Archive for marzo, 2007

Os privilexios de Espe

Esperanza Aguirre díxolle a un xornalista da Cadena SER que lle estaba concedendo un privilexio por contestarlle a todo o que lle preguntaba. Iso nunca é un privilexio, é unha obriga, xa que Espe e o seu equipo foi o que convocou aos medios de comunicación a unha rolda de prensa. Sen dúbida, a presidenta da Comunidade de Madrid confunde o significado da palabra privilexio:

Vantaxe pola que alguén está libre dunha obriga ou pola que pode ter ou facer algo que os demais non poden.

Polo tanto privilexios son os seguintes:

Pero, que se pode esperar dunha franquista e dunha guerracivilista, tal e como ela se define.

marzo 30, 2007 at 1:16 am 2 comentarios

30 de marzo de 1998

Paula ao mes de nacer

Hospital Xeral de Santiago. Luns.12:45 horas da mañá. 3,450 quilos e 49 cms. Foi un parto máis sinxelo que o de Nerea, aínda que neste non me deixaron estar presente ata o final, pouco antes de nacer tiven que saír do paritorio. O día anterior, o domingo foi un a primeira vez que sentín un tremendo sentimento de ansiedade; atopaba só na sala de espera, porque Eva e eu quedaramos en que non íamos a chamar a ninguén, que íamos a vivir o nacemento da nosa primeira filla solos, sen ninguén no hospital. Pero eu non puiden aguantar, aquel sentimento de soidade, sen ninguén con quen falar, sen saber como se atopaba Eva, si Paula –xa tiñamos o nome decidido- ía a nacer ese día, …, logrou que collera o teléfono móbil e chamara a Luisa –a miña irmá- que vivía en Santiago e entre bágoas lle dixera onde estábamos para que viñera a facerme compaña e estar comigo.

Lembro tamén que sobre as doce da mañá do domingo Eva empezou coas contraccións cada vez máis seguidas e eu díxenlle que íamos para o hospital de Santiago, e ela, tan cabezota como sempre, empeñada en ir ao centro de saúde –como sempre gañou ela-. Ao chegar ao centro de saúde e contarlle ao médico de garda o que pasaba e que as contraccións eran cada cinco minutos, este púxose nervioso, e treméndolle a voz dicía: “rapidamente para Santiago, rapidamente para Santiago”. O médico era novo e eu creo que nunca se vira nunha situación así e semellaba que non tiña moito interese en pasar por ela.

O nacemento de Paula significou un cambio radical na nosa vida: os primeiros cueiros, os primeiros biberóns, os primeiros gases, etc.. Pero vale a pena, e o mellor que che pose pasar na vida porque as satisfaccións e as alegrías que che aportan os fillos están por encima de todo. E encima Paula é especial, é unha nena incrible –que podo dicir eu-. Ademais é tremendamente parecida a min: “igualiña, igualiña que seu pai”, di sempre Eva, aínda que moito máis guapa, por sorte para ela.

O tempo pasa e Paula xa cumpre nove anos. ¡¡NOVE ANOS!!. Feliz cumpreanos Peque.

marzo 30, 2007 at 12:39 am 3 comentarios

DdC. De turismo por Carballo

Alberto Doce, eu e Moisés Rey en Carballo

Prometinvos que os ía a contar como se desenrolaba a precampaña, e vou a intentar cumprilo. Estou sentado agora mesmo nunha butaca do Pazo da Cultura de Carballo escoitando a intervención de José Antonio Viña, o candidato socialista á alcaldía. Ao meu carón teño sentado a Alberto Doce, o “boss” do clan dos “albertos” –os compañeiros que nos montan o espectáculo por Galicia adiante-, Pío e Cholo -membros deste famoso clan- están tamén sorprendidos mirando con incredulidade o que fago.

