ca eles, e encima atreverse a criticalos e loitar para defender os seus dereitos. Ese é o novo PP!!.

Pero o peor de todo é que encima os Populares de Feijóo minten intencionadamente, xa que Charo Varela non é concelleira do PSdeG, pero que máis lles dá; o importante é facer dano. Pero ademais, atrévense a facer públicos uns ingresos familiares, que eu a verdade non sei se son certos ou non – e dame igual-, pero a pregunta que me xurde é: De ser certos, como sabe o PP que ten eses ingresos?. Acaso tamén puxeron en Galicia en funcionamento unha trama de espías que investiga aos galegos e galegas??. Hai límites que non se deben pasar nunca, e que o PPdeG está sobrepasando con creces, e eu creo que incluso está cometendo unha serie de delitos, e este é un deles. Se Feijóo tivese dignidade e respecto sairía públicamente pedindolle desculpas a esta cidadá que foi posta no disparadeiro por algún inepto do seu Partido

Todo vale para o PPdeG, pero eu animo a Charo a seguir defendendo e coitando no que cree, e sei que toda esta “merda” que están sacando o que fai é darlle moita máis forza. Ánimo Charo, e a seguir coitando.

AM

julio 27, 2009 at 1:39 pm 6 comentarios

Como conseguir un coche gratis

Navegando por esos mundos de Deus, atopeime cun vídeo no YouTube sobre como conseguir un coche gratis. O vídeo está moi coidado, e recoméndovos que o vexades.

Producciones Frijito son os que o colgaron no seu espazo do YouTube, e son os mesmos que publicaron o programa das vacas tolas censurado polo PPdeG na Televisión de Galicia.

junio 25, 2009 at 11:53 am 2 comentarios

La Feijooneta

feijoneta

A través dun mail chégame a foto do novo coche oficial de Feijóo. A verdade é que este debuxo plasama exactamente o que intento decir fai varios días no blog.

A verdade é que Feijóo, con esto de prometer e de mentir durante a campaña, non se deu conta de que na Citroen de Vigo só se fabrican furgonetas e monovolúmenes, así que agora toca blindar unha Berlingo, jejejeje. De todos os xeitos tampouco se lembrou de contarnos aos galegos e as galegas que Citroen lle regalou un C6; que sorte teñen algúns!!. E os galegos e as galegas poñendo cartos do peto para que Feijóo se pasease nun Citroen que lle regalamos entre todos. E meu pai nun Seat Toledo de fai 20 anos. Somos todos iguais, ou non?

SQCQM

marzo 6, 2009 at 2:42 pm 10 comentarios

Feijóo e Fraga na Arxentina

Feijóo, ese home que foi o axente 009, e que agora só é a persoa que quere re cargarse a Galicia; viuse na obriga de empregar unha foto de arquivo para facer campaña no exterior, e aparecer ao carón do seu avó político. Un Manuel Fraga, por outra parte, tremendamente rexuvenecido, como sempre que hai unha campaña electoral; eu non sei que lle fan a este home que sae tan guapo nas fotos.

Pois como podemos ver nestas fotos, que me enviou un amigo que se atopa na Arxentina, Fraga ten que acompañar ao axente 009, a pesares de que desde o PP de Galicia se afirmara en reiteradas ocasións que esta campaña ía a ser personalista e fuxindo do pasado, unha campaña que miraría ao futuro, …, o que significa que para os galegos e galegas do exterior o futuro aínda segue sendo Manuel Fraga.

Máis fotos no Flickr

enero 13, 2009 at 1:47 pm 6 comentarios

Moción de censura en Mos?

Chega un comentario ao blog dun compañeiro de Mos, no que anuncia para o próximo venres a presentación dunha moción de censura neste concello pontevedrés.

Non sei se ao final este anuncio de Manolo Pombal se chegará a producir ou non, se se producirá o vindeiro venres, ou será outro día. O certo é que os rumores dunha moción de censura en Mos véñense dando desde fai varias semanas, concretamente desde que un concelleiro socialista se pasou ao grupo de non adscritos e deixou en minoría ao goberno.

Pero, para que se produza esta moción de censura o Partido Popular tería que contar co apoio dun tránsfuga (Gerardo Alonso, o ex do PSdeG-PSOE). A dúbida que me xurde é se o PPdeG, e concretamente Núñez Feijóo e Louzán van a autorizar esta estafa aos cidadáns, sobre todo antes das eleccións autonómicas, e así quedar os populares e especialmente o candidato popular coma un charlatán diante de todos os galegos e galegas, xa que Alberto acostuma a predicar, ás veces en exceso, pero non dá nunca trigo. Os antecedentes nesta curta lexislatura municipal dinnos que aos Populares non lles faltan escrúpulos para rachar gobernos democráticos (Calvos de Randín, por exemplo) e obviar o pacto antitransfuguismo.

De todos os xeitos, o venres comprobaremos se o anuncio de Manolo Pombal se fai realidade, e de ser así xa comprobaremos o que nos conta Alfonso Rueda e Núñez Feijóo.

noviembre 27, 2008 at 12:06 am 2 comentarios


Calendario

junio 2023
L M X J V S D
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930  

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.