Archive for marzo, 2009
Hai vida en Marte -según Franco-
Franco, ademais de ser un fantástico dictador e asesino, acadou tamén un éxito que ninguén ata o de agora lle recoñeceu, nin siquiera un dos seus seguidores máis fieis, Carlos Fabra.
Pois resulta que baixo a dictadura de Franco, un grupo de científicos no Observatorio de Madrid, alá polo ano 1956, descubríu vida en Marte: “Hay vida vegetal y aún posiblemente vida animal rudimentaria”.
A verdade é que a credibilidade, tanto do NODO como do propio goberno de Franco, queda demostrado co paso do tempo que foi todo un tremendo fraude e que serví usó para o aillamento de España e o atraso máis grande, excepto para algúns que añoran e defenden aínda aqueles “gloriosos” anos, e non forn capaces de censurar a época máis obscura da nosa historia.
Este vídeo é unha xoia, e non ten desperdicio.
A.M.
Unha de carteis
Camiño de Trazo, concello que está “a un tiro de pedra de Santiago”, como di Castiñeiras, descubrimos unha nova ruta; á que bautizamos como Ruta dos carteis.
Calquera sitio é bo para colgar un cartel denuncia; e, ata tres carteis atopamos Castiñeiras, Eva e eu con protestas ou denuncias de diferentes tipos na estrada que une Santiago con Trazo, pola parte traseira do Polígono do Tambre.
Un cartel destaca por riba dos outros, o que poderiamos denominar como cartel “fostestí”. Cóntanos Casti, que o lugar no que está colocado, alguén roubou madeira que había cortada; e como se deduce do texto, con moita educación por certo, xa saben quen foi. Esto sóname a aquela anécdota que contaba Gila, cando detuvo a Jack el destripador, que o detivo por indirectas. E os donos da Madeira roubada pretenden facer o mesmo.
Os outros dous carteis son xa máis de protesta, nun reclaman unhas beirarrúas, e teño que decir que fan falla, e moita. E o outro, é o habitual con faltas de ortografía no que se queixan do mal estado da estrada a Berdía.
Máis fotos no Flickr
QMMA
PSdeGTV
No PSdeG seguimos traballando, como non podía ser doutra forma. E despois das autonómicas decidimos potenciar o canal do PSdeG en YouTube, o cal xa melloráramos en campaña.
Agora pretendemos darlle máis vida e uso a este canal, colgando de xeito habitual entrevistas de xente do Partido, novas, preguntas e outras cousiñas. E como sempre aceptamos suxestións, as cales por outra banda espero.
Nas últimas semanas realizamos dúas entrevistas, a Ricardo Varela e a Mar Barcón na súa calidade de membros da xestora do PSdeG.
Aquí vos deixo a máis recente, que é a entrevista a Mar.
Por certo, grazas a Anxo pola súa aposta e traballo no PSdeGTV. Unha aperta Anxo.
A.M.M.A.
As bases
Estas últimas semanas no entorno do Partido, os medios de comunicación e os compañeiros e compañeiras non deixan de mencionar unha palabra: BASES. Todo o mundo as cita, ou as quere escoitar, ou incluso algúns se atreven a erixirse no seu portavoz. Bases, bases, bases, … e máis bases!!.
E é neste momento cando parece que todos –ou case- nos damos conta da importancia que teñen as denominadas bases. Pero, que e quenes son realmente as bases?. Que é ese ente etéreo que todos mencionamos?. Existen as bases, e para que serven?.
Segundo o diccionario da Real Academia Galega un dos significados da palabra base é o de elemento que sirve de apoio a un corpo, pero hai outros moitos que poñen de manifesto que unha base ou as bases, neste caso, son fundamentais para apoiar, cimentar, ou aguantar algo –ou a alguén-, e polo tanto canto mellor e máis forte e resistente sexa mellor
Polo tanto, é obvio que a todos nos interesa contar cunhas boas bases, pero ademais termos que coidalas e respectalas, porque se as maltratamos ou deixamos que se deterioren poden ocasionar que toda a edificación se desmorone.
As bases do PSdeG posuen unha forza enorme, unha forza tal, que levan aguantando deste Partido durante anos, e son os que máis soportaron e sufriron nos momentos máis difíciles e duros polos que atravesamos. Por iso é bo que as atendamos, as mimemos e as escoltemos, …, pero máis importante é que as entendamos e que interpretemos con claridade o que nos din, porque corremos o risco de que nos poidan levar a todos e a todas por diante.