Contareivos, que como case sempre ao chegar a Carballo, perdémonos. Hoxe viña de chófer Javier Castiñeiras, e levounos a facer unha ruta turística por Carballo. Vimos o Haley, o río e un paseo fluvial precioso, unha rotonda en construcción na entrada do pobo, e dúas veces a gasolineira de ERG que hai no centro do pobo. Ao final, unha hora antes do comezo do acto conseguimos chegar a este “fermoso” edificio multifuncional que posúe unha chea de defectos e problemas, segundo me contaron por aquí.

Está sentado tamén ao meu carón Moisés Rey. Moisés é o secretario provincial da Coruña, e podería definírvolo como a persoa máis optimista do mundo. El é dos que sempre ve o vaso cheo, aínda que non teña gota de auga, para el o vaso estaría “menos, más … ¡ completo!”. De Moisés non vos conto nada máis, porque non darían tres blogs para as anécdotas súas. Agora, por exemplo, acaba de darlle unha patada ao trípode que sostén a cámara que colle a imaxe dos oradores e que proxectamos nas pantallas, pero rapidamente corrixiu e colocou ben a cámara. Entre risas di, “no paso nada, ya está solucionado, un poquito descuadrada, jejeje, pero bien … bien”.

Neste intre está a intervir o presidente e estalle a mandar unhas mensaxes de “cariño e afecto” aos populares. “Mellorar Carballo co voto progresista, co voto socialista”, apunta Emilio Pérez Touriño. “Crear emprego para todos e todas, e especial para os xoves”.

¿Canto vale un café?

Antes de rematar este post quero comentar o tema do día: o prezo dun café en España. Despois da intervención onte pola noite de Zapatero en TVE, no que cen cidadáns lle fixeron preguntas de todo tipo, o debate do día non foi De Juana Chaos, nin Navarra, nin o paro ou a economía, …, foi o prezo dun café en España. Zapatero dixo que a onde el o tomaba custaba uns 0,80 euros; e armouse unha gorda, tódolos xornais, emisoras de radio e televisións falaban deste tema; si é certo ou non, si é máis caro ou máis barato. ¡¡Está ben!!. Ese é o que máis nos preocupa aos españois. Por certo, eu tomei un café aquí en Carballo e custoume 0,80 euros; e Alberto coméntame que en Sillobre custa o mesmo. Zapatero non estaba tan equivocado.

Creo que mañá estamos en Cangas.

Actualización: Son ás 12 da noite e acabo de chegar á casa. A saída de Carballo foi como a entrada paseo turístico nocturno. Gasolineira de ERG. Halei. E volta a Santiago, ¡¡creo que vai sendo hora de comprar un GPS!!. Polo camiño viñemos escoitando o fútbol.

marzo 28, 2007 at 9:42 pm 3 comentarios

Diario de Campaña. Teresa e Paula, dúas candidatas. Dúas alcaldesas

Este fin de semana tocou facer campaña. “Actuamos” con Touriño na provincia de Pontevedra. O sábado tocou ir á cidade de Pontevedra, presentamos a candidatura socialista no Parador de Turismo. Ás oito e media soou o teléfono e eran os “Albertos” –como lle chamamos nós- (a empresa de montaxe que traballa para nós desde fai xa seis anos. Son uns cracks, uns tíos moi traballadores serios e responsables); Pepe –que é concelleiro do BNG en Cabanas- cóntame que hai dificultades para montar alí, e que o prantexamento inicial non nos serve. ¡Pois nada!, empezamos o fin de semana con problemas, ¡non pasa nada!. Saio da casa cara Pontevedra, e de camiño vou escoitando a radio –a Cadena Ser, coma sempre-; ao chegar vexo o fantástico salón onde imos a celebrar o acto, e penso: “é moi bonito para xantar ou cear, ata é estupendo para realizar unha conferencia; pero para un acto político de precampaña non serve. Pero é o que hai”. Reprantexamos toda a montaxe, e temos que subir e colgar máis altas unhas lámparas tremendamente aparatosas e que pesan “un huevo”.

