Posts tagged ‘televisión’

Debates, agora si

Zapatero e Rajoy ás postas da Moncloa

¡¡Que sorpresa!!. O PP pide dous debates cara a cara entre Rajoy e Zapatero. ¡¡Como cambian as cousas!!. Fai catro anos Zapatero pediu debater con Rajoy, e este negouse, as razóns non están claras, quizais fose por medo, ou porque como daquela gobernaba o PP estes preferiron non darlle oportunidades á oposición.

Catro anos despois as cousas cambian, pero substancialmente, xa que foi o propio presidente do goberno o que retou a Rajoy a debater na televisión, e agora son os populares os que piden xa que os debates sexan dous. ¿Que foi o que cambiou?.

Actualización: Rajoy xa pide tres debates, e ademais pon a condición de que teñen que ser nas televisións privadas. De Televisión Española nada de nada. Pero ademais ten o “morrazo” de dicir o seguinte: “Yo creo que unos debates en televisión bien organizados pueden ser muy útiles para que la gente pueda conocer las propuestas y el diagnóstico de las situaciones de cada uno de los candidatos”.

Rostro e desfachatez non lle falta a Mariano e aos colegas do PP, que son capaces de xirar e modificar os seus argumentos en función dos seus intereses. Rajoy neso é como Groucho Marx: “Estos son mis principios. Si no le gustan tengo otros”.

diciembre 11, 2007 at 5:31 pm 2 comentarios

Sardá é un “crack”


O pasado sábado estivo invitado no programa La Noria de Telecinco Xavier Sardá, e volver a ver a este “showman” televisivo foi un pracer, foi lembrar aqueles momentos entrañables nos que trasnochaba diante da tele vendo Crónicas Marcianas.

Sardá foi e é –para min- o mellor expoñente do “late night” en España, moitos foron os que intentaron competir con el por restarlle audiencia, e moitos tamén os que intentaron superalo ou igualo unha vez que decidiu abandonar as noites –despois de oito anos-; pero ningún deles o conseguiu, porque Sardá combinaba no seu programa, ademais do seu inxenio, espontaneidade e humor; cun xenial equipo de colaboradores (Boris Izaguirre, Manel Fuentes, Paz Padilla, Carlos Latre, Deltell, o señor Galindo, Mariano Mariano, etc.); e, cun guión apto só para a medianoite.

Pois, como vos dicia, o sábado estivo de convidado nunha entrevista que lle fixo Jordi González, e na que sinxelamente estivo xenial. Analizou e comentou o incidente entre o Rey Juan Carlos I e Hugo Chávez, fixo valoracións de Rajoy ou Zapatero, amosou a súa simpatía por Acebes, pediu un trato humanitario para Jiménez Losantos, etc. En definitiva, unha entrevista do máis entretida e do máis divertida, por eso, para min Sardá segue a ser o número un.

Aquí vos deixo a entrevista a Sardá dividida en seis vídeos, grazas ao traballo de Azuuki.

Vídeo 1
Vídeo 2
Vídeo 3
Vídeo 4
Vídeo 5
Vídeo 6





noviembre 12, 2007 at 7:02 pm 1 comentario


Calendario

junio 2017
L M X J V S D
« May    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930  

O meu Twitter

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Fotos

Debuxo do Carrabouxo

Nevada (2)

Nevada (2)

Nevada (2)

Nevada (2)

Más fotos