Posts tagged ‘Feijoo’

As barbaridades de Feijóo

Sen dúbida que Feijóo estase a convertir nunha das máximas atraccións do PP en Galicia, e case xa empezan a exportar o produto fóra das fronteiras do noso país.

Neste ano de goberno, o presidente da Xunta regalounos xa varios momentos estelares, dignos dun humorista cutre co que Gayoso, o do Lúar podería contar sen ningún problema. Non hai tema que o bo de Feijóo non tocara, é capaz de facer monólogos sobre a igrexa, a igualdade, o machismo e incluso insinuarse a xóvenes actrices. É un «crack» da interpretación, a verdade é que se no PP tiveran que facer un concurso, sería difícil atopar gañador no xénero do humor; no do drama gañaría sen problema Mayor Oreja.

Pois entre Aznar, cos seus cortes de mangas en directo ao público, e esas poses chulescas; Rajoy que é capaz de darnos tan bos momentos como o exemplarizar a Matas, como de deixalo tirado, ou contarnos eses chistes tan bos con acento de «pshhhh»; a xenial Esperanza, que tanto torea un hospital, como inaugura un toro; Nacho Uriarte, que conta uns chistes de borrachos xeniais; ou, Albertito Feijóo, que é capaz de plantarse no Vaticano diante do Papa coa querida. Menudo elenco para un programa de chistes.

Pero agora o noso presidente, como cando fai «bolos» polas ceas lánzase a decir barbaridades, e non se mide, e é capaz de insinuarse a unha rapaza de «vintepoucos», invitándoa a tomar copas, e presumir diante de centos de mozos, ao que lle di que vai a ir de festa ata as seis da mañá, e que ao día seguinte non ten pensado traballar; como é capaz de facer eses chistes malos, despois arrepíntese a actúa como censor eliminando vídeos que están colgados na rede coas súas actuacións.

Menos mal que o Galicia Confidencial, que ademais foi o primeiro en sacar a nova (grazas) gardou unha copia, e podemos seguir avergoñándonos do humor negro e machista de Feijóo, dos seus chistes de vello verde, que semella que con dúas copiñas de viño se esquece de quen é e empeza a decirlle babosadas as rapazas mozas.

Menudo presidente nos tocou en gracia, somos afortunados. Ao final ata vai a facer bo a Fraga.

AM

Enlaces á nova:

Galicia Confidencial (2)
Público
Xornal

marzo 25, 2010 at 7:59 pm 2 comentarios

E Puy chateando … !!

Chamádeme raro, pero eu hai certas cousas que non entendo e moito menos comparto. O Parlamento de Galicia celebra dous plenos ordinarios ao mes en sesións de dou días.

Pois resulta que ao deputado do Partido Popular de Galicia, Pedro Puy, e ao seu grupo político non se lle ocorre mellor idea que participar hoxe (10 de marzo) día de sesión parlamentaria nun chat a través da web do PPdeG.

Durante máis dunha hora abandonou o portavoz de economía do PPdeG no Parlamento de Galicia o seu escano para respostar ás preguntas dos afiliados e simpatizantes populares. Pero o bo, é que no PPdeG considérano algo normal, porque, segundo eles: “A ausencia é dunha hora dentro de dous días de pleno. E repetimos que Pedro, ademais, segue o pleno dende o seu despacho”. Tale como me respostaron a través do seu Twitter.

Está claro que aos membros, tanto do PPdeG coma do goberno da Xunta dalle todo igual, e pásanse as institucións polo forro. Ao presidente da Xunta dalle igual que o Papa o reciba como séquito, e levar á súa parella como colaboradora; permítense frivolizar coa igualdade e disfrazar de chacha a un conselleiro; cambiar a toponimia dos concellos galegos e mentirlle ao Parlamento; apropiarse de xeito indebido de cartos de todos os galegos e galegas e recoñecelo publicamente e non dimitir; ou –como agora- abandonar o seu escano, e polo tanto o seu traballo, para ir a participar en actos de partidistas.

Non deixan de sorprenderme, que pode ser o próximo. Só Feijóo noso señor o sabe!!

