Posts tagged ‘Pizarro’

Tamén con Sonsoles!!!

Sonsoles Espinosa

Sonsoles Espinosa é a dona de Zapatero, pero eu estou seguro de que son moitos os españois que descoñecen como cal é o nome e a que se dedica a “presidenta consorte”. Pero está claro que para o PP vale todo, lévano demostrado ao longo desta lexislatura, e agora tocoulle o turno a Sonsoles, a cal intentou pasar o máis desapercibida posible durante a súa estadía na Moncloa.Hoxe a fichaxe estrela do PP, o galáctico de Rajoy, decidiu nun ataque de inspiración durante unha entrevista na Cadena SER manifestar que:

“Compraría la voz de su señora, que canta en un coro. A ver si nos regala sus canciones, ya que no pudo estar en el aniversario del Rey por estar en el coro. Resulta que no puede faltar una voz de entre las 40 del coro, es tan importante su voz que se la compraría.”

Pois parece que ao tiburón das finanzas non lle parece ben que a dona do Presidente do Goberno cante nun coro, xa que ao mellor pensa como o seu amigo José María Aznar que a muller ten que ser “muller, muller”, e polo tanto debe de estar na casa coidando aos fillos e facendo as tarefas da casa.

¿Que vai ser o seguinte que pode usar o PP durante esta campaña?. Atacar ás fillas de Zapatero, ou a seu irmán ou a seu pai, porque ao avó –o Capitán Lozano– ademais de fusilalo no ano 36 seguírono insultando e faltándolle ao respecto durante esta lexislatura.

febrero 5, 2008 at 2:10 am 6 comentarios

Pizarro, a gran fichaxe

Manuel Pizarro

Parece que Mariano xa está perfilando as candidaturas e o seu próximo goberno. O novo e flamante fichaxe de Rajoy para formar parte das listas é Manuel Pizarro, que ademais –segundo informa a Cadena Ser– vai a ser tamén o que xestione o Ministerio de Economía, no caso de que o líder popular sexa o próximo presidente do goberno.Pizarro é bo amigo de Aznar, e destacou, sobre todo durante esta lexislatura, por converterse no brazo armado do PP e loitar con uñas e dentes contra a OPA que Gas Natural lle lanzou á eléctrica Endesa –compañía que presidía desde o ano 2002 por obra e gracia do goberno de José Mari-. Pizarro, desde logo, estes servizos ao PP de Rajoy e Aznar non eran gratuítos, e moito menos un favor persoal, xa que o candidato a Ministro de Economía de Rajoy cobrou no ano 2006 un “ridículo” soldo de 3,2 millóns de euros (máis de 532 millóns de pesetas), un 38 por cento máis do que percibira no ano anterior. En definitiva: ¡¡unha miseria!!.

Pero, vendo os galácticos que o candidato Rajoy está a fichar, eu estou impaciente por coñecer a totalidade das súas listas, porque non me estrañaría que dentro das súas incorporacións aparezan nomes coma o do cardenal Rouco Varela, que ben podería dirixir o novo Ministerio da Familia que xa prometeu Mariano, ou é que quizais non o merece tanto coma Pizarro. Jiménez Losantos -ese comunista reciclado- podería ser un excelente portavoz do goberno, Alcaraz, o presidente da AVT, sería un magnífico ministro do Interior, … ; eu a verdade vou a seguir ansioso o desenlace das listas populares.

enero 15, 2008 at 2:03 am 2 comentarios


Calendario

junio 2023
L M X J V S D
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930  

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.