Posts tagged ‘PSOE’

DdC. O Xabarín

Xabarín Club

Xa superamos os dous mil quilómetros e confésovos que empezan a pesar os días. E sobre todo empeza a pesar non poder ver á familia, canto boto de menos a Paula e a Nerea. Levo case quince días sen estar con elas e sen poder abrazalas, só falando con elas por teléfono.

Pesa tamén o “stres” e a tensión, o carecer de tempo para descansar e para o ocio, para pasear. Pero as campañas son así, e máis as eleccións autonómicas.

Percorremos as catro provincias varias veces, houbo un día que paseamos polas catro, aínda que tamén é certo que Galicia non é os Estados Unidos, pero bueno!!, cansar, cansa igual. A verdade é que teño cantidade de anécdotas, pero hai unha que nos pasou no Grove o xoves que foi xenial. Cando chegou o Presidente había un grupo de rapaces de entorno as un dez e doce anos manifestándose cuns carteis; O Presidente ao velos pedíu que se achegara algún desles a explicarlle o que lles pasaba e porque protestaban. Unha rapaza foi a xunto del e explicoulle que o motivo da súa protesta era porque a TVG poñía polla mañá o Xabarín Club (de oito a oito e media) e o retirara da programación de tarde, e eles querían que o seguisen emitindo pola tarde. Touriño solidarizouse con eles, e a rapaza aproveitando a coxuntura xa lle pedía que asinase unha postal do Xabarín e se quitase unha foto coa chapa, a postal e ela, Emilio accedeu, e ao rematar, O Presidente, díxolle se lle regalaba a chapa.

Hai moitas anécdotas, tal e como vos contaba, e moitos quilómetros percorridos, pero aínda quedan moitos por facer, e de seguro que moitas anécdotas máis. Espero ter forzas para poder adicarlle uns minutos a este blog, e seguir contándovos cousas.

Teño moitas ganas de vervos Paula e Nerea.

A.M.e G.

Anuncios

febrero 20, 2009 at 10:12 pm 2 comentarios

O blog de Touriño

Blog de Touriño

Blog de Touriño

A pasada semana O Presidente abríu o seu vídeoblog en touriño.tv. Pero para darlle un maior repercusión agora decidíu abrir tamén un blog no que colgue os vídeos do youtube e as transcripcións do que conta.

Este diario de campaña do Presidente (voulle a cobrar dereitos de autor polo nome) actualizarase a diario. Espero que vos guste esta nova ferramenta dixital, a que espero que sexa duradeira e a súa vida se prolongue máis alá da campaña electoral.

Blog do Presidente.

febrero 19, 2009 at 3:41 pm 4 comentarios

DdC. Perdidos

Perdidos en Teis

Perdidos en Teis

Chegar ao Barco de Valdeorras é un largo percorrido,pouco máis de dúas horas se tarda desde Santiago. Bueno, nós tardamos algo máis, porque o GPS liouse un pouco e Castiñeiras un pouco máis. Non vos minto nin esaxero se vos digo que pasamos ata tres veces polo mesmo sitio, e que en Lalín viñemos por algúns sitios polos que difícilmente pasaba o coche. Creo que algún dos lugares estaban sin descubrir. Pero ao final, grazas á pericia de Castiñeiras, e sobretodo á divina providencia conseguimos chegar á estrada que nos conduciría ata O Barco. Teño que confesarvos que estou un pouco “acojonado” coa volta, porque se nos perdemos de día, de noite non sei a onde podemos ir a parar. Xa vos direi.

Que nos perdamos no coche non é habitual, só nos acontece todos os días. Sen ir máis lonxe onte pola mañá perdemos en Vigo, camiño de Teis, e chegamos a un sitio que non tiña saída (o da foto). Era unha casa onde remataba a pista pola que pretendíamos chegar ata o mercado de Teis. As risas no coche eran escandalosas, especialmente cando saíu cara nós ladrando un can enorme, e casti intentaba dar a volta ao coche nun sitio bastante pequeno.

E despois prodúcense miragres inexplicables, feitos para o estudio e a análise de Íker Jiménez. Onte camiño de Vilalba seguíanos un coche dun dos compañeiros de campaña, e o condúctor equivocousa ao coller a autovía. Nós fomos todo o tempo pola autovía ata Vilalba, e cando chegamos ao hotel no que se celebraba o mitin, resulta que xa estaban alí. Como é posible??. Teóricamente adiántaase máis pola autovía que pola estrada. Pois non sabemos que aconteceu, pero gañáronnos.

Pouco máis que contarvos que en Valdeorras fai frío, e que estamos a piques de empezar o acto, a xente empeza a chegar, e que estou un pelín triste.

febrero 18, 2009 at 11:52 am 2 comentarios

DdC. Casti, ti vales moito!!

Javier Castiñeiras

Javier Castiñeiras

Mitines, mercados, paseos pola rúa, etc. Desde o venres castiñeiras e eu levamos xa case mil quilómetros percorridos: Santiago, Vigo, A Coruña, Pontevedra, Vilalba; tres provincias recorremos nestes catro días, hoxe as tres no mesmo día. E como comprenderedes tantos quilómetros dan para moito, e máis cando se viaxa con Castiñeiras, un compañeiro único e unha gran persoa.

Casti ten unha preocupación, pensa que non se valora o suficiente o seu traballo, e en ocasións ten razón, xa que cando está ninguén pregunta por el, pero cando falta todos andamos preguntando: “onde está Javier?, a onde foi?, Javieeerrr!!!!”. E seguramente non sexamos capaces de trasladarlle o importante que é para o equipo de Rúa do Pino, e eu son quizais o que máis lle esixa e lle pide, pero é que en ocasións consideroo como un irmán pequeno.