As bases, afortunadamente habelas hainas.
A.M.
Só por picar ….
Esto é só por incordiar, e picar un pouco.
Grazas Loli pola viñeta.
A.M.M.M.M.M.M.M.
25 deputados/as. Por pouco!!

María Quintas
Confírmase que o PSdeG consigue o/a deputado/a número 25. Grazas aos galegos e galegas do exterior repetimos os resultados de fai catro anos, e María Quintas, a candidata número cinco por Ourense, é deputada no Parlamento de Galicia.
A sensación nestes intres é a de … “por pouco!!!”. Quedámonos ás portas de consolidar o goberno do cambio, pero non poido ser, os galegos e galegas decidiron que goberne o PP de Galicia.
De todos os xeitos, grazas, e a miña noraboa para María Quintas.
AM
La Feijooneta
A través dun mail chégame a foto do novo coche oficial de Feijóo. A verdade é que este debuxo plasama exactamente o que intento decir fai varios días no blog.
A verdade é que Feijóo, con esto de prometer e de mentir durante a campaña, non se deu conta de que na Citroen de Vigo só se fabrican furgonetas e monovolúmenes, así que agora toca blindar unha Berlingo, jejejeje. De todos os xeitos tampouco se lembrou de contarnos aos galegos e as galegas que Citroen lle regalou un C6; que sorte teñen algúns!!. E os galegos e as galegas poñendo cartos do peto para que Feijóo se pasease nun Citroen que lle regalamos entre todos. E meu pai nun Seat Toledo de fai 20 anos. Somos todos iguais, ou non?
SQCQM
DdC. Punto e final -inesperado-
Sigo estando por aquí. Sigo vivo, aínda que triste, non o vou a negar. A noite de onte non foi doada para ningún dos que estábamos no Puerta del Camino, e moito menos doado foi a noite e o día de hoxe. Algúns alégranse de que os socialistas non gobernemos outra legislatura, e eu entendo e respecto esa alegría. Eu tamén o estaría se fose á inversa. Pero o que non me gusta e a burla, o vacile e a falla de respecto cara o opoñente, cara o rival político.
Esta campaña traballamos moito, percorremos moitos quilómetros, e ao final a sensación que queda é a da decepción, a de roubarlle horas ao sono, á familia, a de pasar días sen comer, a de estar estresado, …, para nada. Queda unha sensación de baleiro impresionante. Pero o peor e mirar as caras do resto dos compañeiros, a cara de Castiñeiras, do meu compañeiro nesta campaña –grazas Casti, sen ti non sería o mesmo-; de Marquiños –sempre activo e alerta-, de Anxo –que bo eres meu!!-, de Dieguiño –sempre queixándose pero sempre cumprindo-, de Fernando, de Marcial, de Gonzalo, de Ánxela, de Eva –grazas por todo, es increible-, de Víctor –un fenómeno!!-…; ver as súas caras de pena, decepcionados e tristes foi o que máis me marcou, é algo difícil de esquecer. Eu intentei facer de tripas corazón e disimular a miña pena para intentar animalos, pero …
Por eso me “jode” que algúns individuos agora se atrevan a facer comentarios para facer dano, comentarios que doen, porque hai xente que non ten culpa dos erros cometidos por outros, hai persoas que son profesionais no seu traballo e cumplen, e en moitas ocasións dan o douscentos por cen. Hai persoas, compañeiros e compañeiras que quedan nunha situación complicada.
Pero, agora ven o momento de reflexionar, de analizar o que aconteceu e porque razón os galegos e as galegas nos deron as costas, e porque preferiron que gobernase o PP. Estou seguro de que o PSdeG sobrevivirá a esta situación porque xa o fixemos noutras ocasións, e porque ninguén é imprescindible. Hoxe –ou onte- rematou unha época, púsose fin a un anaco da historia do PSdeG, un anaco de éxitos e de fracasos, de luces e sombras, e espero que aprendamos a lección para no futuro non volver a cometer os mesmos erros. O importante é o Partido, e os millerios de persoas que forman parte da nosa organización, e os mellares activos están na casa.
Grazas a todos os compañeiros e compañeiras, a todos os militantes e simpatizantes deste bendito Partido.
AMMA
Comentarios