Archive for abril, 2010

Novo vídeo: Preparad@s

Un novo vídeo da Conferencia Política está colgado na rede (en YouTube). Este vídeo gravado durante as últimas semanas ten como característica principal que conta como actores/actrices con persoal que traballa na Rúa do Pino. Víctor Rodríguez (Política Municipal, Institucional, actos públicos, etc. etc.), Eva Tomé (Política Municipal, actos públicos, etc.), Carmen Rodríguez (Comunicación), Javier Castiñeiras (Coordinador de Repografía e envíos, e agora tamén responsable de locomocións -como dicimos aquí-); e a participación estelar de Mar Barcón, Pablo García e María Torres.

Non me quero esquecer do responsable de son e axudante de dirección no vídeo, de Dieguiño (Diego Pérez), que tamén ía a ter un papel de actor, pero ao final a súa apretada axenda impediulle poder gravar unhas esceas. Diego no Pino é o que se encarga de todo o tema informático e tecnolóxico.

Simplemente apuntar dúas cousas: Que como comprobaredes aquí no Pino somos todoterreo e facemos de todo un pouco, e a outra é que nos xa estamos preparados e preparadas para a Conferencia Política. Esperamos que ti tamén o estés.

E darlle as grazas a todos os actores e actrices pola súa colaboración, algunha forzada … Grazas!!!

AM

abril 28, 2010 at 1:01 pm 1 comentario

Conferencia Política

Logo Web da CP

Logo Web da CP

Estes días estiven traballando no desenvolvemento da Conferencia Política, coa axuda e colaboración de Anxo López. Logotipos, vídeos, planificación, páxina web, redes sociais, etc. E aínda queda. Tal e como explicou Pablo García durante a rolda de prensa de presentación, nesta Conferencia Política terán “protagonismo absoluto as ideas e o Partido», e as ideas teñen que xurdir non só do documento base que se presente, senón que tamén queremos que as aporten a sociedade galega. Queremos escoitar!!

Para iso, desenvolveremos ao longo dos vindeiros días unha serie de mecanismo aos que os galegos e galegas se poidan dirixir para aportar ideas, para opinar, para colaborar, para debatir, … A través da páxina web da Conferencia (www.conferenciapolítica.com), do correo electrónico (participa@conferenciapolitica.com), dun apartado postal (2007), dun teléfono, e como non, das redes sociais: Twitter, Facebook, YouTube. pero tamén coa presencia física dos e das socialistas galegos na rúa, falando e escoitando á xente.

En definitiva, o éxito desta Conferencia Política depende de vós, da vosa participación. esperamos e queremos que o fagades. E esperamos e desexamos que vos guste o traballo que estivemos desenvolvendo.

AM

abril 22, 2010 at 12:19 am 1 comentario

Ay Haití!!

Fantástica canción e boísimo vídeo, na que uns trinta artistas e algúns futbolistas famosos (Iniesta, «Kun» Agüero, Kaká, Sergio ramos e Forlán) aceptaron o reto lanzado polo produtor Carlos Jean (de orixe haitiano) para crear unha canción cuxos beneficios se destinarán, íntegra e directamente, a Intermón Oxfam para a reconstrución de Haití.

Artistas como Alejandro Sanz, Shakira, Bebe, Marta Sánchez, Miguel Bosé, OBK, La Oreja de Van Gogh, Estopa, David Summers, José Mercé, Naiwa Nimri, Zahara, Macaco, Juanes o La Mala Rodríguez; a actriz Paz Vega, etc sumáronse á iniciativa.

É importante destacar que todos os que participaron nesta canción renunciaron a cobrar nada, e que ata a SGAE non vai a cobrar ningún dereito. tamén é bo indicar que ITunes non renuncioa ao 30 % que cobra por descargarse as cancións.

Un bo xeito de colaborar. Haberá que animarse, non?

abril 19, 2010 at 6:43 pm Deja un comentario

Sinto vergonza

Téñovos que confesar que Garzón non me acaba de caer moi ben!! A pesares de que recoñezo que é un xuíz digno de admiración e que fixo unha estupenda labor na Audiencia Nacional, é unha desas persoas que me dá … non sei como definilo, bótame un pouco para atrás. Todo ben por aquel momento no que fichou polo PSOE de Felipe González, e poucos tempo despois dimitiu de Deputado dando un portazo.