Ademais, é unha persoa coa que nunca te aburres, sempre tenn unha anécdota que contarche, e ademais ten esa gracia galega, esa sorna e retranca tan nosa. Pois i maxinádevos o que é subirse nun coche que consume máis que o transbordador espacial, e que é coma un microbús de tamaño, sin GPS e con Javi e carecemos de sentido da orientación. As horas e os quilómetros dan para moito. Pero agora estamos acabando o mitin, e non podo contarvos ningunha anécdota. Deixoas para mañá.

AAAAAA.MMMMMM.

febrero 16, 2009 at 10:05 pm 8 comentarios

DdC. Non todo é política

Onte na Coruña tivemos un mitin impresionante con Zapatero e con Touriño. Pero non vos quero falar diso, hoxe quero que disfrutedes escoitando a tres rapazas: Ángeles, Carmen e Aixa, que teñen como nome artístico Gospel 3; e que cantan moi moi moi ben.

Durante o mitin de Riazor interpretaron unha versión góspel de “Quen puidera namorala”, unha versión adaptada por elas mesmas. Eu só podo dicirvos que son IMPRESIONANTES.

A.M.

febrero 16, 2009 at 6:30 pm 1 comentario

DdC. Xa estamos en campaña!!

touri_pegada

Xa estamos en campaña!!. Esta noite pasada foi o día do comezo da carreira, o inicio da conta atrás. Antes deste acto simbólico fomos co Presidente a facer un mitin ao Carballiño, e como sempre que imos alí o recinto do acto estaba a tope, xente de pé polos pasillo e na entrada, e por primeira vez había overbooking na sala de prensa; xa que como hai un plasma colocado no lugar onde seguen o acto os xornalistas,
que retransmite en directo o acto, habia moitas persoas vendo o acto pola tele.

Ir a calquer lugar da provincia de Ourense sempre é un pracer, xa que os compañeiros e compañeiras son estupendos. Osorio, Miguel Fidalgo, Lalo, María Quintas, Laurita,…, todos –bueno case todos- son moi boa xente.

Ao rematar o acto do Carballiño, coller o coche e saír pitando para Santiago. Castiñeiras e eu no noso Voyager, que por certo, consume un mogollón só tivemos que facer unha parada técnica para repostar, tanto o coche coma nós. Unhas pataquiñas ao xamón e unha Coca-Cola Light.

Xa en Santiago baixamos para o San Francisco, para a pegada. Alí nos demos cita case todo o Pino. Víctor, Castiñeiras, Dieguiño, Anxo, Eva, Ánxela, Marcos, Xusto, Paula, Esperanza, Fernando, …, case todos. E chegou o momento, como diría 009, o axente Feijóo. Luces, pantallas, carteis, cubos, directos de tele, aplausos, discurso, bandeiras, …, e remate. E ao acabar a comer un bocata. Non foi doado, estaba case todo pechado porque era a unha e pico da mañá, pero ao final atopamos un sitio no que sentarnos a cear algo. Ufff!!. Descansar un pouco, que ben!!. A verdade é que pasamos un bo rato, con nós estaba ademais Javier Carnota, Iván Puentes e a xefa, Mar.

Hoxe toca acto xoven, no cal estamos agora e á noite viaxar ata Vigo. Isto é a campaña, xa vos irei contando.

Se teño tempo, vou a facer de crítico musical e falarvos do “reggaeton”.

A.M.M.M.M.M.

febrero 13, 2009 at 1:04 pm 1 comentario

DdC. Un domingo en Lugo

lugo2

Son as sete da mañá e soa o despertador. Outro domingo máis a madrugar!!!. Que pereza!!!. Este primeiro domingo de febreiro toca inauguralo en Lugo, con Touriño e Zapatero. Ás nove recólleme Víctor, no coche ademais de nós os dous acompáñanos Ánxela, Eva Tomé e Esperanza.

O día non é fermoso –chove en Santiago e fai frío-, onte deiteime tarde –sobre as dúas da mañá-, xa que fomos con Mar Barcón a unha homenaxe a Lestedo. Polo cal, quero que notedes que non é un bo día, porque penso que mañá xa é luns, e despois martes, mércores, …, e outra vez a empezar.

O camiño ata Lugo é tranquilo, Ánxela dorme, Eva ven relaxada –segundo di ela- Esperanza pensando, Víctor conducindo atentamente coma sempre, e eu intentando escribir no Twitter, pero non hai cobertura 3G e vai moi lento. Diosssss!!!. Todo sae mal. Menos mal que na radio soa Fito e anímame un pouco.

Unha vez en Lugo o de sempre: protocolo, preparativos para a chegada, saúdos, stress e discusións con individuos de escasa calidade humana e carentes de toda seriedade. A xente comeza a entrar e a encher o pavillón, faltan uns ocos, aparecen os primeiros nervios postcomezo, pero alguén nos informa que aínda faltan autobuses por chegar. Chegan os líderes, e preparamos todo para o comezo, ….., xa está, xa arrancamos. E eu entre discurso e discurso propóñome actualizar o blog, e contar o mitin no Twitter do PSdeG.

Touriño remata agora mesmo remata a súa intervención e dalle paso a ZP, o pavillón posto en pé aclama ao presidente do goberno mentres soa “Que el tiempo no te cambie”; espectacular, hai que ver o cariño que lle ten a xente a Zapatero.

Remato este post dicíndovos que o día segue torcido, non mellorou demasiado; pero espero que o vaia facendo. De todas formas, debía de estar penado traballar un domingo.

A.M.M.M.M.M.M.

febrero 1, 2009 at 2:34 pm 7 comentarios

Entradas antiguas Entradas recientes


Calendario

septiembre 2019
L M X J V S D
« May    
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30  

O meu Twitter

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.