Andivemos bastante xustos de tempo –empezabamos ás doce- pero cumprimos é media hora antes xa tiñamos todo rematado. Despois veu a rutina de sempre, chegada do presidente, esperar cos intervintes –Antón Louro e Teresa Casal- nunha sala; esperar a que Víctor me dea o “OK” e adiante: música, aplausos, paseillo, saúdos e bicos, …, e a empezar. Neste intre é cando remata nos relaxamos máis nos actos porque os momentos de máxima tensión xa pasaron.

O salón estaba abarrotado, e  fora había varios centos de persoas; por sorte tiñamos montada unha pantalla de plasma. Dos discursos destaco esta frase de Teresa Casal: “Eu farei sempre o que me demande a cidade e sexa o mellor para ela”, pola súa parte de Emilio P. Touriño destaco: “animo a todos a suar a camiseta, rúa a rúa, casa a casa e barrio a barrio para explicarlle aos 80.000 pontevedreses o noso compromiso e o noso proxecto para cristalizar esa marea de cambio que empezou coas xerais, seguiu nas autonómicas e agora nas municipais”. Así como o “magnífico tándem que forman Teresa Casal e Antón Louro, que encabezan unha lista con tantas mulleres como homes e con tanta xuventude como experiencia” 

Un domingo en Silleda

No Hotel Katiuska de Silleda celebramos o mitin dominical. Hoxe íamos máis tranquilos, porque o recinto prestábase máis para este tipo de actos, e porque xa estaba todo montado desde o día anterior.

En Silleda celebramos un mitin bonito e tremendamente emotivo, en especial para Paula Fernández, a candidata socialista á alcaldía, a cal nunca falara nun acto coma este, e a verdade é que para ser a primeira vez e facelo co presidente da Xunta estivo moi ben. Ao remate do acto, subiu unha rapaza duns catro ou cinco anos a abrazarse a Paula –imaxino que sería a súa filla- e non puido conter as bágoas. Ademais o salón no que se celebrou este mitin estaba totalmente abarrotado –unhas catrocentas persoas- e no exterior a xente estaba sentada polas escaleiras e de pé polo pasillo –sobre cento cincuenta persoas-. ¡¡Un éxito!!.

Touriño dixo que o PP é “un partido permanentemente afincado no pasado, porque non ten proxecto de futuro» e criticounos por atacar a liberdade de expresión. Paula reclamou para Silleda unha serie de necesidades, tales como unha gardería, unha piscina, unha residencia de anciáns, …, que son necesarias para sacar a este pobo do seu atraso. Ademais dixo que conta cun «equipo paritario e con ganas de traballar, disposto a conseguir que haxa unha xuventude en Silleda con liderazgo e futuro«.

Como podedes ver, foi un fin de semana movido e viaxeiro pola provincia de Pontevedra, a próxima parada vai a ser en Carballo o mércores. Xa vos contarei.

marzo 26, 2007 at 12:59 am 2 comentarios

A Semana Santa é cousa de homes

Una cofradía de Córdoba veta a dos costaleras para evitar «posturas soeces». Esta nova aperece hoxe no xornal “El País”, a verdade é que pensei que estes temas xa os tiñamos superados, e máis desde a pasada semana cando se aprobou a Lei de Igualdade no Congreso.

Pero vexo que non, e que aínda vai a ser complicado que empecemos a comprender que homes e mulleres somos iguais, e polo tanto temos os mesmos dereitos.

Dos mujeres no podrán participar como costaleras en la procesión de Semana Santa de Córdoba porque su cofradía, la Hermandad de Nuestra Señora de los Dolores, se lo ha prohibido. El motivo, explican desde la organización, es el poco espacio bajo las faldas del paso: “Hay posturas con un acercamiento físico muy próximo que, si se vieran fuera, podrían decir que son posturas soeces”, según palabras del hermano mayor de la cofradía, Manuel Herreros.

Creo que a nova coméntase soa.

