Posts tagged ‘campaña electoral’

Touriño en Bos Aires (Vídeo de Seba Lorenzo)

Seba Lorenzo volve a darnos unha primeircia desde Bos Aires. Se onte vos contaba que bloggers arxentinos se facían eco da visita de O Presidente a este país; hoxe Seba colga no seu blog un post sobre o macromitin de La Rural (Bos Aires), e regálanos un fantástico vídeo de seis minutos sobre a festa e o desenvolvemento do acto, que remata cunhas palabras de Touriño.

Non cabe dúbida, e eu levoo defendendo desde fai bastante tempo, que a rede é unha ferramenta extraordinaria, e bloggers como Seba fan posible que non existan fronteiras nin distancias para acceder á información.

Moitas grazas amigo!!

A.M.

febrero 8, 2009 at 4:11 pm 1 comentario

Con Z de Zapatero


Este é o slogan da campaña que o PSOE vai a poñer en marcha co obxectivo de explicar a acción do goberno durante esta lexislatura.

Non cabe dúbida de que esta campaña, como as últimas que fixo o PSOE, non vai a pasar desapercibida, sobre todo pola súa orixinalidade. Esta campaña ven, ademais, acompañada dun vídeo no que aparece Zapatero nunha actitude tranquila, e dun xeito moi amable, cercano e distendido; onde ademais se ri das bromas e as imitacións que fan os “guiñoles” sobre a costume que ten de pronunciar certas palabras co z.

Este vídeo e o resto da campaña vai a dar moito xogo, e algúns comezarán a facer as típicas coñas, tal e como pasou co ZP, pero iso é normal, pero ao mellor tamén é o que os publicistas que crearon esta campaña, e o propio PSOE é o que pretende, xa que a mellor publicidade é a que non pasa desapercibida é da que falar.

Pero, esta campaña non só ten como soporte o vídeo, senón que tamén conta cun balance dos logros conseguidos polo goberno de Zapatero durante esta lexislatura, a cal pon de manifesto, que durante o período 2004-2007 en España non só houbo o catastrofismo, a crispación e o odio que intentou xerar o PP de Rajoy; houbo un goberno que traballou para que os españois avanzásemos e vivísemos mellor.

Por certo, imaxínome que Rajoy poñerá o grito no ceo porque no vídeo non aparece a bandeira de España. ¡¡Joder, vaia fallo!!.

octubre 18, 2007 at 5:38 pm 3 comentarios

DdC.O que non se ve

Durante a pasada campaña das eleccións municipais fun contando, case a diario, o que nos acontecía. A través do Diario de Campaña (DdC) relateivos un bo número de aventuras e anécdotas que nos acontecían, tanto a min coma aos meus compañeiros de traballo (Carnota, Diego, Fariña, Víctor, Castiñeiras); así como en que consistía o traballo que realizabamos.

Tamén vos falei dos “Albertos”, os compañeiros da empresa (IGMAR) que dirixe Alberto Doce, e que é a encargada de montarnos os actos nos que participaba Emilio Pérez Touriño, e que desde a secretaría de organización nos encargamos de coordinar. Pois hoxe, a través deste post, quero que vexades en que consiste e como realizamos a montaxe dos mítines.

Esta especie de making off que vos deixo gravámola o día do mitin de Ferrol. Espero que vos guste. Por certo, aproveito para invitarvos a visitar o noso espazo en youtube e a web psdeg-psoe.tv.

septiembre 24, 2007 at 7:25 pm 3 comentarios


Calendario

May 2024
L M X J V S D
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.