Posts tagged ‘XSG’
Súmate
As Xuventudes Socialistas de Galicia sacaron á rúa unha campaña á que chaman «Por un ensino sen ataduras. Súmate«.
Esta campaña conta cunha páxina web na que podedes asinar e sumarte á defensa dun ensino libre, público, de calidade. Dun ensino para todos e todas, sin recortes.
Eu xa me sumei. E ti??
Ja sóc aquí
Xa voltei de Madrid, fai máis dunha semana. Aclaro isto, porque hoxe Loli díxome que segundo o meu blog, parecía que aínda que non regresara. Pero si, “ja sóc aquí” –como dixo Tarradellas-.
Loli, como case sempre, ten razón, teño o blog moi esquecido. Eu penso que esto dos blogs é como unha relación sentimental: o primeiro ano mímalo, coidalo, daslle cariño, queres estar con el a todas horas; pero, o segundo empezas a pasar del, a darlle plantóns, a mirar para outros blogs, e en ocasións pensas en poñerlle os cornos. E eu, por desgracia, estou nese momento de monotonía cibernautica.
Pero, hoxe vou a dedicarlle un anaquiño, por iso de cumprir. E, vouvos a regalar un vídeo que fixo Yaiza Canosa. É un making off de “E ti, que queres ser de maior?”, o vídeo que as XSG fixo durante a campaña das eleccións xerais.
Botádelle un ollo, está moi ben.
Un vídeo das XSG
As Xuventudes Socialistas de Galicia celebrou unha rolda de prensa para presentar a súa campaña para as eleccións xerais.
Desta campaña, polo de agora vou a destacarvos dúas cousas. En primeiro lugar o vídeo que presentaron e que vos deixo aquí para que o vexades, e en segundo o titural que deu Loli Rodríguez –a Secretaria Xeral das XSG– contra a crispación diversión.
Ao longo da campaña electoral haberá máis novas das Xuventudes, asegúrovolo.
Benvidos á rede

Quero darlle a benvida a tres novas bitácoras que se unen á Rede Galega de Blogs Socialistas. Os tres son da provincia de Ourense e son tres persoas xóvenes: Lalo Gómez Rosales, Antía García e Jonathan da Silva.
Pois só dicirlle que moito ánimo e moita sorte.
Comentarios