Actualización: Ao final esta Confraría aceptou que as dúas costaleiras puidesen prticipar no paso de Semana Santa. Aínda así facendo matizacións, tales como «de manera excepcional» e «sólo por este año». Por certo, que se lembren de que hoxe entrou en vigor a Lei de Igualdade, así que para o ano que vén xa se verá.

marzo 22, 2007 at 6:22 pm 2 comentarios

O PP maniféstase polas fotos de Elsa Pataki

O PP vai a convocar unha nova manifestación para este fin de semana. A razón son as fotos de Elsa Pataki en Interviu. 

Según Acebes a responsabilidade do roubo das fotos da actriz española correspóndelle unicamente ao goberno socialista. Así mesmo manifestou que coa aparición destas imaxes estase creando unha crispación innecesaria por parte do goberno, xa que se está a fomentar a división entre os españois. “Zapatero no puede permitir este tipo de polémicas, es un kamikaze por consentir la aparición de estas fotos en dos revistas al mismo tiempo. No hay duda de que busca la división de España”.  

Eduardo Zaplana pola súa banda dixo que “alomojó” foi o propio Zapatero o que quitou as fotos na praia mexicana, “el presidente tiene la obligación de demostrar que no fue él, y que en esas fechas no se encontraba en México”. 

Pola súa parte Mariano Rajoy anunciou a celebración da manifestación para este sábado, e afirmou que a aparición destas fotos en Interviu forman parte da negociación que o goberno está mantendo coa banda terrorista ETA, xa que esta “sabemos que De Juana Chaos siempre quiso ver publicadas fotos de Elsa Pataki desnuda, y el gobierno no puede ceder tan facilmente ante los terroristas, … ¿qué será lo próximo?”. O lema da manifestación non está aínda confirmado, pero pode ser o seguinte: “Por que nos da la gana y no tenemos otra cosa mejor que hacer. Viva España y la Pataki”

marzo 20, 2007 at 2:47 pm 17 comentarios

¡A ZP rogando e co mazo dando!

Imaxe de www.erabili.com

O pasado fin de semana o PP e o goberno navarro convocaron unha manifestación en Pamplona contra a política antiterrorista do Goberno, e para evitar calquera negociación cos terrorristas sobre o futuro desta comunidade. Nesta “manifa” gritáronse cousas como “Zapatero Dimisión” ou “España, merece, otro presidente”. E o propio Miguel Sanz dixo no seu discurso: “Navarra corre riesgos de perder su estatus por la tibieza del Gobierno con los terroristas”.

Pero agora, sorprendentemente o presidente navarro, fala dun posible pacto cos socialistas para “blindar o réxime foral de Navarra”. Imaxino que este bo home saberá que Zapatero é o secretario xeral do PSOE, e que a manifestación que convocou para o sábado era contra o goberno socialista. Pero bueno, “jetas” e “caraduras” en política hai uns cuantos.

marzo 20, 2007 at 2:07 pm Deja un comentario

Paula no País

paula_pais

Hoxe sae Paula no xornal El País falando do seu blog. O xornalista e tamén “blogueiro” Xosé Manuel Pereiro, fai unha reportaxe titulada “Querido ciberdiario” na que comenta e analiza a presenza na rede de varios blogs de nenos e nenas galegos.

Como vos podedes imaxinar cando vin pola mañá a foto de Paula no xornal caeume a baba, porque ademais de ser lista é guapa –por sorte non saíu a seu pai-.