AM

marzo 10, 2010 at 2:45 pm 3 comentarios

A «afoto» de Feijóo

Producciones Frijito lanza unha nova creación audiovisual á rede na que ironiza en forma de pareado sobre a viaxe de Feijóo ao Vaticano. Non vai gañar nin un Óscar nin un Goya, pero aí está para que o vexades, se queredes.

AMMA

marzo 4, 2010 at 5:40 pm Deja un comentario

A “sagrada” mentira de Feijóo

Feijóo co Papa

Resulta que estes días o noso presidente saíu todo chulo posando ao carón do Papa Benedito. Disque, según o Nodo Galaico, que Benedicto XVI lle dera audiencia ao presidente da Xunta de Galicia, o cal o ía a invitar a vir á nosa terra.

Pois resulta que todo é unha mentira do Nodo Galaico, do PPdeG, da Xunta e de Feijóo que non tivo reparo ningún en colarse como “sequito” do Arcebispo de Santiago, Julián Barrio, para sacarse unha foto ao carón do Papa e anotarse un tanto: a visita da Súa Santidade a Compostela durante o Xacobeo. Parece ser que desde o xoves pasado xa se sabía nos feudos da igrexa que o Papa visitaría Galicia, e que recibiría a Julián Barrio o luns para pechar a visita; por iso Feijóo apurou o paso e moveu os fíos para colarse na audiencia.

En definitiva, que o Papa nunca tivo previsto recibir a Feijóo como presidente da Xunta, tal e como se pode comprobar na páxina web da Santa Sede. Pero Feijóo non contento con cometer o pecado de mentirlle aos Galegos e galegas e involucrar á igrexa para lograr os seus obxectivos, tivo o descaro de levar de acompañante á súa parella e posar con ela ao carón de Benedicto, o cal horas despois enfureceu aínda máis á igrexa, xa que para o clero, o presidente vive en pecado, posto que non recibiu o sagrado sacramento do matrimonio.

Que Feijóo é un “crack”, que é capaz de facer calquera cousa por unha foto. Sigue así presidente que en pouco tempo vémoche cun programa na galega ao estilo Chavez, ou participando en Mira Quien Baila do lado de Belén Esteban.

ACTUALIZACIÓN (04/03). Algún medio de comunicación faise eco da visita fraudulenta de Feijóo ao Vaticano. Esa visita na que se colou como parte do séquito do Arcebispo Julián Barrio. Podedes ver a nova no Xornal de Galicia e no diario El País.

Pode ser que hoxe o presidente explique máis en profundidade a visita durante a rolda do Consello da Xunta.

AM

marzo 3, 2010 at 2:15 pm 7 comentarios

Unha promesa electoral

Eu estaba na xuntanza na que acordamos propoñer a gratuidade dos libros de texto. Era un xuntanza electoral durante a campaña do 2005, e esta ía a ser unha proposta estrela, unha das chamadas promesas electorais.

Pero esa promesa nacida na efervescencia electoral fíxose realidade pouco máis de dous meses despois, no mes de setembro o Consello da Xunta aprobaba a gratuidade dos libros de texto. Creo que aquela xuntanza na Rúa do Pino, o apoio dos Galegos e das galegas e a decisión e o compromiso dun goberno progresista presidido por Emilio Pérez Touriño fixeron posible un dos avances sociais máis importantes no noso País.

Milleiros de pais e nais ían a notar nos seus petos un aforro importante, ademais de lograr que unha das súas reivindicacións se vise colmada. Sen dúbida, o sistema non era perfecto nos seus inicios, e creou confusión nos pais e nos centros, xa que algúns xa compraran os libros; pero despois dos habituais problemas dunha medida deste calibre o modelo foise mellorando e perfeccionando, ata que aquela promesa electoral xurdida no mes de xuño de 2005 se convirtiu nun dereito para as familias galegas. Convirtiuse nalgo tan normal que moitos pais e nais xa non lle daban importancia, é máis, moitos deles cando foron a votar o pasado mes de marzo nin se acordaron que antes da chegada de Touriño ao goberno había que pagar os libros.

