Posts tagged ‘medio ambiente’

Deira para ser feliz quería un camión


Dando unha volta polo blog de Carlos Insúa leo a súa última anotación na que fala do novo camión de recolleita de lixo que a Consellería de Medio Ambiente, que dirixe Manuel “Pachi” Vázquez, lle regalou ao Concello de Boiro. Na nova do xornal La Voz de Galicia aparece unha foto na que o alcalde Xosé Deira se amosa feliz e contento sentado aos mandos do vehículo ao cal, segundo este medio, ata deu varios bocinazos.

Non cabe dúbida de que o rexedor municipal se amosaba moi contento e feliz con este obsequio do conselleiro socialista Vázquez, ao cal, por certo, lle deu plantón fai case un ano e non o quixo recibir. Queda demostrado polo tanto que non todos son iguais, e «Pachi» Vázquez, alomenos non é rencoroso, e a pesares do desplante de febreiro deste ano foi capaz de facer feliz a Deira.

Carlos, xa o decía Loquillo: “Yo para ser feliz quero un camión”; e a Deira este vehículo motorizado deulle unha grande alegría. ¡¡Grazas “Pachi” por non terlle en conta ao noso alcalde a súa falla de educación!!

diciembre 5, 2007 at 12:45 am 3 comentarios

A campaña «Me dijo mi primo …»


Rajoy ten que estar contento, porque leva uns días que só se fala del. Bueno!!, del e da súa familia.

Xornalistas, políticos, científicos, un premio Nóbel, ecoloxistas, …, moitos son os que saíron a felicitalo pola súa concepción do medio ambiente e do cambio climático; e por unha vez don Mariano, ese que aspira a ser presidente dos españois, conseguiu poñelos a todos de acordo: Meteu a pata ata o fondo, e demostrou unha ignorancia supina sobre o medio ambiente.

Na área de Comunicación do PSdeG-PSOE empregando o inxenio elaboraronse unhas cuñas de radio nas que ironizaban co xa famoso primo de Rajoy e o problema do cambio climático. Estas cuñas que foron emitidas en Galicia o mércores, pola tarde, e o xoves, e tiveron unha repercusión mediática importante e inesperada. Co audio destas cuñas da campaña “Me dijo mi primo …” decidiuse elaborar uns vídeos para colgar na web do PSdeG en youtube e na web psdeg-psoe.tv.

Pero o bo desta campaña e do seu éxito é que foi ideada, creada e gravadas as cuñas de radio en dúas horas, e os vídeos tamén foron elaborados noutro par de horas, e todo cos medios propios e persoais do PSdeG. Carnota –especialmente-, Patricia –cos vídeos-, Eva e Diego foron os artífices de que en media xornada de traballo a campaña “Me dijo mi primo …” tivese unha repercusión en internet e en varios medios de relevancia.

Agora mesmo a páxina de youtube ten máis dez mil visitas, pero ademais o vídeo está en Público, El País, La Voz de Galicia, 20 minutos, Xornal, El Mundo, ADN, Terra, …; e saíu nos informativos de Telecinco e TVE. E das cuñas de radio falaron en sitios como a Cadena SER (Hora 14 e Hora 25), Punto Radio ou Radio Intereconomía; e sen esquecerme dalgúns blogs e espazos de internet como La Huella Digital, Meneame, Escolar noticias, Chuza, Loli Rodríguez, …

Que queredes que vos diga??. Creo que foi un éxito e estamos bastantes satisfeitos do traballo realizado, sobre todo se temos en conta –como vos dicía- que foi todo cos medios técnicos e humanos do PSdeG, polo que creo que queda demostrada a profesionalidade.

Máis vídeos:

octubre 26, 2007 at 2:36 pm 6 comentarios


Calendario

May 2024
L M X J V S D
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.