marzo 19, 2007 at 7:26 pm 1 comentario

Escríbelle a Isaac Díaz Pardo

Acabo de recibir un mail de Arredemo, o cal vos deixo como información  

A Rede de Acción Socio-Cultural Arredemo vén de pór en liña unha nova páxina: www.escribelleaisaac.info, para dar resposta a un agravio informático contra Isaac Díaz Pardo acontecido no web do Grupo Sargadelos. Hai dous días, os xestores do sitio anulaban e silenciaban a conta de correo de Isaac Díaz Pardo no dominio do grupo, onde o mestre recibía mensaxes de todo o mundo, especialmente desde a Galiza emigrante. A ligazón á súa biografía (http://www.sargadelos.com/ga/diazpardo1.html) é ao formulario de correo foi deshabilitada da páxina principal nunha clara tentativa por parte da nova dirección de Sargadelos de desvencellar a imaxe corporativa do grupo do seu fundador.Sabedores deste singular exercicio de cibermesquindade, varios activistas de Arredemo, decidiron copiar as páxinas orfas, aloxalas nun novo dominio e ofrecer ao mestre unha nova conta de correo onde poder continuar a recibir a solidariedade e o agarimo dos miles de galegos e galegas que aínda lle profesan a admiración, o agradecemento e o respecto debidos a un dos homes que máis loitou e traballou a prol da nosa cultura e da nosa identidade como pobo. No novo web inclúese tamén unha ligazón á campaña “Apoio a Isaac Díaz Pardo”, mestreisaac.aduaneirossemfronteiras.org, que desde hai varios meses recaba sinaturas contra a xubilación anticipada do mestre e a nova filosofía mercantilista que a actual dirección pretende imprimir ao grupo Sargadelos.

Deste xeito, a Rede de Acción Socio-Cultural ARREDEMO, que actualmente traballa na posta a punto do seu novo portal de comunicación socio-cultural, quere anunciar o inminente desenvolvemento dunha serie de accións de solidariedade con Isaac Díaz Pardo e co Instituto Galego de Información, actual obxectivo da nova dirección de Sargadelos na súa estratexia de liquidación do legado histórico e conceptual de Luis Seoane, Andrés Fernández-Albalat e o propio Díaz Pardo, sen o cal a actual cultura galega non se podería comprender.

Neste sentido, Arredemo quere facer un primeiro chamamento ao mundo social e cultural galego para participar e colaborar na campaña facéndolle chegar ao mestre mensaxes de solidariedade e apoio a través da súa nova conta de correo: isaac@escribelleaisaac.info, aloxada en www.escribelleaisaac.info.

Por riba das coitas e loitas propias dunha empresa como Sargadelos, desde Arredemo pensamos que preservar a dignidade persoal e intelectual dun home como Isaac Díaz Pardo é un compromiso que atinxe a toda a cultura galega.

marzo 19, 2007 at 2:36 pm 26 comentarios

O límite de Antón Losada

Vou a confesar unha cousa que ao mellor pode sorprender. ¡¡Eu era un seguidor de Antón Losada!!. Si, si, é certo. Gustábanme os artigos que escribía na Opinión da Coruña, as súas intervencións en Hoy por Hoy da Cadena SER e tamén en 59 segundos de Televisión Española.

Pero creo que este home perdeu os papeis e está totalmente descontrolado; desde que foi nomeado secretario xeral de Relacións Institucionais foron soadas as súas saídas de ton, as súas descalificacións, o seu excesivo protagonismo; o que pon de manifesto que Losada é un estupendo tertuliano pero un pésimo cargo político. Ao goberno galego –PSdeG e BNG– non lle beneficia nada ter entre as súas filas a individuos que empregan a chulería e a prepotencia para facerse notar, porque esas actitudes eran precisamente as que ámbolos dous partidos criticaban do PP cando este era o que gobernaba. O cambio político en Galicia non pode significar que existan imitadores de Coto Matamoros ocupando postos de responsabilidade, esa é a imaxe que a Xunta de Galicia debe de erradicar.

Frases coma que o Partido Popular é un “partido basura, con portavoces basura e que fai política basura”, ou insultar airada e despectivamente a uns policías demostran claramente que a persoa que as realiza non está capacitada para ocupar o posto de responsabilidade para o que foi nomeado, porque todo ten un límite e este cruzouno Antón Losada xa fai tempo.

marzo 19, 2007 at 12:37 pm 3 comentarios

Older Posts


Calendario

marzo 2007
L M X J V S D
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.