Pero, por desgracia, coa chegada de Feijóo á Presidencia da Xunta este logro social vai a desaparecer. Ao PP nunca lle gustou que a educación estea ao alcance de todos, e agora decidiron cambiar un dereito por unha limosna; e só unha poucas familias terán acceso a un cheque-regalo. E encima atrévense a decir que a medida aprobada polo goberno anterior non era progresista, que a deles si o é. Ou que agora é cando os libros van a ser gratuitos de verdade. Que barbaridade!!. Que desfachatez!!!.

A realidade é que milleiros pais e nais imos a ter que desembolsar, novamente cada mes de agosto ou setembro, uns douscentos euros por cada fillo. Pero iso a Feijóo dalle igual, porque el está coa chamada política da austeridade, pero non pensa nas familias, nos galegos e nas galegas. Só pensa en facer política de escaparate e contentar aos sectores interesados en que os libros non sexan gratuitos.

Pero o peor de todo é que o sistema da esmola de Feijóo, é máis caro que o existente, e que implantou Touriño e o seu goberno no 2005.

A.M.

julio 1, 2009 at 12:21 am 2 comentarios

Como conseguir un coche gratis

Navegando por esos mundos de Deus, atopeime cun vídeo no YouTube sobre como conseguir un coche gratis. O vídeo está moi coidado, e recoméndovos que o vexades.

Producciones Frijito son os que o colgaron no seu espazo do YouTube, e son os mesmos que publicaron o programa das vacas tolas censurado polo PPdeG na Televisión de Galicia.

junio 25, 2009 at 11:53 am 2 comentarios

Só por picar ….

audissssss

Esto é só por incordiar, e picar un pouco.

Grazas Loli pola viñeta.

A.M.M.M.M.M.M.M.

marzo 14, 2009 at 2:36 pm 3 comentarios

Mosbilízate contra a moción

mos

Xa vos falei, e anticipei (grazas a Manuel Pombal) a moción de censura que o Partido Popular ía a poñer en Mos. E eu creo, que sempre que se produce un feito tan repugnante como este, intentar rematar cun goberno elixido polos cidadáns, grazas ao mercadeo de vontades (e votos), é dicir, a un indivíduo que se deixa mercar, e a un partido político que paga, non nos podemos quedar quietos, e temos que amosar alomenos o noso malestar.

Por tal motivo, invítovos á mobilización, tanto na rede como a asistir o vindeiro sábado 6 a Mos a amosar a vosa protesta en Mos.

Nunha carreiriña creei esta imaxe, que vos invito a poñer na vosa web e a escribir un post de rechazo a esta moción e a outras que se poidan producir. Ata o de agora en Galicia producíronse dúas mocións de censura con tránsfugas (Calvos de Randín e A Pobra de Trives), e as dúas auspiciadas polo Partido Popular con tránsfugas socialistas.

Sobre a moción de Mos vouvos a dar uns datos que amosan o estilo e a forma de actuar do Partido Popular e do seu presidente, tanto en Pontevedra como en Galicia:

Como podedes comprobar neste blog a moción de censura de Mos tiña data desde fai tempo, e a data non é por casualidade, senón para que coincidira con Núñez Feijoo fora de Galicia (de paseo por Arxentina) para así non ter que posicionarse sobre este tema, e intentar amosar que el non ten nada que ver.

A candidata á alcaldía de Mos é Nidia Arévalo, que foi deputada provincial na lexislatura pasada e na actualidade cargo de confianza do presidente da Deputación de Pontevedra e tamén do PP na mesma provincia, Rafael Louzán, ao que acompaña tamén como membro do comité executivo do Partido.

As declaracións do vicepresidente da Deputación de Pontevedra e vicepresidente do PP, Chema Figueroa, que lle dou cobertura argumental e «están lexitimados para gobernar o Concello de Mos”, dixo. Co cal defende e auspicia de xeito claro e manifesto a moción. Que se saiba polo de agora o PP aínda non desautorizou ao seu representante político.

Datos da concentración:
Sábado 6 ás 12:00 horas
Fronte ao Pavillón Óscar Pereiro
Petelos-Mos

diciembre 4, 2008 at 2:59 pm 8 comentarios


Calendario

May 2024
L M X J V S D
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.