Posts tagged ‘Tamara Canosa’

Meu Pradolongo

Tamara Canosa

Teño que confesarvos que aínda non vin a “peli” de Tamara, pero estouno desexando. Estou esperando a que a estreen e Santiago para ir a vela, pero o que si vos podo dicir é que todas as persoas que a viron me falaron marabillas do filme.Pradolongo, ademais débelle moita parte do seu éxito á promoción que están a facer por toda Galicia: en institutos, asociacións, facultades; en definitiva chegando ao público dun xeito directo, contactando con eles persoalmente tanto os protagonistas coma o director.

O éxito da película que dirixe Ignacio Vilar está a desbordar as espectativas iniciais, xa que por citar un exemplo, na súa primeira fin de semana en carteleira en Ourense foi a película máis vista con máis de mil douscentos espectadores, superando incluso a películas como “En el punto de mira” con Dennis Quaid, “La noche es nuestra” con Joaquin Phoenix e Eva Mendes, etc… E en Valdeorras había colas enormes. O que si vos pode dicir é que o meu blog desde que colguei o post de Pradolongo máis de trescentas persoas entraron de xeito directo a velo, e son moitas a entradas que rexistra a través de buscadores, especialmente de Google; e boa parte desas entradas son tamén buscando información de Tamara.

Na web que vos vou a recomendar: www.meupradolongo.com, poderedes acceder a vídeos, fotos, información sobre a promoción da película, e ata contactar mediante preguntas e mensaxes cos actores e actrices.

De Tamara non vou a volver a falarvos, porque podería aburrirvos contándovos só cousas boas e positivas dela –aínda que tamén ten o seu carácter-, pero déixovos unha foto na que sae guapísima.

abril 3, 2008 at 12:07 am 6 comentarios

Pradolongo

Cartel de Pradolongo

Hoxe estreáse a Pradolongo, un filme de Ignacio Vilar gravado íntegramente na comarca de Valdeorras (Ourense). A historia trata sobre tres amigos da infancia que ven como se vai deteriorando a súa amizade por algo tan importante nas nosas vidas como é o amor. Raquel, Martiño e Armando son os protagonistas nesta longametraxe, e son tres mozos que acaban de cumprir a maioría de idade.O persoaxe de Raquel está interpretado por Tamara Canosa –da cal xa teño comentado algo-; Tamara é unha boa actriz … moi boa actriz, e non o digo por pasión de amigo, senón porque á súa idade xa ten unha longa carreira ás súas costas. Pero, fundamentalmente, Tamariña é boa persoa, todo tenrura e simpatía, entusiasmo e sensibilidade; e, merece que a sorte lle pete un día á porta para invitala a protagonizar o sono da súa vida.

Hoxe, sen dúbida, é un día importantante na súa carreira como actriz -xa que estrean na Rúa o filme- na cal non dubido que vai a triunfar, como triunfa xa cada día como persoa e como amiga. Por iso, Tamara, como acostumades a dicir neste mundo da “farándula”: MOITA MERDA!!. Eu, sinxelamente che digo: BOAS NOITES, E BOA SORTE!!

Máis info sobre a peli.
Reportaxe de El País.

marzo 14, 2008 at 6:16 pm 6 comentarios


Calendario

May 2024
L M X J V S D
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.