Posts tagged ‘USA’
Fariña, vai por ti!!
Hoxe, como é lóxico e normal, tocaría falar de Obama. Quen non coñece a Obama?. Fai uns meses para aquí é un home tremendamente popular, e máis que o vai a ser, posto que pasou de ser Senador dos Estados Unidos –case nada- a Presidente do que din que é o país máis poderoso do mundo.
Pero eu non vou a destacar, nin loubar as virtudes de Obama, xa que o máis doado nestes intres é falar ben del, e subirse ao carro exitoso deste político ao que fai algo máis dun ano a maioría dos que escribimos del non tiñamos nin idea de quen era.
Eu hoxe quero falar de Javier Fariña, e quero falar del porque foi o primeiro que me falou dun Senador negro que se chamaba Obama, e que era un crack. Segundo Xavi, ía a chegar lonxe. Pero esto díxomo fai catro ou cinco anos –non lembro ben a data exacta-. Faloume da súa brillante intervención na convención demócrata e da súa traxectoria ata ese momento.
Fariña non é ningún vidente, nin ningún visionario, é sinxelamente un rapaz ao que lle gustan cousas que a outros lle pasan desapercibidas ou simplemente non lle interesan; en ocasións eu lle teño dito que é algo friki. Pero quen de nós non ten algo de friki?. Pero nesta ocasión creo que merece unha mención especial e un recoñecemento, xa que el veu algo fai anos nun tal Obama, que ninguén tiña visto. E cando agora todos e todas falan de Barack, como se cease nas súas casas todos os fins de semana, hai uns meses se lle preguntan por ese nome, moitos dirían que é un xogador da NBA, ou un actor de Hollywood.
Yes we can. Oxalá!!
Case se pode dicir que este foi o comezo dunha aventura que pode rematar na Casa Blanca. Oxalá!!.
Comentarios