Garzón é unha desas persoas que traballa para ser unha estrela, e fai todo o posible para copar portadas dos medios de comunicación. Non lle gusta pasar desapercibido. Pero, como dixen antes debo de recoñecer que realizou un traballo impecable e nunca tivo medo a enfrontarse a ninguén. Doulle igual que fose a dictadura arxentina ou a chilena, ETA ou os GAL, a mafia rusa ou os narcotraficantes, o PSOE ou o PP, … El sempreloitou e traballou para conseguir un mundo mellor, máis tranquilo e en paz, e iso é digno de eloxio.

Por iso é incomprensible que se cuetione agora a súa labor por unha serie de persoas claramente ideoloxizadas e politizadas,e que sexan estes defensores da dictadura franquista, e polo tanto abandeirados da persecución e o asasinato, os que senten no banquillo dos acusados a un home que loitou contra os criminais.

Dase ademais a paradoxa que no momento no que sae á luz parte do sumario da trama Gürtell, da que Garzón foi o que iniciou a investigación, sexa cando se dicte o auto no que se inicia a tramitación da cusa de prevaricación contra o xuíz. E dase a paradoxa de que certos políticos salpicados directa ou indirectamente polo sumario da Gürtell intenten defender aos imputados; pero non sexan capaces de defender a un xuíz que só intentou que se investigasen as desaparicións de persoas durante a dictadura de Franco. É dicir, Rajoy e os seus colegas de partido e ideoloxía defenden a individuos como Bárcenas, Camps, Barberá, Fabra, etc. que aceptaron regalos que van desde bolsos ou traxes ata milleiros de euros, e xustifican esto; pero atacan e permiten que se xulgue ao xuíz Garzón porque atacou á dictadura de Franco, a dictadura que eles aínda non foron capaces de condenar.

Hai días, que cando me desperto pola mañá e escoito a radio e leo os xornales danme ganas de dicir que me borren de español, e que me censen en calquera outro estado no que todos os partidos políticos e as persoas defendan a democracia. Se esto que acontece nestes intres en España ocurrise en calquer outro país de mundo, e o vísemos nun informativo de calquera cadea española á hora de xantar diríamos: «Esa é unha república bananeira». Pois eu estes días sinto vergonza desta «república bananeira».

AM

abril 8, 2010 at 6:46 pm 8 comentarios

Descubrindo a Delafé y Las Flores Azules

O sábado pasado vento a MTV escoitei un temilla que me chamou a atención. A canción titúlase Espíritu Santo, e o grupo Delafé y las flores azules.

Esta formación barcelonesa composta por Oscar Daniello e Helena Miquel fai unha música cunhas letras próximas e pegadizas.

Espero que vos guste a miñas recomendación. xa me contaredes.

AM

abril 7, 2010 at 6:04 pm Deja un comentario

Preocupado por Rajoy

Teño que confesarvos a miña preocupación polo presidente do PP. Rajoy, ese home que diariamente nos dá leccións de urbanidade e ética a todos os españois, leva dous días enteiros sen saír a dicir nada.

Non sei porque, non sei que lle pasará, e iso que no día de onte o seu partido protagonizou todos os telediarios, as portadas dos xornais dixitais, os informativos das radios, …, en definitiva, todo xirou en torno ao Partido Popular. E resulta que Rajoy segue desaparecido.

Non está, non aparece, aínda que os rumores son varios: uns din que o virón por varios bancos suizos cargado de bolsas -non o creo-; outros afirman que deambula pola sede do PP en Génova acordándose de Bárcenas, Correa, Arenas e Matas, e como dicía meu tío, baixando todo o santoral; os máis malvados din que percorre as rúas madrileñas agarrado a unha botella -non a de Áznar- de Chivas; etc.

A rumoroloxía é variada, pero o único certo é que o valiente e bravo Rajoy permanece desaparecido da escea pública e mediática, agochado non se sabe onde e sen tomar medidas drásticas contra os que amasaron fortunas en cartos negros á conta dos españois.

Rajoy, ten valor e sae a dar a cara.

AM

abril 7, 2010 at 11:28 am 1 comentario


Calendario

abril 2010
L M X J V S D
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930  

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.